Biblocastelo


Biblocastelo é un club de lectura do IES Monte Castelo de Burela que quere compartir contigo as súas lecturas.





O meu perfil
biblocastelo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

El secreto del fuego de Henning Mankell
Neste primiero trimestre escolar as participantes no club de lectura do IES Monte Castelo compartimos a lectura do libro de Henning Mankell El Secreto del fuego. Aquí tedes as nosas Impresións:

Gustoume moito este libro porque nos dá unha idea de como é a vida noutros sitios, neste caso en Mozambique. Fainos entender que non todas as persoas teñen a sorte de vivir nun sitio como o noso no que hai unha forma de vida moi diferente e moito máis sinxela ca que hai en Mozambique. Nos non temos que ir todolos dias a traballar, nin temos que fuxir do sitio onde vivimos e mudarnos a outro. Recomendo leer este libro porque me gustou moito e é un libro que di moito.
ALUMNA DE 2ºESO B

El libro me gustó mucho. Nos acerca mucho a Mozambique y a la historia de una niña africana.
Yo os lo recomiendo.
ALUMNA DE 2ºESO B


Comentarios (1) - Categoría: ACTIVIDADES 2011-2012 - 13-12-2011 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
VIAXE A VIVEIRO PARA VER O FILME SOBRE TINTÍN: EL REGRESO DEL UNICORNIO

O luns 21 de novembro o club de lectura organizou a viaxe ao cinema de Viveiro para ver a película Tintín. El secreto del unicornio. Ademais das alumnas do club de lectura foron os seus compañeiros e compañeiras de 1º e 2º de ESO. Unha actividade atractiva que lles gustou moito.

Aquí podedes ver os tráilers do filme:






Nos seguintes enderezos podedes ver máis información:

http://www.sites.sonypicturesreleasing.es/sites/tintin_site/

http://www.tintin.com/index2.php

http://www.elmundo.es/especiales/2011/10/cultura/tintin/herge/autor-obra.html
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES 2011-2012 - 24-11-2011 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O neno suicida e Sobre da morte de Bieito
Estamos a ler este contos de Rafael Dieste sobre a morte e o misterio. Esperamos que vos gusten.



"O neno suicida"
Cando o taberneiro rematou de ler aquela nova inquedante –un neno suicidárase pegándose un tiro na sen dereita– falou o vagamundo descoñecido que acababa de xantar moi pobremente nun curruncho da tasca mariñeira, e dixo:
–Eu sei a historia dese neno.
Pronunciou a palabra neno dun xeito moi particular. Así foi que os catro bebedores de augardente, os cinco de albariño e o taberneiro calaron e escoitaron con xesto inquiridor e atento.
–Eu sei a historia dese neno –repetiu o vagamundo–. E, tras dunha solerte e ben medida pausa, encomenzou:
–Alá polo mil oitocentos trinta, unha beata que despois morreu de medo viu saír do camposanto florido e recendente da súa aldea a un vello moi vello en coiro. Aquel vello era un recén nacido. Antes de saír do ventre da terra nai escollera el mesmo ese xeito de nacencia. ¡Canto mellor ir de vello para mozo que de mozo para vello!, pensou sendo espírito puro. A Noso Señor chocoulle a idea. ¿Por que non face-la proba? Así foi que, co seu consentimento, formouse no seo da terra un esqueleto. E despois, con carne de verme, fíxose a carne do home. E a carne do home aformigou a caloriña do sangue. E como todo estaba listo,a terra-nai pariu. Pariu un vello en coiro.
De como despois o vello topou roupa e mantenza é cousa de moita risa. Chegou ás portas da cidade e como aínda non sabía falar, os ministros, despois de lle botaren unha capa enriba, levárono a diante do xuíz coma se tivesen sido testigos: Aquí lle traemos a este pobre vello que perdeu a fala coa tunda que lle deron uns ladróns entrañados. Nin roupa lle deixaron.
O xuíz deu ordes e o vello foi levado a un hospital. Cando saíu, xa ben vestido e mantido, dicíanlle as monxiñas: Vai feito un bo mozo. Ata parece que perdeu anos.
Daquela xa aprendera a falar algo e fíxose esmoleiro. Así andou moitas terras. Alá en Lourdes estivo dúas veces; da segunda tan amozado que, os que o coñeceran da primeira, coidaron fora milagre da Virxe.
Cando adquiriu experiencia de abondo pensou que o mellor era manter secreta aquela estraña condición que o facía mías mozo cantos máis anos corresen. Así, non o sabendo ninguén –non sendo un ou dous amigos fieis– podería vivir mellor a súa verdadeira vida.

Traballou de vello e fíxose rico para folgar de mozo. Dos cincuenta ós quince anos a súa vida foi a máis feliz que se pode imaxinar. Cada día gustaba máis ás mozas e andou enleado con moitas e coas máis bonitas. E ata disque unha princesa... Pero diso non estou certo.
Cando chegou a neno encomenzou a vida a se lle ensarillar. Dáballe medo a sorpresa con que o vían entrar tan ceibe nas tendas a mercar lambetadas e xoguetes. Algún rateiro de viseira calada teno seguido ó longo de moitas rúas tortas. E algunha vez ten comido as súas lambetadas a tremer de anguria, coas bágoas nos ollos e o almibre nos beizos. A derradeira vez que o topei –tiña el oito anos– andaba moi triste. ¡Pesaban, ademais, tanto no seu espírito de neno os recordos da súa vellice!
Logo encomenzou a lle escaravellar día e noite unha obsesión tremenda. Cando pasasen algúns anos recolleríano en calquera calexa extraviada. Quizais algunha señora rica e sen fillos. Despois… ¡Quen sabe o que pasaría despois! A lactancia, os paseos nun carriño, cunha soalla de axóuxeres na manciña tenra. E ó remate... ¡Ou! O remate poñía espanto. Cumpri-lo seu sino de home que vive ó revés e refuxiarse no seo da señora rica –poida que cando ela durmise– para ir alí devecendo ata se trocar primeiro nunha sambesuga e despois en arumia e logo en pequenísima semente...
O vagamundo ergueuse moi pensabundo, coas mans nos petos, e deu algúns paseíños todo amargurado. Ó cabo dixo:
–Explícome, si, explícome que se chimpase un tiro na sen o pobre rapaz.
Os catro bebedores de augardente crían. Os cinco de albariño surrían e dubidaban. O taberneiro negaba. Cando todos desortían máis enfervoadamente, o taberneiro ergueuse de súpeto nas puntas dos pés e púxose a mirar todo arredor cos ollos moi abertos. O vagamundo desaparecera sen pagar.


"Sobre da morte de Bieito"


Foi preto do camposanto cando eu sentí­n boligar dentro da caixa ó pobre Bieito.(Dos catro levadores do cadaleito eu era un). ¿Sentino ou foi aprensión miña? Entón no poderí­a aseguralo. ¡Foi un rebulir tan maino!... Como a teimosa puvulla que rila, rila na noite, rila de entón no meu maxí­n afervoado aquel maiño rebulir.Pero é que eu, meus amigos, non tiña seguranza, e polo tanto -comprendede, escoitade- polo tanto non podí­a, non debí­a dicir nada.
Imaxinade nun intre que eu dixese:

- O Bieito vai vivo.

Tódalas testas dos velliños que portaban cirios ergerí­anse nun babeco aglaio. Tódolos pícaros que viñan estendendo a palma da man baixo o pingotear da cera virí­an en remuí­ño arredor meu. Apiñocarí­anse as mulleres a carón do cadaleito. Escorregarí­a por tódolos beizos un murmurar sobrecolleito, insólito:

- O Bieito vai vivo, o Bieito vai vivo!...

Calarí­a o lamento da nai e das irmáns, e axiña tamén, descompasandosea gravedosa marcha que planxí­a nos bronces da charanga. E eu serí­a o gran revelador, o salvador, eixo de tódolos asombros e de tódalas gratitudes. E o sol na miña face cobrarí­a unha importancia imprevista.

¡Ah ! ¿E se entón, ó ser aberto o cadaleito, a miña sospeita resultara falsa? Todo aquel magno asombro virí­ase inconmensurable e macabro ridículo. Toda a arelante gratitude da nai e das irmán, tornarí­ase despeito. O martelo espetando de novo a caixa un son sinistro e único na tarde estantí­a. ¿Comprendedes? Por iso non dixen nada.

Houbo un intre no que pola face dun dos compañeiros de fúnebre carga pasou a insinuación leviá dun sobresalto, coma se el estivese a sentir tamén o velaiño boligar. Mais non foi máis que un lampo. De seguida ficou sereo. Eu non dixen nada.

Houbo un intre en que case me decidí­n. Dirixinme ó da miña banda e, acobexando a pregunta nun sorriso deretrouso, deslicei:

- ¿E se o Bieito fose vivo?

O outro riu picaramente coma quen di: “Que ocorrencias temos”, e eu amplifiquei o meu falso sorriso de retrouso.

