Berobreo
En tempo de Samain
Unha pequena guarnición de irreductibles galaicos resistese a perde-la tradizón, o peor enemigo: o olvido.
A festividade celta do Samain chegou ata Estados Unidos por medio da emigración masiva de irlandeses nos tempos da peste da pataca. Hoxe en día moi pouca xente sabe que se acendían cabazas en Galiza e moitas outras partes da península e de Europa (todas aquelas que teñen un referente cultural celta). A prohibizón destas festividades durante a ditadura de Franco foi un duro golpe do que case non se recuperaron, pero inda perduran nos lugares remotos e irreductibles dos nosos povos.
Estas son as recomendacións de lectura da Biblioteca para estas noites de medo.
Lé, se te atreves...
IGLESIA, Antonio de la ; CARRÉ ALDAO,Uxío MUÍÑO, Hipólita; CANALEJO, Alfredo; FILGUEIRA  VALVERDE, Xosé ; DIESTE, ...Antoloxía do conto galego de medo.
LÓPEZ NÁRVAEZ, Concha: La sombra del gato y otros relatos de terror.
STEVENSON, Robert Louis: O extraño caso de Dr.. Jekill e Mr. Hide
BRADBURY, Ray: La bruja de abril y otros cuentos
WASHINTONG, Irving: La leyenda de Sleepy Hollow
DOCAMPO, Xabier: Cando petan na porta pola noite.
SOMER-BODENBURG, Ángela: El pequeño vampiro .....
PARDO BAZÁN, Emilia: Un destripador de antaño.
RUIZ ZAFóN, Carlos.El príncipe de la niebla
ANDREU, Martín: El pozo de los mil demonios.
MIRANDA, Xosé: Pel de lobo
DAHL, Roald: As bruxas.
Relatos de lo inesperado
STOKER, Bran : Drácula
POE,  Edgar Allan: Contos.
WHARTON, Edith: Relatos de fantasmas
WILDE, Óscar: A pantasma de Canterville
MEYER, Stephane: Luna nueva.
Crepúsculo
SHELLEY, Mary: Frankestein
FERNÁNDEZ PAZ, Agustín : Tres  pasos polo misterio.
Noite de voraces sombras
VIII Centenario do Cantar de Mío Cid.
Estades invitados á nosa exposición onde atoparedes fragmentos do manuscrito de Per Abbat e información sobre o personaxe histórico e literario.
Aquí tedes un cuestionario co que poderedes demostrar os vosos coñecementos. Podedes enviar as respostas ao correo electrónico desta bitácora.
Por riba de todo, o que pretendemos é animarvos a ler o poema.
Cuestionario sobre o Cantar de Mio Cid.
1.- ¿Qué sabemos de Per Abbat?
2.- ¿En qué data é doado o manuscrito á Biblioteca Nacional?.
3.- ¿Qué monarca aparece no Cantar?¿De quén herda o Reino de Castela?.
4.- ¿Con qué castigos ameaza El-Rei aos burgaleses?
5.- Nomea aos cabaleiros da mesnada do Cid que aparecen nas esceas de Vivar e Burgos. Lembra os "epítetos épicos" que lles atribúe o xoglar.
6.- Indica os nomes (histórico e literario) do abade de San Pedro de Cardeña.
7.- ¿Qué presentes envía o Cid ao monarca?.
8.- Nomea as provincias recorridas polo Campeador nas súas conquistas.
9.- Explica as consecuencias que terá no Cantar III o episodio do león.
10.- ¿Quén é Avengalvón?¿Qué relación ten co protagonista?.
11.- Indica o nome das dúas espadas do Cid e explica quén llas regala.
Benvidos ao curso 2007-2008
Concurso de pasatempos matemáticos
Problema 1
Teño uns peixes e uns acuarios. Se poño un peixe en cada acuario, sobrame un peixe. Se poño dous peixes en cada acuario sóbrame un acuario. Cantos peixes e cantas acuario teño?
Problema 2
Hai tres cartas da baralla boca abaixo; unha é un rei, outra un cabalo e a outra unha sota. Os paus son ouros, copas ou espadas, pero non necesariamente nesa orde. A carta de ouros está entre o cabalo e a copa. A sota esta inmediatamente á dereita das espadas. A ti tocache adivinar os valores e paus das tres cartas.
Problema 3
Nunha cidade publicanse 3 revistas: A Lúa, O desexo e O Chafardeo. Realízase unha enquisa entre os seus habitantes e obtense o seguinte resultado: 20% le A Lúa; 15% le Odesexo; 17 % le O Chafardeo; 6% le A Lúa e O desexo; 7% le A Lúa e O Chafardeo; 4% le O desexo e O Chafardeo; 2% le as tres. Calcula: :
a) A porcentaxe de habitantes lectores dalgunha desas revistas
b) A porcentaxe de habitantes non lectores  dalgunha desas revistas
c) A porcentaxe que só len O Chafardeo.
d) A porcentaxe dos que len só unha desas revistas.
Problema 4
Calcula a área dun cadrado cua diagonal coincide co lado doutro cadrado de 10 m2.
Problema 5
Quen é
-o fillo da irmá da miña nai?
-a irmá da miña irmá que non é a miña irmá?
Problema 6
Xunta as pezas para formar un debuxo perfectamente simétrico, como no exemplo:
Problema 7
Con dous cortes rectos parte a figura en tres pezas.
Con elas, constrúe un cadrado.
Problema 8
Soluciona este encrucillado usando as pistas que damos.
Problema 9
Un panadeiro mete no forno cinco bandexas de bolería, unhas con madalenas e outra con manteigadas.
Nas bandexas hai 36, 15, 20, 8 e 17 pezas, respectivamente.
Por un descoido, quéimaselle unha das bandexas. Agora ten o dobre de manteigadas ca de madalenas.
Que bandexa se queimou?
Cantas madalenas e cantas manteigadas ten agora?
Problema 10
Observa esta serie de triángulos:
1º Premio de Cartas de Amor (II)
Non sei como empezar estas letras, pois todo o que sinto atópase moi enterrado dentro de min e aférrase á miña alma sen querer saír; de non ser así, desde o primeiro día en que te vin, xa che diría todo o que es para min e como me fas sentir cada vez que estás preto. Con cada día que pasa noto que xa non é preciso terte diante para poder imaxinar a túa figura o teu cabelo, os teus ollos, os teus beizos...É tan difícil terte cada día ao meu carón e non poder tocarte, non poder ulir o teu cabelo, non poder darche un beixo... é tan difícil.
Pensei que se facía un forte esforzo lograría sacarte da miña cabeza, pero o único que conseguín foi converterme noutra persoa; agora, unha somnámbula ocupa o meu lugar, cunha careta cubríndome a face, facendo como se non pasase nada, como se fose feliz. Pero aquelas palabras están gravadas unha a unha na miña cabeza, na miña pel, no corpo enteiro.
Tal vez te esteas a preguntar que é o que me dixeches, o que me fixeches, quizais ti non lembres o mal que o pasei, quizais, mais é posíbel porque fixen todo o que puiden para disimular a miña dor, non quería que outra persoa o pasase mal, e menos ti. Quizais non esteas a entender nada do que che estou a dicir. Quizais esteas pensando que estou tola... e é certo, non cho vou negar... estou tola por ti. Unha tolería que non me deixa vivir a miña vida coma sempre, que non me deixa pensar, que non te arreda do meu maxín e fai que a túa presenza invada todas as miñas actividades.
E como quizais precises que che aclare todo isto, vou comezar desde o principio, desde o día que te coñecín e vouche dicir o que xa te tiña que ter dito e nunca soubeches. Pode ser que ti non recordes moitas cousas pero eu téñoas gravadas na pel.
Lembras aquela vez no Entroido cando non coñecemos? Cando me regalaches aquela flor que quizais para ti non tivese importancia pero eu aínda teño gardada como unha pequena mostra material do teu ser. Logo, no verán, cando saïamos e coincidiamos... pasabámolo tan ben xuntos... aínda que cada un nos mirabamos de maneiras distintas, eu para ti era unha máis, e ti para min... o único!! E nunca che dixen nada... e pensar que estiven tan preto!! Estiven moito tempo autoconvencéndome, tiña que facelo, non podía ter iso máis dentro de min. E despois de moito cavilar e romperme a cabeza decidín facelo, decidín intentalo e vencer esta miña timidez que me arreda da vida.
Ese sábado algo me dicía que te ía ver e enchinme de decisión, de forza, de valor, hoxe sería o día. Pasei toda a noite espreitando, buscándote... e de súpeto, aí estabas... buf! Non che podería dicir o que sentín cando te vin, porque no meu vocabulario non teño palabras para describir tal sensación. Achegueime a ti, tomei aire, saudeite e que foi o primeiro que me dixeches? “Hoxe é a miña noite libre, que non sae a moza.” Meu Deus! Sentín que esmorecía. Moza? Non souben que responder, sentín morrer. Só puiden dicir “alégrome, marcho que me chaman”.
Non te podes imaxinar o mal que me sentín, que tal como estaba o meu único desexo era tirarme ao mar e así acabar dunha vez con esta dor, pero algo me retivo, non che sabería dicir o que, pero impediume facer unha tolería. Pasei a noite coma noutro mundo e marchei para a casa, así podería chorar a gusto e de paso tentar afogar nas miñas bágoas.
Durante esa semana estiven afundida, tiña a mente noutro sitio. Tentei pasar desapercibida, que ninguén se decatase da miña dor. Pero por moito que o intentei a , algo da miña face me delataba, decatándose os que me rodeaban. As miñas amigas tentaron levantarme o ánimo, non querían que me quedase na casa senón que saíse e  airease a miña mente. Polo que, despois de moito insistir, saín, pero coa esperanza de non verte. A verdade é que logrei sacarte da miña cabeza por unhas horas, e ata o estaba a pasar ben. Pero volvémonos atopar, sería o destino, sería que eu sempre teño mala sorte, pero volvemos estar fronte a fronte. Ese día non sei que che pasaría pola cabeza, pero contáchesme cousas que me sorprenderon e confundiron. Foron tantas as palabras, que teño unha mestura que nin fun capaz de aclarar. Que se me querías, que se te arrepentías de que nunca tentaras demostralo, que se agora non estiveses con ela todo sería distinto... Que? Eu non entendía nada, todo era tan confuso... As únicas palabras que conseguín sacar da miña boca foron “Pero que dis? Non ves que tes moza?” E coa mesma mandeite marchar, non podía aturar esa situación, a que viña todo iso? Non entendía nada. E unha vez máis apoderouse de min esa sensación, unha sensación de querer esfumarme, de desfalecer, de morrer.
Unha semana tentando aclararme e saír dese barullo que tiña na cabeza. E ó fin decidinme. Tiña que aclaralo, tentei pórme en contacto contigo pero non me respondiches nin ás chamadas nin ás mensaxes. Que pasou? Por que me ignorabas? Xa non sabía que pensar, non entendía a túa conduta. Polo que decidín censurarte, castigarte e arrincarte da miña vida como puñal cravado férreo na alma.
Convencinme de que non eras para min, de que xa non tiña ningunha oportunidade, que nunca me poderías pertencer, e ao mellor tampouco me merecías. Pero á vez estes pensamentos atormentábanme porque te imaxinaba con ela... e como debo ser masoca, non era capaz de retirar esa imaxe dos meus ollos.
Pasou o tempo e non te volvín ver. Nesa tempada pensei que xa te retirara da miña cabeza, da miña vida. Xa saía da casa, xa me relacionaba coa xente, ata xa ría.
