A visión pseudo xenófoba que algúns endereitadores de plátanos do caribe se esforzan en mostrar dia a dia nos seus espazos persoais sobre a relidade nacionalista do noso pais está a insultar continuamente a intelixencia de moitos dos que se enteran e comproban as tentearías por estes verquidas a diario nestes espazos.
Non quero que por isto se me bote en cara que pretendo limitar a liberdade de ninguén para expresar o que lle pete mais ben quero que se fixe a xente no global dos escritos de este tipo de energúmenos virtuais, nestes escritos se nos presenta a os nacionalistas galegos como case que "nazis" na procura do poder para instaurar un réxime ditatorial onde so prevaleza a nosa persoa.
Considérome unha persoa bastante aberta en todos os eidos da vida e mais non son dos que "toleran", xa que considero que apalabra tolerar ven a dicir que non respeto senón que asumo que está así pero si por min fora non seria.
Asumo a todos por igual e non vexo o que supostamente os fai diferentes a min, considero que a forma de vida lóxica e vive e deixa vivir.
Persoas como o señor branco lexitimo, que non lle aplican o menor ápice de humor as súas criticas parecen vivir continuamente encabuxados con todo aquel que non vexa as cousas dende a súa óptica ou se achegue minimamente a ela, ben está a critica política iso si creo que esa critica pode ser incisiva pero non por elo hai que levala a ser un Acebes da vida, considerase a si mesmo cidadán libre e se esforza en tentar demostrar que os demais que non vemos o mundo dende a súa óptica ou non somos libres ou non sabemos selo.
Non creo que eu deixe de ser libre por ter e manter a miña particular forma de ver as cousas e mais non lle resto a mais mínima liberdade os demais por ser nacionalista nin por levar adiante as miñas ideas.
Cando as ideas reforzan a túa identidade cultural sen menoscabar as culturas dos demais países e rexións do estado e do mundo, cando as túas ideas tentan recuperar na túa vila ou cidade a súa identidade histórica e cultural, cando esas mesmas ideas non crean cidadáns de primeira e de segunda, non entendo porqué esa forma de ver as cousas pode ser atacada de forma indiscriminada e con cualificativos que a base de repetilos se pretende que se inmortalicen na mentalidade do lector.
Esta forma de ver as cousas e esacta a que tivemos no mandato Fraga e Aznar, a de poñer a todo aquel que non vexa todo como ti como se fora o mesmo diaño a conquista das almas perdidas, isto non e de cidadáns libres os cidadáns libres teñen dereito a ter a información dende tódolos puntos de vista, cousa que por desgraza non se leva a cabo cando a información de uns chega a diario a prensa mentres a dos outros se coarta e se sésega para que non poidan achegar esta opinión ou o seu traballo a toda a cidadanía.Digamos que se un caga un peido sae en primeira paxina namentres que cando outros acadan sacar cobre do lixo se menospreza e non se lle da importancia.
Unha boa dose de liberdade lle fai falla a persoaxes como este, que "toleran" en lugar de escoitar e que predican e pontifical cal crego ou papa a súa verdade absoluta.
Acabo de enterarme que unha boa amiga me concedeu un premio e xusto e corresponderlle e entregar os meus sete premiados nos premios Brillante weblog, e que te pique un pollo.
"Jesús no tuvo cuidados paliativos, pero su muerte fue absolutamente digna porque la miró cara a cara, con confianza, porque la aceptó con amor, porque la vivió descansando en los brazos del Padre Celestial"
Estas foron as palabras pronunciadas polo Arcebispo de Pamplona esta Semana Santa.
Escoitado esto o unico que se me ocorre e que este home ten que ser recluido nun psiquiatrico para mirar ata que punto non e un perigo para a sociedade, que nos di a nos que non acabará por sair a rua a facernos sufrir igual que Xesus Cristo.
E mais seguindo os dictamens que promulga o próximo será pedir que cando alguén estea sufrindo unha morte con dor en calquera hospital se practique o de darlle 30 latigazos e seguidamente se lle craben as mans e os pes a un madeiro ben groso, claro está todo isto despois de poñerlle unha coroa de espiño, podo garantir unha cousa y e que a dor non se lle vai a ir, eso si lla cambiarán de sitio.
Que persoas con este tipo de mentalidade arenguen a xente o seu redor para lanzar este tipo de mensaxes a os seus feligreses da autenticamente medo.
So agardo que o que promulga non o teña que sufrir pois xa será tarde para que cambie de mensaxe.
Xa estou outra vez por aquí e para acalar falsos rumores podo afirmar que sigo vivo.
Despois de diversas vicisitudes nestas ultimas semanas xa estou na casa e empezo a funcionar.
Para todos aqueles que preguntaron que fora de min síntome feliz de dicir que nestas ultimas semanas fun vítima de unha reclusión forzosa, si señores unha reclusión contra a miña vontade que durou case que un mes, pero a pesares do que moitos desexaban non foi no cárcere senón en un hospital.
Por causa de un accidente no traballo, recibín unha cornada de un touro de ferro de 900 kilos no muslo dereito que "por sorte" non tivo orificios de entrada nin de saída senón un amátoma de considerables dimensións, o cal despois de uns dias se complicou con unha infección de cabalo que case se fai comigo, a cal se tivo que atallar con un buzón que me fixo un ciruxán de uns 28 cmts de longo por 8 de ancho mais menos no muslo afectado, a consecuencia do mesmo estiven inmobilizado "preso e cativo" na cama de un hospital perante tres semanas ate onte mesmo.
A todos aqueles que se preocuparon e se preocupan lles direi que estou estupendamente (a pesares de seguir a recuperarme da cornada e de ter a perna dereita con unhas diferenzas dimensionais bastante superiores a esquerda), e tamén lles digo que nos veremos por esta fermosa cidade a partires de xa mesmo.
Os meus inimigos (que creo que son poucos) so lles direi, "uuuuuuyyyyy casiiiiii" pero desta tampouco vos librachedes de min e penso seguir dándovos guerra.
A todos en definitiva vos digo que xa estou aquí de novo e con novos folgos para afrontar unha nova etapa e para escomezar a poñer novas cousas na bitácora.
Un saúdo a todos e bicos para elas e apertas para eles.
Nos veremos por Betanzos e na bitácora.
IRONMAN
Si esperabades que non me tomara a coña ata esto e que non me coñeciades.