Tamén me vin a rentes de decilo no camposanto cando xa pousarámo-la caixa e o crego requeneaba.

- “Cando o crego remate” pensei. Mais o crego acabou e a caixa deceu á cova se que eu puidese dicir nada.

Cando o primeiro cadullo de terra, bicado por un neno, petou dentro da cova nas táboas do ataúde, rubí­ronme ata a gorxa as verbas salvadoras... Estiveron a punto de xurdiren. Mais entón acudiu novamente o meu maxí­n e case seguranza do arrepiente ridí­culo, da rabia da familia defraudada, se o Bieito se topaba morto e ben morto. Ademais o dicilo tan tarde acrecí­a o absurdo desorbitante. ¿Cómo xustificar non o ter dito ante? ¡Xa sei, xa sei, sempre se pode un explicar!¡Si, si, si todo o que queirades! Pois ben... ¿e se tivese morto despois, despois de o sentir eu remexerse, como quizais puidese adiviñase por algún sinal? ¡Un crime, si, un crime o me ter calado. Oí­de xa o rebumbio da xente...

- ¡Pediu auxilio e non llo deron, malpocado!...

-El sentí­a chorar, quí­xose erguer e non puido...

-Morreu de espanto, saltoulle o corazón o se sentir decer na cova...

-¡Velaí­ o tendes, coa cara torta do esforzo!

-¡E ese que o sabí­a, tan campante, aí­ a sorrir coma un pallaso!

-¿E parvo ou qué?

Todo o dí­a, meus amigos, andei tolo de remorsos. Ví­a ó probe Bieito grafiñando nas táboas nese espanto absoluto, máis alá de todo consolo e de toda conformidades, dos enterrados en vida. Chegoume a parecer que todos lí­an nos meus ollos adormiñados e longanos a obsesión do delito.

E alá pola noite – non o poide evitar – funme camiño do camposanto, coa solapa erguida, ó arrimo dos muros.

Cheguei. O cerco por unha banda era baixiño: unha pedras mal postas, apreixadas por hedras e silveiras. Paseino e fun dereito ó sitio... Deiteime no chan, apliquei a orella, e axiña o que oí­n xioume o sangue. No seo da terra unha unllas desesperadas rabuñaban nas táboas.

¿Rabuñaban? Non o sei, non o sei. Alí­ preto habí­a un sacho... Ía xa cara a el cando fiquei suspenso. Polo camiño que pasa a rentes do camposanto sentí­anse pasadas e rumor de fala. Viña xente. Entón si que serí­a absurda, tola, a miña presenza alí­, daquelas horas e cun sacho na man.

¿Ía dicir que o deixara enterrar sabendo que estaba vivo?

E fuxí­n coa solapa erguida, pegándome ós muros. A lúa era chea e os cans latricaban lonxe.

Aquí podedes ver o tráiler dunha curtametraxe baseada neste conto.
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES 2011-2012 - 10-11-2011 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Comezou o club de lectura

Na primeira reunión lemos o artigo de Pep Durán "Librero de oficio" do libro Palabras por la lectura e reflexionamos sobre as razóns de ler que dá José A. Gómez no artigo do mesmo libro "Por qué tenemos que leer":


Se han dado muchas razones sobre por qué y para qué leer, y me identifico con la mayoría, aunque aparentemente se contradigan.
Se puede…
leer para pasar el rato, o leer para aprovecharlo;
leer para recordar, o leer para olvidar;
leer para huir o leer para encontrarse;
leer para amar y leer para odiar;
leer para releer, o leer para no leer más,
leer para crear y leer para destruir,
leer para pensar, y leer para desconectar;
leer para aprender y leer para desaprender;
leer para ensimismarse, o leer para compartir;
leer para ocultarse, o leer para mostrarse;
leer para perderse, o leer para encontrarse;
leer para diferenciarse y leer para identificarse;
leer para reafirmarse o leer para contradecirse;
leer para crecer y leer para sentirse pequeño;
leer para ganar tiempo y leer para perderlo;
leer para contemplar o leer para vivir;
leer para divertirse y leer para aburrirse;
leer para informarse o leer para aturdirse,
leer para después expresarse o leer para callar
leer por necesidad y leer por placer;
leer por querer vivir o por estar harto;
leer por azar o leer por determinación;
leer por pasión o leer por convicción;
leer por imitar o leer por innovar;
leer por obedecer y leer por rebeldía
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES 2011-2012 - 10-11-2011 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Memoria do club de lectura
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES 2010-2011 - 02-11-2011 17:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal
El que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho. Miguel de Cervantes