Son moitos os exemplos de uso con GoogleMaps no ensino, e cada vez é máis común a súa utilización polo noso alumnado. Pero GoogleMaps presenta algunhas restriccións no seu uso: non permite descargar mapas enteiros, imprimilos, corrixir camiños ou toponimias, etc.
OpenStreetMap si oferta estes servizos. Trátase dunha inciciativa aberta, mantida por miles de persoas voluntarias. Ofrece mapas e datos xeográficos gratuítos a quen os precise. Merece a pena provalo.
Podemos exportar mapas en múltiples formatos ou crear enlaces que podemos insertar no noso espazo web.
Neste vídeo, Jane McGonigal, deseñadora de video-xogos, explica a súa experiencia e teoría de como os mesmos poden contribuir á educación, e polo tanto a mellorar o futuro deste mundo.
Categoría: 4- Novas - Publicado o 31-01-2012 20:51
Outro espazo, diferente do anterior, porque propón máis ferramentas e ao mesmo tempo é máis vistoso. Permite crear personaxes e cambiarlles a expresión. Tamén permite reutilizar fondos e viñetas dun cadro cara outro, e incluso incorporar imaxes propias.
Como dificultade: hai que rexistrarse, pero a ventaxa é que podemos utilizar un correo electrónico falso, o que nos permite rexistrar aos nosos alumnos sen ter un correo real.
Destacar a posibilidade de crear libros interactivos coas viñetas.
Espazo web2.0 que permite que os/as pequenos (ed.infantil e primeiro ciclo de primaria) poidan traballar o oído e educalo para diferenciar os sons da vida cotiá e tamén os instrumentos musicais.
Ao estar integrado na web non precisamos instalar nada, só dependemos da conexión a internet.
Categorías: secundaria - wiki - traballo colaborativo
Espazo para recopilar referencias útiles para todo o profesorado de secundaria. Está construído como wiki para favorecer a colaboración de quen queira.
As áreas e materias están organizadas por etiquetas, facilitando a búsqueda dentro do propio espazo.