Pro-postas


Liñas de tempo, con Dipity

Categorías: web 2.0 - ensino - investigación

A raiz dunha sesión de formación cunha compañeira do IES de Fene sobre as dinámicas de traballo coas TIC e a súa integración na biblioteca do centro, descubrín esta xenial ferramenta para a elaboración de "liñas de tempo".

Dipity é unha aplicación interactiva da web 2.0 que nos permite recoller de forma cronolóxica unha serie de eventos que podemos construir con todos os recursos multimedia á nosa disposición: vídeo, fotografía, son, mapas, enlaces a informacións complementarias, RSS, etc., e incluso incrustálos dende outras aplicacións da Internet como Youtube, Flickr, googlemaps ou calquera que nos proporcione códigos "embed".

Conta, por suposto, con todas as posibilidades do traballo colaborativo, podendo compartirlo con quen nos apeteza para que participen na súa elaboración. Isto abre moitas posibilidades no ensino. Ademais evita que as tarefas que desenvolva o alumnado se limiten á simple incrustación do material, xa que pola súa estructura obriga a seleccionar, clasificar, cotexar e comentar cada un dos elementos creados.

Outra das ventaxas que distinguen esta ferramenta é a posibilidade de expoñer o traballo en catro posibles formatos.

A súa utilización é moi intuitiva, pese a que só funciona en inglés.

Pode ser un recurso xenial para traballos relacionados coas áreas de sociais, música, idiomas e literatura, pero tamén para desenvolver recopilacións cronolóxicas de actividades do propio centro e outras moitas posibilidades.

Enderezo: http://www.dipity.com/


Categoría: 9- Web2.0 - Publicado o 23-01-2011 01:56
# Ligazón permanente a este artigo

GALEGO, PATRIMONIO DA HUMANIDADE
 MENÚ
 ANTERIORES
 Orde cronolóxica de entradas
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal