|
|
|
|
| LibreOffice, outro paquete ofimático libre. |
|
Categorías: aplicacións, ofimática
Parece ser, según cousas que se comentan pola rede, que Open Office divideuse, e agora temos dúas ofertas moi similares de paquetes ofimáticos libres, o propio Open Office e o que vos presentamos aquí chamado LibreOffice.
De momento os dous programas son practicamente iguais, pero haberá que permanecer atentos, pois a competencia provoca avances e melloras.
Enderezo: http://es.libreoffice.org/
|
|
|
|
|
| Mapas conceptuais no ordenador |
|
Categorías: aplicación - ensino - aprendizaxe
Unha das técnicas de estudo máis utilizadas en varias etapas educativas é a de crear mapas conceptuais.
Pois ben, no espazo web de XMind ofrécennos unha aplicación para crear este tipo de gráficos que nos permitirá expoñer e organizar as ideas de xeito que poidamos ser máis eficaces.
Este editor de mapas conceptuais é de uso libre.
Podedes descargalo de aquí:
http://www.xmind.net/downloads/
Agradecementos: A María Álvarez por pasarme a información e o boletín de AMEI (Asociación mundial de educadores infantís).
|
|
|
|
|
| Balabolka. Reproduce con voz os textos escritos |
|
 Categorías: Lectura - son - texto a voz
Fai xa algún tempo que vos fixen unha aportación sobre un software que podía transformar un texto escrito en voz, e ademais sobre web... "VozMe"; pois ben, hoxe fágovos outra proposta interesante:
"Balabolka" é un programa (libre) que se instala no equipo (sobre windows) e permite básicamente facer o mesmo, pero con máis opcións de entoación e de velocidade de lectura. Permítenos ao igual que "VozMe" gardar a lectura en arquivo de son (wav, mp3, etc), pero o máis interesante e o que o diferencia de outros é que permite abrir dende o propio entorno do programa calquera arquivo nos formatos máis coñecidos (Oppen Office, word, pdf, etc), e os le directamente.
Tristemente hai que utilizar voces en inglés ou castelán, pero esta última non o fai tan mal, ou dito doutro xeito, non o fai peor que o castelán, salvo algúns sons... pero tendo en conta que é unha máquina pois que lle podemos pedir, non?.
Creo que pode ser útil en moitas aulas para o traballo autónomo coa aprendizaxe de linguas ou da propia lecto-escrita, ou para outras actividades creativas ou de axuda a discapacidades visuais.
Enderezo de descarga: http://www.cross-plus-a.com/balabolka_es.htm.
Para que o programa funcione teremos que ter instaladas as voces en castelán. Podes facelo dende o seguinte enlace (descargas un arquivo comprimido con varios executables, unha vez executados todos instala o Balabolka e xa te aparecen as voces en castelán, masculina e femenina para escoller).
Dende o mesmo enderezo da descarga tedes a opción de baixar a versión "portable". A única dificultade é que non funcionará nos equipos onde non teñamos instaladas as voces.
Agradecementos: A Miguel Barca, por presentarmo.
|
|
|
|
|
| Kit de aplicacións libres para windows |
|
No espazo que vos propoñemos hoxe temos unha ampla selección de aplicacións libres, e gratuítas, para poder cargar no equipo de traballo ou para propoñerlle aos nosos alumnos e alumnas. Dende aplicacións de navegación pola rede ata paquetes ofimáticos, de mantenemento e incluso algo de diversión.
É unha boa referencia para non perderse pola rede, sobre todo para equipar os ordenadores novos.
Grazas a José Antonio Rama por enviarme a referencia deste espazo.
Enderezo: http://download.cnet.com/8001/2701-19409_4-2-1.html?tag=nl.e415
|
|
|
|
|
| iTALC. Manual de utilización |
|
Completando a información da anterior pro-posta deixovos un enderezo para baixar en formato "pdf" o manual de utilización do programa de control de aula informatizada "iTALC" (en castelán).
Non inclue a fase de instalación polo que teredes que utilizar a wiki que xa vos comentei anteriormente.
Enderezo: http://www.juntadeandalucia.es/averroes/cga/spip.php?article133
Pro-posta feita por: Domingos García V.
|
|
|
|
|
| iTALC. Programa para o control das aulas con ordenadores. |
|
Categorías: aplicación - xestión informática - administración
Un par de bos compañeiros fixéronme onte unha demostración deste programa para o control e xestión didáctica das aulas de informática dos nosos centros educativos e quedei moi satisfeito das súas posibilidades.
Vantaxes: é software libre, permite crear diferentes aulas no programa, déixanos ter varios perfís (administrador/a, profesor/a, alumno/a), podemos ver, controlar remotamente, bloquear e enviar mensaxes aos equipos da aula, pero tamén podemos poñer todos os equipos en modo presentación, de xeito que vexan o que está a acontecer no do profesor ou en calquera que este determine. Permite tamén abrir programas e executar comandos dende o equipo principal hacia todos os equipos, e incluso apagar toda a aula.
Inconvenientes: está en inglés. A instalación é bastante sinxela pero se nos equivocamos en algún paso pode que teñamos que comenzar de novo. Non atopei manual que non fora en inglés. É diferente instalar como profesor que como alumnos, pero faise co mesmo intalador, só hai que alterar un paso. Se tedes algunha dúbida deixade un comentario nesta pro-posta e intentarei axudarvos.
De todos os xeitos hai unha wiki que nos orienta bastante ben na cuestión da instalación:
- Wiki iTALC
- Páxina principal do programa.
Agradecementos a: Pablo Nimo e Xosé Luís Barreiro por facilitarme a información e ensinarme a instalalo.
|
|
|
|
|
| Proxecto XOGAMOS? |
|
Categorías: ferramentas autor - ensino - galego
De novo unha proposta de ferramentas de autor "feito en Galicia". Os compañeiros Felo Couto, Fran Macías e Xosé Antón Vicente ofrécennos xenerosamente este material para poder crear materiais para o ensino. Na páxina web do proxecto temos a información precisa para utilizar esta aplicación (realmente é unha combinación de aplicacións) para xerar xogos e actividades.
"O proxecto XOGAMOS? posibilita aos mestres a realización sinxela dun xogo de preguntas, mesmo sen avanzados coñecementos técnicos, de programación, de internet, etc... grazas a un editor que facilita a creación de variados tipos de xogos de preguntas.
O resultado é unha aplicación en formato de xogo, mais atractivo para os alumnos.
Ao mesmo tempo que XOGAMOS? permite crear un xogo de preguntas sinxelo e configuración do aspecto gráfico do xogo, o programa non está pechado a maiores posibilidades por parte dos usuarios mais avanzados (taboleiros, movementos, sons, imaxes, vídeos, conexión a scripts de servidor, etc.), ademais de permitires compartir paquetes de preguntas e aspectos de xogos entre os mestres para adaptalos, amplialos, etc.
Entre as vantaxes que atoparemos ao realizar o noso xogo de preguntas están:
- Como ferramenta de autor, permítenos que sexa a actividade a que se adapte ao alumno/a (ou grupo) e non os alumnos á aplicación.
- O carácter lúdico do xogo aumenta a motivación dos alumnos.
- A accesibilidade é completa para todo tipo de usuarios.
- Xera un informe final co que o mestre coñece os erros do alumnado para establecer medidas de corrección axeitadas."
Enderezo: http://www.edu.xunta.es/contidos/premios/p2007/proxecto_xogamos/index.html
|
|
|
|
|
| Imaxes Interactivas. Aplicación multimedia para o profesorado |
|
Categorías: didáctica - multimedia - TIC
É un pracer e un orgullo anunciarvos a existencia desta aplicación. E teño varios motivos pero sobre todo porque os seus creadores son mestres e da terra. Noraboa polo seu traballo.
Como queira que na súa páxina teñen perfectamente explicado en que consiste póñovos un resumo da descrición que eles mesmos fan do programa. Non deixedes de ir a este espazo. Teñen exemplos de moitas das posibilidades didácticas. E o programa está xenerosamente a disposición de todos e todas os/as profesionais do ensino.
Autores: Xose Antón Vicente, Felo Couto e Fran Macías
"O programa "Imaxes Interactivas" posibilita aos mestres a realización sinxela dunha aplicación web a partires dunha imaxe, sen coñecementos técnicos, de programación, etc... grazas a un editor que facilita a creación de variadas opcións de interactividade.
Tradicionalmente esta tarefa pasaba pola creacion nun editor html dun mapa de imaxes, con "zonas quentes", ou ter coñecementos de programación, etc etc, é dicir, requírese unha formación media e uns coñecementos dun editor html do tipo Dreamweaver, NVU... que o editor de "Imaxes Interactivas" automatiza esas funcions e aporta a creación dunha imaxe interactiva en catro pasos.
Todos os mestres nalgún intre da súa laboura, traballan con imaxes: Fotografías de visitas culturais, da paisaxe, de actividades de alumnos... agora veremos as imaxes interactivas como algo diferente, máis sofisticado; pero que non deixa de ser unha faceta da imaxe dixital, que pode aportar creatividade e, sobre todo, dinamismo á hora de elaborar unha actividade apoiada na imaxe.
O resultado é unha aplicación web máis atractiva para os alumnos na que en distintas partes dunha imaxe, podemos introducir un texto, son, video ou outra imaxe.
Entre as vantaxes que atoparemos ao realizar a nosa imaxe interactiva están:
- Como ferramenta de autor, permítenos que sexa a actividade a que se adapte ao alumno/a (ou grupo) e non os alumnos á aplicación.
- O carácter lúdico da imaxe aumenta a motivación dos alumnos.
- A accesibilidade é completa para todo tipo de usuarios."
Espazo web: http://centros.edu.xunta.es/contidos/premios/p2008/a/imaxes_interactivas/index.html
Agradecementos: A Miguel Barca por pasarme a información.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|