Comeza un novo mandato municipal
Os resultados das eleccións non foron bos e pasamos á oposición. A nosa Asemblea Local descartou participar en ningún tipo de coalición de acordo cos resultados do pasado maio. Iso non quita que sigamos traballando dende a oposición polas veciñas e veciños de acordo co noso contrato con eles: o noso programa electoral que deseña o modelo de cidade que temos no bng

para Betanzos.

Precisamente o programa e o proxecto faltou nestas tres semanas de cábalas e especulacións en torno á persoa que ocuparía a alcaldía. CxB e o PP estiveron ocupados nun mercadeo de postos, esquecendo ideas e proxectos para Betanzos. María Faraldo é a alcaldesa de Betanzos grazas ao apoio de CxB, mais moito me temo que será unha lexislatura marcada pola inestabilidade e a falta de proxectos. Máis se temos en conta que os de CxB do mesmo xeito que lle deron a Alcaldía amenazan xa cunha moción de censura.

O BNG tomou boa nota dos resultados, detectou erros propios e estamos a traballar xa para corrixilos e facer que dentro de catro anos a Alcaldía estea ao servizo da maioría social cun alcalde nacionalista. Mentres tanto, o BNG seguirá a traballar pola veciñanza todos os días durante todo o ano, como sempre fixemos.

Só me resta agradecer novamente a confianza dese importante sector da sociedade betanceira que confiou en nós e asegurarlle que o BNG seguirá a ser fiel ao contrato que asinamos con eles e elas. E agradecer tamén as vosas visitas a este punto de encontro virtual con todos vós.

Candidatura do BNG eleccións Municipais 2007
<embed src="http://widget-04.slide.com/widgets/slideticker.swf" type="application/x-shockwave-flash" quality="high" scale="noscale" salign="l" wmode="transparent" flashvars="cy=un&il=1&channel=144115188081307140&site=widget-04.slide.com" width="600" height="500" name="flashticker" align="middle"></embed>

Preme en calquera dos nomes que compoñen a lista para ampliar a foto e a información sobre os candidatos e as candidatas

Andrés Otero Botana, Xabier López López, Concepción Valladares Vázquez, Henrique del Río Otero, Mariña Longueira Gómez, Carlos Alberte Muíño Naveira, Pilar Vázquez Rodríguez, Antonio Fafián Casal, Xosé Francisco Vales Fernández, Pilar Pérez Sanjurjo, Carlos Rey Purriños, Helena Robledo Muíña, Xabier Carro Roel, Olga García Agra, Anxo Arcay Barral, Xosé Manuel Maceiras Freire, Andrés Otero Martínez, Silvia Muíño Naveira, Francisco Porto Domínguez, Gabriela Rodríguez García, Francisco José García Sanchez, Isabel Rumbo García, Fernando Andrade Fandiño, Ángel López Sanchez, María Otero García, Mercedes Guaza Molla, Desiderio Santamariña Porto.

Preme aquí e entra na galería da candidatura do BNG para as municipais

Ecuador
Pasamos xa o ecuador da campaña, o cansanzo xa se vai notando no corpo, pero a ilusión vai en aumento ao comprobar a acollida da xente nos distintos encontros nos barrios e parroquias e nos repartos pola rúa. Escoitar á xente, as súas propostas, observacións e incluso as súas críticas fai que o proxecto que representa o BNG se enriqueza. O noso é un proxecto transformador, por iso é necesario explicalo unha e outra vez para que todos os betanceiros e betanceiras poidan visualizalo e aportalle cousas.

Resulta un pouco excesivo a simple vista a presenza do candidato do PSOE en todas e cada unha das farolas de Betanzos. Nós non vamos a competir nunca, aínda que tivesemos recursos, neste tipo de extratexia de campaña, cremos que están superadas. O importante nunha cidade como a nosa é falar coa xente e facela parte deste gran futuro que está agardando por Betanzos.

Sobre a práctica do skate
Javier Saavedra preguntou:

Saudos

Envio esta petición en nome dos moitos patinadores que usamo-lo skatepark de Betanzos a diario.

Sabemos que o BNG sempre mirou pola xuventude e dende que esta no "bipartito" alugnhas cousas melloraron coma os monólogos , talleres de graffiti, malabares.... ou melloras nos locais de enaio de grupos. Pero o tema do skate esta algo aparcado dende que fai xa seis anos se instalaran catro rampiñas para acalar os que pediamos unha pista pra practicar o noso deporte sen molestar a ningén. Dende aquela todolos dias se pode atopar algén patinando , e os fins de semana moitas veces quedase pequeno. A pista e usada non só por xente de Betanzos, senon de tódolos arredores tamén.

Poreso queremos unha amliación ou construcción de unha pista en condicións. Para iso contantamos coa recoñecida empresa vasca GESTALT, feita por e para patinadores, esta empresa xa construiu parques de calidade en toda a península e esta moi recoñecida. Vendo o noso interese pasaronos un contacto para pra concretar cousas, pero nada se fara se dende o concello non hai vontade de mellora das instalacións neste aspecto.

Esperamos que se tome en consideración a nosa solicitude e esperamos unha resposta.

Moitas grazas!

Estimado Javier, estou de acordo co que dis. O do skate é un deporte urbano que ten bastante afición en Betanzos. Eu sería partidario de buscar outra ubicación na zona nova para facer unha instalación en condicións e se isto non fose posible, de momento, mellorar a que existe actualmente. Porque no BNG cremos que aquel cachiño no Carregal non é o mellor sitio para o skatepark debido ás súas reducidas dimensións.

Agradézoche a túa aportación porque no BNG estamos convencidos que é necesaria a participación dos/as veciños/as, coas súas suxerencias e críticas, para mellorar Betanzos.

Non dubides que desde onde nos toque, goberno ou oposición, iniciaremos as actuacións para que a túa idea poida facerse realidade.

Unha aperta.

Andrés Otero Botana

Xa comezou a campaña
Comezou xa a campaña electoral de xeito oficial. Espérannos días de moito traballo, de estar por todo o concello levando á xente as nosas propostas. É un traballo agotador pero tamén é gratificante ver como a xente se dirixe a ti, comenta as súas preocupacións e che desexa sorte, aínda que logo non voten por ti, por suposto. Tamén resulta especialmente raro, no meu caso é a primeira vez que son cabeza de lista, ver a túa foto colgada de farola ou pegada nas paredes. Agardamos que todo discurra, durante estos días, por cauces normais e que Betanzos sexa o gran gañador o día 27.

O noso primeiro acto de campaña vai ser o martes na Ribeira, alí agardamos dar a coñecer as nosas ideas e proxectos para a Ribeira e todo Betanzos.

Xa sabedes que podedes escribir as vosas suxestións e preguntas a contacto@bngbetanzos.org. Agradezo todas as mensaxes recibidas, tanto as preguntas coma os apoios.

O debate de Tiobre
O pasado martes tivo lugar o debate organizado pola AA.VV. San Martiño de Tiobre. Foi unha experiencia moi enriquecedora que permite ver, de primeira man, que é o que realmente preocupa á veciñanza, os problemas da súa parroquia ou do seu barrio. Tratáronse sobre todo o tema da limpeza de malezas, as antenas de telefonía móbil, sumidoiros e tamén a recente sentenza que obriga ao concello a pagar 800.000 euros a unha empresa. O único punto negro foi a ausencia do candidato socialista Manuel Lagares. Dá a impresión de que o actual alcalde lles ten medo aos veciños e veciñas. Na miña opinión, calquera que queira ter a confianza dos betanceiros e betanceiras debe ter a valentía de presentarse diante deles, tanto para expoñer as súas ideas como para recoñecer os seus erros. A política nun concello non se fai só nos despachos, é necesario estar na rúa para saber o que opinan e queren os cidadáns e cidadás.

Sobre os buses da avenida da Coruña
Lucía preguntoume:

Hola Andrés. Mira, habitualmente paseo por la zona de la circunvalación y la parte de los colegios. En la recta de los institutos muchas veces hay muchos autobuses aparcados. Las aceras quedan escondidas y cuando es denoche a oscuras, sobre todo por el invierno. ¿qué solución veis?

Querida Lucía. Tes razón no que dis, eu tamén corro por esa zona e no inverno é verdade que restan visibilidade tanto a peóns ou corredores coma aos conductores. Esta situación dáse por non haber unha estación de autobuses onde poidan aparcar estes vehículos. Nós agardamos que se constrúa canto antes a estación intermodal proxectada detrás do parque. É unha infraestructura necesaria, non tanto para o AVE que ainda tardará anos en pasar, como para os autobuses e o imprescindíbel tren de cercanias, polo que o BNG non se cansará nunca de loitar.

O debate
O pasado sábado tivo lugar un debate entre representantes das forzas políticas que se presentan a estas eleccións. Asistimos todos os candidatos á Alcaldía agás Manuel Lagares, candidato do PSOE. É unha lástima que o actual alcalde e cabeza de lista da forza máis votada nas anteriores eleccións no se dignase baixar á area e expoñer ideas e propostas ante o resto de candidatos e os cidadáns asistentes. Parece unha mostra de temor, inexplicable nunha persoa con tantos anos na política activa, e non di moito do seu aprecio por algo tan básico na democracia como presentarse diante dos veciños os proxectos do seu partido para o futuro da nosa cidade.

Respecto ao debate en si teño que dicir que para min foi unha grata experiencia e axuda a ter outra perspectiva das distintas ofertas e propostas políticas existentes en Betanzos.

O martes 8 vaise dar outro debate, organizado pola Asociación de Veciños e Veciñas San Martiño de Tiobre, agardemos que esta vez sí o candidato socialista demostre que non lles ten medo aos cidadáns e cidadás e nos permita contar coa súa presenza.

Sobre as motos do Campo
Encarna Vidal pregutoume:

Bos dias Sito, estreno a tua páxina con un comentario que está na boca de todos os Betanceiros  e parece que nadie se atreve a facer público. O tema trátase do malestar que están causando na Praza do Campo as motos todos os dias festivos e domingos, xa no respetan nada entran e saen por donde lles da a gaña, a xente maior xa non pode pasear nese espazo, ocupan media praza en teoría peatonal, os cativos corren grave perigo con todas a manobras que realizan. Onte a tardiña cruzando o paso dos soportais viña un a menos dun metro do meu fillo e accelerando para que se apartara, co cal o cativo asustouse moito. Falas con eles e che din que chames a un Municipal que tí non lles podes decir nada, saben moi ben que hai consentimento. O Venres Santo si que fun chamar a un Municipal para que vira como estaban chegando o medio e medio do campo votando ós nenos que estaban xogando o balon. Limitóuse a avisar ós que viñan chegando que se colocaran ben que ía a pasar a procesión. Esto éstase "saíndo de madre", e cando pase algo grave vaíse lamentar. Agardo que proximamente teñades mais competencias e que se inclúia O CAMPO tamén en zoa peonil e de disfrute non só dos veciños senón tamén de todos aqueles que nos queiran visitar con tranquilidade.  Para rematar só decir o gusto que me dá ver a Porta da vila convertida un paseo. Un saúdo e moitas grazas.

Querida Encarna, en primeiro lugar darche as grazas polo teu comentario neste blog que precisamente o que pretende é ser un punto de encontro cos todas e todos os veciños de Betanzos.

Estou de acordo contigo en que o aparcamento das motos na praza pode ser un grave perigo para os cativos e os maiores e hai que buscar unha fórmula que solucione este risco e non perxudique aos hosteleiros, que son os grandes beneficiados de que veñan estas motos a Betanzos. Unha posible solución sería situalos ao lado do Palco da Música, na zona pola que agora se entra para o aparcamento, frente ao Cantón. Ao cambiar a entrada esa zona xa non é necesaria e pode poñerse carga e descarga durante a semana e aparcamento para esas motos a fin de semana e festivos. É unha proposta que hai que estudiar cos técnicos pero que en principio semella a máis viable.

Grazas de novo polo teu comentario.

Cambio de sistema
Os comentarios do blog estaban a converterse en algo diferente á intención do blog. Este non é un blog para lanzar insinuacións, difamar ou especular sobre as persoas.

A cada insulto imos respostar cunha proposta. A cada difamación cunha idea. A cada provocación cunha iniciativa.

As persoas que sigan querendo preguntar cousas sobre a nosa candidatura, o noso programa, as nosas propostas e iniciativas poden seguir a facelo. Enviádeas a contacto@bngbetanzos.org. Colgarei as vosas preguntas e mais a resposta no blog como até o de agora.