BiBlioTeCa IES Allariz


 RECOMENDADOS
 
 ANTERIORES
DENDE A COMUNIDADE EDUCATIVA O IES ALLARIZ, TRABALLAMOS PARA CONQUERIR UN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE CO OBXECTIVO DE FORMAR UN ALUMNADO FELIZ E COMPETENTE


IES ALLARIZ
biblioiesallariz
 BUSCADOR
 
 ETIQUETA:
 FOTOBLOGOTECA

PREMIADO O TALLER DE VÍDEO CON LUCA
No mes de xuño o noso querido profe Roxelio foi con algúns dos seus alumnos do taller de vídeo "Vagalume" a Valencia e a Cangas para recoller 2 importantes premios que recibiu a curtametraxe.
En Valencia, Federico,alumno de 1º de bacharelato e protagonista de Luca acadou o "Premio á mellor interpretación masculina" no Certame Internacional Cinema Jove de Valencia. Felicidades.
En Cangas o Premio á Mellor Curta de ficción no II Certame Audiovisual do IES Monte Carrasco de Cangas.

Desde a Biblioteca queremso felicitar a todos os alumnos que participan neste taller e de modo moi especial ao profesor que sabe contaxiar o seu entusiasmo non só aos seus alumnos senón tamén ao resto de profesores do centro. Aproveitamos para darlle as grazas pola súa colaboración na biblioteca durante este curso.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 29-06-2012 07:34
Chuza! Meneame
Atrévete, e comenta!
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal