|
|
|
|
| TERTULIAS LITERARIAS EN GALEGO: "FUTURO IMPERFECTO" |
|
Hoxe, 26 de xaneiro, algúns alumnos de 4º ESO e 1º de bacharelato asistiron a unha tertulia literaria sobre a obra "Futuro Imperfecto" de Xulia Alonso.
Nesta tertulia participaron os institutos de Xinzo de Limia (IES Lagoa de Antela e IES Cidade de Antioquía) e o IES de Allariz.
O alumnado debateu varios temas desde as 16:00 a 18:00 e resultou verdadeiramente interesante.
Logo, houbo un "Encontro coa autora" á que asistiron tamén alumnos doutros centros da cidade.
A charla da autora foi moi conmovedora e todo o mundo quedou encantado.
ANIMÁMOSVOS A PARTICIPAR NA SEGUINTE. |
|
|
|
|
| VISITA EXPOSICIÓN |
|
Hoxe, 26 de xaneiro, algúns alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato visitaron a exposición "El Quijote y los derechos humanos" de Queralt Blanch no instituto Otero Pedraio de Ourense.
A charla resultou moi productiva e o propio autor lles foi explicando o significado das súas pinturas.
Pola tarde, asistiron a unha tertulia literaria no Liceo de Ourense. |
|
|
|
|
| 30 XANEIRO DÍA DA PAZ |
|
O vindeiro 30 de xaneiro celébrase o DÍA DA PAZ.
Se queredes traballar un ANUNCIO PUBLICITARIO ORIXINAL que nos fai reflexionar a todos sobre a nosa realidade actual, consultade este ENLACE. |
|
|
|
|
| PARTICIPA NO CONCURSO ARUME XOGAL |
|
Redelibros (Red social de libros galega) acaba de convocar un concurso sobre Arume Xogal, especie de Trivial en galego.
Neste concurso colaboran algunhas librarías, nas que se inclúe Aira das Letras.
Se queres participar ANÍMATE. |
|
|
|
|
| OS CLUBS DE LECTURA ESTÁN NAS TIC |
|
Como din por aí: "Se non vai Mahoma á montaña, terá que ir a montaña a Mahoma".
Pois ben, como o noso alumnado está moi ao día coas novas tecnoloxías, decidimos "modernizarnos" tamén os coordinadores dos clubs de lecturaXa dispomos de FACEBOOK e TUENTI.
Se queredes ver o que facemos, os nosos enderezos son:
Para os clubs de lectura de alumnos:
TUENTI:Aloumiño Ies Allariz
Para os clubs de lectura de profes:
FACEBOOK: Dorna de Papel (club de lectura de profes do Ies Allariz) |
|
|
|
|
| O CLUB DE LECTURA CELEBRA O NADAL |
|
Os membros do club de lectura de 4º ESO fixeron a súa última reunión do ano no "recuncho de lectura" da biblioteca, esta vez rodeados de luces e adornos navideños.
Despois de Exogamia 0.3 de Ramón Caride, o libro escollido nesta ocasión foi unha historia chea de tenrura sobre un profesor de música que despois de moitos anos de sufrir o síndrome de "estar queimado" no ensino, por fin atopa un alumno que lle fai recuperar a ilusión por esta profesión.
Trátase do libro titulado "O profesor de Música" que vos recomendamos para calquera club de lectura ou tamén como unha boa lectura de Nadal. |
|
|
|
|
| A BIBLIOTECA VÍSTESE DE NADAL |
|
Para conmemorar estas datas na nosa biblioteca fíxose unha "Campaña de Nadal" como todos os anos e unha exposición de Novidades para que o alumnado puidese disfrutar durante as vacacións.
Este ano ademáis e grazas á colaboración de Manel, un gran compañeiro do centro que sempre está disposto a botar unha man, a biblioteca estivo adornada cunha fermosa árbore de Nadal.
O alumnado disfrutou do "recuncho da lectura" arroupado polas luces do Nadal.
Desde aquí desexámosvos a todos un
BO NADAL E FELIZ ANINOVO 2012 |
|
|
|
|
| TERTULIAS: FUTURO IMPERFECTO |
|
No mes de xaneiro algúns alumnos de 4º ESO e 1º Bacharelato van asistir a unhas tertulias literarias que se van celebrar no Liceo de Ourense.
A obra escollida foi "Futuro Imperfecto"de Xulia Alonso
Se queres saber algo máis desta obra podes consultar a guía de lectura que preparou Dolores, profe de inglés no noso centro:
Futuro Imperfecto. Xulia Alonso
.Importancia do tratamento do tempo.
Por que cres que titulou a novela: Futuro Imperfecto? Con que tempo empeza o primeiro capítulo?
Por que cres que se retrotrae ao pasado ao comenzo da novela?
Cando se empeza a falar do futuro, a que altura do libro?
·Tratamento do espazo.
Descripción das dúas avoas en relación coas casa nas que viven.
Cres que ten algo que ver o sitio no que viven coa súa personalidade?
Como se presenta Santiago na novela?
Ademáis dun espazo xeográfico é tamén un espazo metafórico, por que?
Busca citas no texto que corroboren esta idea.
Tratamento das personaxes
Dos personaxes femininos cal che parece o máis importante e por que?
Como se describe a nai da protagonista e como percibe esta o rol que tivo a súa nai no seo da familia?
Outros aspectos
Hai un momento na novela na que se cambia ao castelán. Cal é o efecto que se pretende conseguir con iso?
Pretende facer o problema das drogas algo universal que vai máis aló do microcosmos galego?
Non todos os capítulos comenzan cunha cita. Por que?
Escolle algunha das citas que encabezan os capítulos e explica por que che parece axeitada.
A novela pode considerarse unha catarse, por que?
Que relación podes encontrar entre esta novela e os MEMORY BOOKS africanos?
Cres que a novela ten unha intención moralizante? Se é así, cal é a moralexa final?
Que metáfora das que se emprega para referirse á Heroína che sorprendeu máis e por que?
|
|
|
|
|
| PREMIO BENTO SPINOZA |
|
O pasado 23 de novembro, fallouse o premio de ensaio BENTO SPINOZA 2011.Por circunstancias alleas a elas, non puideron asistir as 2 alumnas de 2ª de bacharelato que participaron no pasado curso.
En representación do centro foron Ares e María que disfrutaron dunha charla agradable por parte do autor de Viaje al cerebro, libro premiado. O autor firmoulle un exemplar que está na biblioteca do centro para quen o queira ler.
Despois, asistiron a unha fabulosa cea no Hostal dos Reis Católicos onde puideron intercambiar opinións cos profesores do restos dos institutos participantes.
Desde a Biblioteca damos grazas á organización pola acollida.
|
|
|
|
|
| SIDA, DISCAPACIDADE, VOLUNTARIADO |
|
O pasado 5 de decembro, os alumnos do IES Allariz, quixeron celebrar de maneira conxunta 3 datas que están moi relacionadas: o día Mundial da loita contra a SIDA (1 decembro), o día da DISCAPACIDADE (3 decembro) e o día do VOLUNTARIADO (5 de decembro).
En 2 sesións de 1 hora os alumnos do 1º ciclo e 2º ciclo da ESO asistiron a unha charla impartida por Saúl e Vicky, voluntarios da CRUZ VERMELLA, que ademáis de explicarlle dun xeito moi lúdico e atractivo, os aspectos esenciais desta enfermidade e tamén dos métodos para a súa prevención, amosáronlle o que fai esta organización.
As sesións pecháronse coa interpretación musical de 5 alumnos de 4º ESO (Alex, Adrian, Xiana, Anxela, Sergio) de varios temas musicais en homenaxe ás victimas da SIDA e tamén en homenaxe ás persoas que como Saúl e Vicky traballan para axudalas.
Moitas grazas aos rapaces e aos voluntarios da Cruz Vermella que ademáis dos contidos teóricos souberon amosarnos os valores de traballar polos demáis.
Tamén queremos darlle as grazas ao noso amigo Manel, que nos axudou a contactar coa Cruz Vermella, adornou o centro e tamén nos proporcionaou este interesante vídeo que podedes consultar |
|
|
|
|
|
|
|