Saíu a última versión do navegador "Firefox", e xa está dispoñible en galego.
Unha das novidades é que permite crear temas facilmente, e eu permitinme crear algúns, coa temática de fondo da reivindicación e apoio á nosa lingua, e outros, como o de Nova Escola Galega. Disculpade o atrevemento.
Para quen se decida a actualizar a versión, unha vez instalada, tedes que ir a esta páxina: http://www.getpersonas.com/es/#plus e instalar o complemento.
Logo de reiniciar o navegador xa podedes decorar o aspecto do navegador coas miles de propostas da galería.
Pro-postas está de aniversario. No mes de febreiro de 2008 empezamos a encher este espazo de referencias a materiais e recursos TIC para a escola. Gañei o contacto con xente que non coñezo pero que me escribiu ou deixou algún comentario... tamen sei polos colegas que nos coñecemos que estades a consultar de cando en vez o blog e que sacades algunha información nova e útil... pois iso xa me compensa o traballo.
Grazas a todos e todas os que me axudades con aportacións, suxestións e propostas. En especial ós meus colegas de "SITEO".
Quero presentarvos unha ferramenta moi interesante dentro do mundo da Web 2.0. Trátase de SRIBD, un programita montado sobre flash que permite facer presentacións en web a partir de practicamente calquera documento (MS Word, Oppen Office Writer, Power Point e outros)... é totalmente gratuíto e pódese optar por colgar o material de xeito público ou privado (neste caso só podería entrar quen sepa do enderezo, non aparecerá nas búsquedas nin nos listados da páxina oficial do programa). Proporciona o código para incrustar en calquera páxina web, blog ou mesmo en aulas virtuais que traballen con sistemas standar.
Podedes experimentar o seu funcionamento co directorio temático sobre a gaita que colguei nesta pro-posta, que de paso vos ofrezco por se vos serve de algo.
Cun botón da barra de ferramentas, ó último da dereita, maximizamos a presentación para ler e manexar o documento con total comodidade. Tamén permite exportar o mesmo de diferentes xeitos.
Fai 8 anos tiñamos unha cámara Samsung SDC-33, agora xa unha peza de museo. Tiña unha resolución de 640x480 pixels, moito menos que un mobil dos máis cativos de hoxe. Pero facía unhas fotos de encanto, as veces algo distorsionadas nas formas, pero de boa iluminación, para o que era a cámara.
Pois con esa máquina o meu colega e amigo Moncho (Pérez Rey) fixo estas fotos de Santiago. Non están tan mal, non?.
(Son moitas fotos polo que as veces tarda un anaco en cargar a presentación)
Preséntovos unha colección de fotos tomadas na praia de Coroso, en Ribeira. Forman parte dunha colección que irei colgando sobre moitas das praias deste Concello.
Foron tomadas como parte dun proxecto educativo que nunca chegou a bo fin, pero que gardo con lembranza daquela idea que nos ilusionou. Se alguén as quere para utilizar na escola non ten máis que pedirmas.