Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

AS VACAS VANSE DE VIAXE
Debido ao éxito da exposición que fixemos sobre a vaca no noso ámbito, moitos centros están interesados en acoller por un tempo toda a información que recompilamos, así como ás nosas vacas de PLÁSTICA, para que poidan gozar outros alumnos de todo o traballo que entre todos fixemos con tanto cariño. Esperamos que teñan unha boa viaxe as nosas vacas viaxeiras, e grazas a todos por colaborar.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 26-09-2013 16:52
# Ligazón permanente a este artigo
NOTICIAS PARA TODOS
Atención este ano comezamos con forza, así que preparádevos. Por un lado temos o grupo dos PROXECTOS DE TEATRO, no que trataremos de facer obras de teatro que nos gusten a todos, dados os BOS RESULTADOS dos anos anteriores. Por outro lado tedes o GRUPO DE REPORTEIROS que se encargará da revista e a radio do instituto. E xa sabedes que comezan os clubs de lectura. Para fromar parte destas actividades tedes que pasar pola biblio para inscribirvos.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 26-09-2013 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
APUNTÁDEVOS!!!!!
Comezamos o curso como sempre animando ao persoal para que se apunte a nosos xa famosos CLUBS DE LECTURA este ano ofrecemos varías posibilidades para que esteades cada vez máis cómodos lendo. Tamén queremos facer partícipes os pais e nais do centro dos nosos clubs, e poñemos en marcha por primeira vez O CLUB DE ADULTOS. Pasade pola biblioteca para apuntarvos antes do día 3!!!!
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 26-09-2013 16:32
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal