Miguel Delibes (Valladolid, 1920- 2010) é un dos narradores españois contemporáneos máis aprezados, non só polo indiscutible valor da súa obra, senón tamén porque el mesmo encarnaba unha postura ética que se concretou na práctica dun humanismo ligado ás virtudes da terra.
Galardoado co Premio Cervantes en 1993, a súa obra caracterízase por manter un estilo propio xa consolidado con El camino en 1950.
Delibes chegou a ser un magnífico forxador de personaxes ligadas á España rural e á urbana, e un liberador da fala das xentes de Castela na segunda metade do século XX, así como da lingua rural e da variante popular máis marxinal.
Atención ao cartelón preparado entre o alumnado de 1º ESO, Normalización Lingüística e a Biblioteca! Asemade, nunha presentación en Power Point poderedes seguir a importancia e a presencia das mulleres na sociedade. O Día Internacional da Muller refírese ás mulleres correntes como artífices da historia e afunde as súas raíces na loita da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home.
Para saber máis podedes visitar esta ligazón: Día da Muller.
O Informe da Federación de Gremios de Editores de España destaca que:
Os lectores frecuentes, entre a poboación maior de 14 anos son o 41,3% (len todos ou case todos os días, ou unha ou dúas veces por semana).
Os lectores frecuentes, entre 10 e 13 anos, son o 77,1%
O 55% da poboación maior de 14 anos
declárase lectora (lectores frecuentes + lectores ocasionais, que len un libro ao mes ou ao trimestre)
Entre os rapaces e rapazas de 10/13 anos, a porcentaxe de lectores, sumando frecuentes e ocasionais, sube ao 91,2%
O 78,4% dos nenos lectores asegura que seus pais lles len na casa, e o 88% que lles mercaron ou agasallaron con libros no último ano.
O 97,2% dos nenos lectores afirmar que os seus profesores os animan a ler, e o 93,2% asegura que nos seus colexios se realizan actividades arredor da lectura e o libro, participando nelas o 94,1%.
Galicia sube 2,3 puntos con respecto ao ano 2008, na porcentaxe de poboación lectora (+ 14 anos), quedando no 54,9%, sendo o 39, 9% os lectores frecuentes.
En Galicia, o 45,1% dos maiores de 14 anos non le.
A lectura en galego representa o 0,5% do total. En Galicia, o 7,4% dos lectores le en galego de forma cotiá.
Eladio Rodríguez González cóntanos que: O Entroido é celebrado en toda Europa dende épocas descoñecidas. Non se sabe con certeza a súa orixe, algúns pensan que vén da tradición celta, outros afirman cós comezos desta festa, pódense atopar na adoración a Baco ou Dionisos .
Coa chegada do cristianismo, moitas das festas pagás, que eran antigamente celebradas foron tomadas e cristianizadas. Deste xeito, esta celebración que tiña posiblemente o seu significado na despedida dos longos e duros días do inverno, mesturouse coa despedida da carne antes do período de abstinencia da Coresma que comeza no día mércores de Cinza (é dicir "corenta días antes do domingo de Ramos).
O Ministerio de Educación vén de presentar o centro virtual para a lectura e as persoas lectoras, LEER.ES , creado en colaboración coas Comunidades Autónomas, a Real Academia de la Lengua Española e o Instituto Cervantes.. Aquí, os rapaces e rapazas podedes atopar estímulos diferentes para a vosa formación como lectores de todo tipo de textos (icónicos, textuais, multimedia...) e para a produción e difusión das vosas propias creacións.
Onte reunímonos "os maiores" para ler unha magnífica obra, O viaxeiro astral de Jack London, na que Darrell Standing, o protagonista, descobre a imaxinación como único vehículo que lle permite aturar as torturas,...
Nais e pais que leades este artigo, apuntádevos ao Club!; seredes moi ben acollidos!
As maravillosos alumnas e alumnos de 1º ESO traballaron por primeira vez con WEBQUEST na materia de Xeografía. A opinión xeralizada foi positiva e os resultados acadados bastante satisfactorios. Actuaron como auténticos detectives e investigadores do tempo e o clima. Aportaron numerosas ideas para divertirse en Bueu os días de mal e bo tempo,...
A ver, se agora nos deixan a súa opinión sobre o tema!
En 1998 a Organización Mundial da Saúde (OMS) declarou Día Mundial do SIDA o 1° de decembro.
Na actualidade estase a traballar para diminuir o avance desta enfermidade e a OMS leva a cabo unha Campaña Mundial contra o SIDA que abrangue o período 2005-2010, e ten como tema: "Deter o SIDA. Manter a promesa".
Dende a biblioteca queremos expresar a nosa solidariedade cos que sofren este problema e sumarnos á loita pola prevención.
Estes días nos medios de comunicación comentaban que a xente nova estase relaxando no control para evitar o sida; lembrade, pois, que non se pode baixar a garda!
"Castaños de Dormeá,
os do corpo ben comprido,
de graciosa estatura,
dobrados e ben seguidos:
¡ouh! Castaños somellantes
ós celtas nosos antigos;
a quen as edras demostran
amor, con abrazo amigo:
os arrebatados ventos
do mes bretumoso e frío
de Xaneiro, entre vós fungan
dando doentes suspiros:
e o musgo dos vosos gallos,
ermos e desgornecidos,
ó impulso das duras ráfagas
vai lonxe caer rompido"
Eduardo Pondal
..."¿Queredes castañas
dos meus castiñeiros?...
Cantádeme un maio
Sin bruxas nin demos;
Un maio sin segas,
Usuras nin preitos,
Sin quintas nin portas,
Nin foros, nin cregos."
El dicía "Soy un cómico que lleva años esperando a que se baje el telón, pero no termina de bajarse". Ayala cumplira 103 anos o pasado 16 de marzo. Era o último supervivinte da Xeración do 27 e, ademáis de ser membro da Real Academia Española desde 1984, tiña os premios máis importantes das letras españolas: o Cervantes (1991),o Príncipe de Asturias (1988, Premio Nacional de las Letras Españolas.
Por mor da Guerra Civil, marchou ao exilio que lle obrigou a abandonar a súa cátedra de Socioloxía na Universidade Complutense e vivir en países como Arxentina, Porto Rico e Estados Unidos. En 1980 regresou definitivamente a España.
Legounos obras como La cabeza del cordero, Muertes de perro, El jardín de las delicias, La invención el QuijoteRecuerdos y olvidos (memorias),...
El comentaba: "He escrito demasiado porque he vivido demasiado y además lo he hecho intensamente".
Este granadino "tan maior" seguirá para sempre connosco a través da súa obra.
Cerrar podrá mis ojos la postrera
sombra que me llevare el blanco día,
y podrá desatar esta alma mía
hora a su afán ansioso lisonjera:
mas no, de esotra parte, en la ribera,
dejará la memoria, en donde ardía:
nadar sabe mi llama la agua fría,
y perder el respeto a ley severa.
Alma a quien todo un dios prisión ha sido,
venas que humor a tanto fuego han dado,
medulas que han gloriosamente ardido,
su cuerpo dejará, no su cuidado;
serán ceniza, mas tendrá sentido;
polvo serán, mas polvo enamorado".
En Vieros da escola http://vello.vieiros.com/vieirosdaescola/index_10.html nos comentan: "Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
Os antigos habitantes de Galicia para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes."
No seguinte enderezo http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=13341 podedes atopar información moi interesante sobre: Os Lugares da Morte; Os días de defuntos; os preparativos; os velorios; as cabazas do Samaín; ademais, hai un reportaxe sobre as diferentes manifestacións da cultura de ultratumba.
Queremos celebrar un día tan importante para nós cun Recital Poético, para elo contamos coa colaboración dun gran rapsoda, Francisco Gomis, que nos deleitará con poemas de diversos autores: Benedetti, Machado, García Lorca, Rosalía de Castro,...
Herta Müller ,unha escritora moi pouco coñecida en España, é a gañadora do Premio Nobel de Literatura 2009. O premio está dotado con 10 millóns de coronas suecas (980.000 euros) que se entregarán o 10 de decembro, aniversario da morte do seu fundador, Alfred Nobel.
Para a Academia Sueca, Herta Müller "coa concentración da poesía e a franqueza da prosa, describe a paisaxe dos desposeídos".
Entrevistada pola axencia Dpa a víspera do anuncio sobre a posibilidade de ser a gañadora, comentou, "¿Que diría eu sobre o Premio Nobel? Que me alegro, está claro. Naturalmente que estaría tamén feliz. Pero non son unha estrela e non me gusta que me obliguen a estar no tapete. Sigo facendo meu traballo coma sempre, sen estridencias".
A escritora, que vive en Berlín desde 1987, naceu en Nytzkydorf (Rumanía) en 1953 nunha familia da minoría alemana nese país.
Así que , xa sabedes un pouquiño sobre esta escritora! Se queredes profundizar máis podedes visitar este enderezo na rede.Herta Müller
Esta semana dedicamos o noso querido "recuncho" a Ana María Fernández , escritora que reside na Coruña dende 1967. Escollimos uns versos da súa obra Ondas de verde e azul, de 1994. Neste conxunto de 36 composicións poéticas son constantes as evocacións da natureza e do mundo rural. O mar, as bolboretas, a lúa, os ríos aparecen tratados de xeito idílico, como cumio de todas as perfeccións.
Veña, un poema sobre o outono:
Ven onda nós o outono
dacabalo do aire;
nos camiños da fraga
os ourizos xa abren.
Síntoo chegar contento
da eterna viaxe
enredando entre as follas,
estreando friaxe.
De novo estamos aquí, con máis e máis lecturas: literarias, lecturas poéticas, dramátizadas, en compañía, en silencio, en voz alta; lecturas de imaxe, e de todos tipossssssssss!
LecturaS con "S" maiúscula!!!. Celebramos o mes da biblioteca escolar, Octubro, en compañía de Miguelanxo Prado . Este é o novo cartel para as bibliotecas.
Animádevos e lede!
Queridos lectores e lectoras despedímonos coa publicación dunha Guía de Lectura para que este verán disfrutedes lendo. Esperamos que sexa do voso agrado.
Na praia, no monte, no campo,... un libro sempre se agradece!
Desde o martes 9 de xuño ata o martes 16 de xuño, nos recreos imos ter obradoiro de origami, ou máis coñecido como papiroflexia. Empezaremos facendo marcapáxinas, paxariñas, caixas, … e ¡quen sabe o que seremos capaces de conseguir!.
Achégadevos as mesas de bibliorecreo na entrada do instituto e poderedes construír e levar diferentes figuras.