Pero volviches aparecer, como unha fugaz estrela na noite escura ou como tormenta nunha noite de verán. Achegácheste a min e eu nin me inmutei pois estaba convencida de que a túa presenza non me afectaría. Estaba superado. Pero, para a miña sorpresa, as túas palabras non foron “ola” ou “que tal?” senón “volvo ser un rapaz libre”. Que foi o que sentín nese intre? Indescritible. Só sei que todos os esforzos de semanas por esquecerte foran en van. O que días atrás me parecera esquecemento só era un fino veo que te agochou brevemente dos meus ollos, do meu corazón.
E agora volve rexurdir, algo medrou no meu interior desde ese momento, un lume que me queimaba desde dentro, recorrendo todas as miñas extremidades e saíndo polas puntas dos meus dedos e cabelos. E que me pasou ese día? Por que non reaccionei? Por que marchei sen mediar palabra? Non cho sabería responder, non era eu mesma, senón un monicreque nas mans do destino. Perdóame se fun unha covarde, se non fun quen de enfrontarme á realidade.
Pero agora doume conta e arrepíntome de ter calado durante tanto tempo, de ter sufrido tanto e de ter preocupado a tantos. Agora entenderás a que veñen as miñas palabras e os meus actos e reaccións inexplicables.
Xa está feito, xa cho dixen todo, agora está nas túas mans, ti escolles que facer. Agora xa non hai unha terceira persoa (ou iso creo) á que lle podes facer dano.
E con iso non quero influírte, só informarte da miña realidade. Espero a túa resposta, pero faime un favor, aínda que sexa unha soa nota coa palabra “non” contéstame e non me fagas vivir nesa incerteza, aínda que sexa a mínima palabra ponte en contacto comigo.
Quérote moito.
María Docampo.
1º Premio de Cartas de Amor (I)
Era algo constante, cruzabámonos tódolos días laborais á mesma hora… un cruce de miradas nos primeiros días, despois un sorriso e uns meses máis tarde, a iso sumóuselle tamén un tímido saúdo. Cada día esa marabillosa sensación de bolboretas no estómago aumentaba cos desexos de que ese tímido “Bos días” se transformara nun: “Apetéceche tomar algo comigo?”... pero ese día nunca chegaba, ata que un día metinme a vergoña no peto e decidín dar ese gran paso que transformaría a miña vida para sempre. Non sei se te acordarás desa estúpida pregunta que che fixen... pregunteiche a hora cando era obvio que a sabía! (cruzabámonos sempre á mesma)... Ti soltaches aquela marabillosa gargallada que se repite constantemente na miña mente desde aquel frío día de inverno de hai máis de tres anos, e despois de mirar o teu reloxo, déchesme a resposta á miña estúpida pregunta e apenas uns segundos máis tarde soltaches esas palabras que estaba esperando dende había tanto tempo. Quedamos aquela mesma tarde; intercambiamos os números telefónicos e xa dende aquel día non nos separamos; fixemos o amor unha morea de veces, pequenas viaxes organizadas a última hora lanzándonos de cheo a un sen fin de loucuras e aventuras, unha relación chea de pequenos detalles que reforzaron os nosos sentimentos día tras día, mes tras mes e ano tras ano ...
Queríate como nunca antes a ninguén, eras como unha peza do meu corpo sen a cal eu non podía funcionar, eras o que me complementaba para poder ser eu mesma... o meu aire, o meu alimento, o meu leito... eras todo. Todo o que sempre soñei atopar e atopárate, tíñate para min, meu para sempre... ata que marchaches sen deixarme ver por última vez eses ollos que semellaban auga, terra e lume ó mesmo tempo. Chovía, a calzada estaba mollada e o noso coche non aturou o tremendo golpe... non lembro nada, un baleiro na miña mente... Só sei que estaba contigo, meu amor, e de súpeto estaba nunha habitación totalmente branca, chea de aparatos e tubos... non sei canto tempo pasara; quizais horas, ó mellor días e tal vez meses. Non sabía que estaba a ocorrer ata que un home vestido dun branco brillante intentou explicalo o máis delicadamente posible. Pero como explicalo! Como explicar que a miña vida cambiara tanto en tan pouco tempo! O primeiro que me dixo foi que levaba cinco días durmida e que tiña dúas costelas e unha perna rota, ademais de golpes por todo o corpo. É certo, doíame, pero cando preguntei por ti e o silencio cobrou paso na nosa conversa, a dor física xa non existía... Volvín facer a mesma pregunta e aquel home comezou a balbucir: “Síntoo moito... pero... non foi tan forte coma vostede e non puido resistir sequera o tempo transcorrido ata que chegou a ambulancia”. O mundo que apenas uns días antes consideraba o máis marabilloso do mundo, estábase agora a converter no peor dos pesadelos. Estiven varias semanas no hospital; semanas nas que o único que podía facer era pensar. Primeiro culpei a María por invitarnos a ir visitala, se quedásemos na casa todo seguiría igual... despois, meu amor, culpeite por non conservar a túa fortaleza nun momento así... tamén o sentimento de culpabilidade se apoderou de min por non ser eu a que morrese no teu lugar. Agora, dous meses despois dese maldito accidente, non sinto nada. Só sinto que o meu mundo eras ti, e xa non estás. Cada día voute visitar; falo contigo pero non obteño resposta, dígoche que te amo e non noto os teus beizos na miña fronte como de costume. Meu amor, non podo seguir con isto, non quero... non quero ver como as flores vermellas que che poño cada día perden o seu arrecendo e a súa cor, non quero ver como a túa foto vai perdendo a súa nitidez pouco a pouco. Quero estar contigo, quero que volvas a abrazar os meus abrazos, quero volver a sentir a calor e a suavidade da túa pel, volver escoitar a voz que tantas veces me dicía” canto te quero”... Non sei onde estás, só sei que te quero, que non podo esquecerte, que non soporto esta dor. Meu amor, hoxe é o día dos namorados. Si, ese día que eu adoitaba dicir que era unha bobada e ti contestabas que era un día máxico. Agora que non estás decátome de que tiñas razón, é un día máxico... pero é para estar coa persoa amada e eu non te teño! Non estás aquí comigo, pero axiña estarei contigo. Esteas onde esteas voute atopar, reunireime contigo... se ti non estás neste mundo eu tampouco quero permanecer nel. Agarda por min, meu amor, pronto volveremos estar xuntos. Ámote, non o esquezas nunca.
Andrea Prieto.
Todos os camiños levan a Roma!
E aquí vai un relatorio de todo o que fixemos, pateamos e visitamos, para a vosa información e (se cadra) envexa. ;-P
O primeiro día, xoves 29 de Marzo, fomos ao Panteón, onde por casualidades do tempo, puidemos ver cómo chovía a través do oculus aberto da cúpula. Tamén pasamos pola Piazza della Colonna, onde se ergue a Columna de Marco Aurelio, o emperador das guerras que saen na peli de Gladiator. Na Piazza Navona non puidemos ver a Fonte dos catro ríos, pero si a Igrexa de San Ivo alla Sapienza. Tamén foi mágoa atopar pechada a igrexa de San Luigi dei Francesi, onde están os tres cadros adicados a San Mateo pintados por Caravaggio. Pasamos pola Fontana de Trevi, a cumplir co ritual de arroxar a moeda. E subindo á colina do Quirinal, miramos a Igrexa de Sant’Andrea al Quirinale, construida por Bernini, e outra obra de Borromini: San Carlo alle quattro fontane.
Ao día seguinte, venres, tocou ir ao Vaticano, con visita guiada para non facer tanta cola. Visitamos a basílica e máis os Museus Vaticanos con todo o que alí hai, as estancias pintadas por Rafael, e por suposto, a Capela Sixtina. Pola tarde cruzamos de novo o Tíber para ver o Túmulo de Augusto, e máis o Museo da Ara Pacis, e seguindo cara ó Norte da cidade, chegamos á Piazza de Spagna, coas súas famosas escalinatas, e á Igrexa de Santa Maria della Vittoria, onde está a Santa Teresa que Bernini esculpiu en extase místico e arrebatado.
O Sábado collimos o bus para Florencia, catro horas de viaxe para ver a Catedral de Santa Maria del Fiore, e subir a inmensa cúpula de Brunelleschi. Foi mágoa que polas colas non dese tempo para ver o Museo da Academia, onde está o orixinal do famoso David de Miguelanxo, pero sí as estatuas da Piazza della Signoria, e por suposto a galería dos Uffizzi, o Ponte Vechio sobre o Arno, e xa de regreso as vistas sobre a cidade dende o Belvedere.
E chegou o domingo, outra vez de volta a Roma. Visitamos Santa María Maggiore, onde coincidiu a nosa visita coa bendición dos Ramos. Despois baixamos ata San Pietro in Vincoli, onde miramos o Moisés que Miguelanxo esculpiu opara a inacabada tumba do papa Xulio II. E logo tocoulle as ruínas da Roma imperial, o Coliseo e os Foros, para acabar ante a mole inmensa do monumento a Victor Emmanuelle II. Puidemos ver o Teatro de Marcello, e a Piazza del Capitolio, de camiño á Galleria Doria Pamphili, pero foi mágoa porque os horarios tan apretados non nos permitiron ver o retrato de Inocencio X que Velázquez deixou en Roma.
Recomendacións de lectura
“¿Hay algo que coma avispas?”
Autor: Mick O Hare. Editorial: RBA
¿Canto tempo se pode vivir a base de cereixas? ¿Por que temos cellas? ¿Hai algo que coma avispas? Este libro contén un centenar de preguntas, e as súas correspondentes respostas, sobre todo o que nos rodea: o corpo humano, o reino animal e vexetal, o universo e o noso planeta... Chispante de intelixencia, coñecemento e curiosidade científica, esta deliciosa antoloxía resultará irresistible para todos os que teñan interese polo mundo que ten ó seu redor.
El hombre que Calculaba
Autor: Malba Tahan. Editorial: Verón Editores.
Cada capítulo trata dun problema matemático ou de lóxica. ¿Serías capaz de repartir unha herdanza de 35 camelos entre tres fillos de xeito que o maior quede coa metade, o segundo coa terceira parte e o máis pequeno cun noveno? A solución a este e outros problemas está no interior das súas páxinas.
Libro que recomendamos vivamente para:
1. Regalar aos rapaces/as listos aos que lles gustan as Matemáticas (habelos, hainos).
2. Regalar a eses rapaces/as que non saben que lles gustan as Matemáticas, pero que poden chegar a gustarlles se len este libro.
3. Que o merquen, e lean, os adultos aos que lles gustan as Matemáticas.
4. Que o merquen, e lean, os adultos curiosos que non saben que lles gustan...
“Imagina”
Autor: Norman Messenger. Editorial: SM
Un álbum intelixente e traballado como poucos, para xogar e observar durante tempo e tempo. Con textos breves e unhas ilustracións a base de acuarelas e lapis de cores, propón xogos de imaxinación, convida ao lector a buscar diferenzas ou seres ocultos, presenta rostros que poden contemplarse de distintos xeitos, suxire posibilidades imposibles... Non faltan ilustracións con fiestras que se abren para dar lugar a novas figuras. E ademais do contido da ilustración principal, en cada dobre páxina proponse algún xogo-adiviña.
Benvidos
Queremos que esta sexa un lugar de encontro para todos os alumnos e profesores do centro, no que anunciar novidades, dar opinións, expoñer recursos e participar xuntos da vida do centro tanto dentro como fóra del.