Pro-postas


Resultados da búsqueda
Buscando'paint'
Pixlr: editor de imaxes fixas en liña.
Categorías: imaxe fixa - edición - retoque fotográfico

Hai cousa dun mes vos presentei un programa de tratamento de imaxe "en liña" denominado Sumo Paint. Ata o de agora era o meu favorito para traballar no retoque fotográfico e na elaboración de composicións de imaxe cando non podía traballar en modo local no meu equipo. Pero o meu colega e amigo Xoanca ensinoume este que vos quero presentar hoxe e que realmente, logo de probalo, paréceme mellor.
Chámase Pixlr, e ten a ventaxa de poder poñer os menús e ferramentas en castelán ou portugués (indo ao menú "language" e escollendo o que prefiramos), é algo máis intuitivo e algo máis áxil no traballo.
En todo caso probádeo e xa me diredes.

Enderezo: http://pixlr.com/editor/


Categoría: 9- Web2.0 - Publicado o 25-04-2011 18:56
# Ligazón permanente a este artigo
Sumo Paint: editor de imaxes en liña.
Categorías: edición imaxe - imaxe fixa - retoque fotográfico.

Hoxe presentámosvos unha aplicación que funciona sobre tecnoloxía flash, e que resulta ser un bo editor de imaxes fixas, coa particularidade de funcionar na rede en liña sen ter que instalar nada no equipo. Evidentemente esixe ter unha conexión con internet.

O programa permite traballar coa maioría das opcións dos máis coñecidos como Adobe Photoshop ou Paint Show Pro, incluíndo o traballo con capas.

Pero ao mesmo tempo é moi intuitivo e pode ser utilizado incluso polos nenos e nenas para as súas creacións plásticas.

O único inconvinte é que os menús están en inglés.

Se vos rexistrades na páxina oficial de Sumo Paint permite gardar os traballos no seu propio servidor, pero tamén nos deixa gardar no ordenador.

Enderezo: http://www.sumopaint.com/home/?lang=7

Fonte: Carlos de Paz (dende o Twitter)



Categoría: 9- Web2.0 - Publicado o 22-04-2010 18:35
# Ligazón permanente a este artigo

GALEGO, PATRIMONIO DA HUMANIDADE
 MENÚ
 ANTERIORES
 Orde cronolóxica de entradas
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal