BiBlioTeCa IES Allariz


 RECOMENDADOS
 
 ANTERIORES
DENDE A COMUNIDADE EDUCATIVA O IES ALLARIZ, TRABALLAMOS PARA CONQUERIR UN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE CO OBXECTIVO DE FORMAR UN ALUMNADO FELIZ E COMPETENTE


IES ALLARIZ
biblioiesallariz
 BUSCADOR
 
 ETIQUETA:
 FOTOBLOGOTECA

30 DE XANEIRO
Como todos os anos, nesta data organízanse actividades no noso centro.
Neste curso, e en coordinación coa Biblioteca, o EDL, fixo varias propostas de traballos nos diferentes cursos que tiveron moito éxito:
- En 1º de ESO, o alumnado elaborou carteis con palabras relacionadas coa PAZ que se colocaron nos corredores.
- En 2º ESO, a profesora de Física-Química fixo co alumnado unhas "Bombas Atómicas" que se colgaron nos corredores do centro.
- En 3º ESO, o alumnado elaborou unhas cartolinas con frases e debuxos relacionados coa paz que foron empregados nunha actividade "teatralizada" e logo colocáronse nos corredores.
- O profesor de música, fixo unha actuación co seu alumnado de 2º de ESO, interpretando unha canción e logo montou un vídeo no que participaron alumnos e profesores con mensaxes relacionadas con este día.
Foi un día moi proveitoso e emocionante.
Grazas a todos os que participaron.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 04-02-2018 19:08
Chuza! Meneame
Atrévete, e comenta!
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal