Quero presentarvos unha ferramenta moi interesante dentro do mundo da Web 2.0. Trátase de SRIBD, un programita montado sobre flash que permite facer presentacións en web a partir de practicamente calquera documento (MS Word, Oppen Office Writer, Power Point e outros)... é totalmente gratuíto e pódese optar por colgar o material de xeito público ou privado (neste caso só podería entrar quen sepa do enderezo, non aparecerá nas búsquedas nin nos listados da páxina oficial do programa). Proporciona o código para incrustar en calquera páxina web, blog ou mesmo en aulas virtuais que traballen con sistemas standar.
Podedes experimentar o seu funcionamento co directorio temático sobre a gaita que colguei nesta pro-posta, que de paso vos ofrezco por se vos serve de algo.
Cun botón da barra de ferramentas, ó último da dereita, maximizamos a presentación para ler e manexar o documento con total comodidade. Tamén permite exportar o mesmo de diferentes xeitos.
Para quen precise axuda como autodidacta para aprender a traballar coas ferramentas de Open Office aquí tedes unha páxina interesante con manuais e outros recursos.
Autor: José A. Fernández Troncoso
Grazas ós compañeiros/as da lista EDUGAL, sobre software libre, que fan chegar este tipo de información.