Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

SETEMBRO ´09: GAÑADORES DO III CERTAME DE RECOLLA DA TRADICIÓN ORAL GALEGO-PORTUGUESA
Noraboa aos alumnos/as de 1º de bacharelato e os profesores coordinadores dos traballos realizados, Xulio González e Alberto Valverde, porque veñen de acadar o primeiro premio neste certame (1000 euros) dentro da categoría do bacharelato.
Participaron un total de 22 centros galegos e portugueses cun total de 37 traballos presentados, dos que o xurado destacou o alto nivel medio dos mesmos. O certame está organizado pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte ... nas Ondas e está patrocinado pola Secretaría Xeral de Política Linguística. Os obxectivos da organización son o de trasladar este patrimonio común aos centros educativos e o de acometer, desde eles a tarefa de rescate deste patrimonio, revalorizándoo e transmitindo ás novas xeracións galegas e portuguesas.
Dado que o tema do certame eran os "tesouros humanos vivos", os participantes debían recoller exemplos dos saberes e coñecementos de persoas ou colectivos que representasen unha mostra clara do noso patrimonio cultural inmaterial. Por isto, os nosos alumnos/as presentaron traballos relacionados coas tarefas tradicionais comunitarias (a matanza do porco), medicina tradicional e contos de transmisión oral da comarca de Os Ancares e da Montaña Luguesa trascritos e identificados segundo a clasificación establecida no catálogo tipolóxico internacional.
Enerxías empregadas en preservar os rasgos máis caraterísticos da nosa cultura que se recompensan con este recoñecemento á calidade do resultado. Grazas polo esforzo e noraboa de novo polo premio.
Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 02-09-2009 22:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal