BiBlioTeCa IES Allariz


 RECOMENDADOS
 
 ANTERIORES
DENDE A COMUNIDADE EDUCATIVA O IES ALLARIZ, TRABALLAMOS PARA CONQUERIR UN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE CO OBXECTIVO DE FORMAR UN ALUMNADO FELIZ E COMPETENTE


IES ALLARIZ
biblioiesallariz
 BUSCADOR
 
 ETIQUETA:
 FOTOBLOGOTECA

EXCURSIÓN CLUB DE LECTURA A SANTIAGO
O alumnado do club de lectura de 2º ciclo de ESO e 1º de bacharelato foron o pasado 21 de xuño a Santiago de Compostela como premio ao traballo realizado durante o curso.
As actividades que realizaron foron as seguintes:
-Visita ás Cubertas da Catedral-Roteiro polo Patrimonio da Universidade que incluía a visita á Biblioteca das Américas, a Facultade de Xeografía e Historia (terrazas, biblioteca e Paraninfo).
- Visita á Cidade da Cultura.

Foi un día moi agradable e pasámolo moi ben.
Felicitamos desde a Biblioteca o bo comportamento dos nosos alumnos que deixaron un grande impresión por onde foron pasando.
Queremos saudar tamén a guía do Patrimonio da Universidade, Rosi, que soubo facer da visita un momento moi especial.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 29-06-2012 07:42
Chuza! Meneame
Atrévete, e comenta!
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal