Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A CONTA ATRÁS
Con este título preséntase o primeiro dos dous volumes da nova obra da editorial FACTORÍA K, dentro da súa colección de banda deseñada. Esta novela gráfica está baseada na catástrofe do "Prestige", pero non se fai unha referencia explícita a Muxía, á Costa da Morte ou ao petroleiro, para destacar que catástrofes así poden suceder en calquera lugar. Por esta razón, a acción sitúase na imaxinaria aldea costeira de Caldelas.
A narración transcorre cara atrás (desde o primeiro aniversario da catástrofe ata unha etapa anterior á mesma), e lonxe de querer buscar culpables ou criticar as decisións tomadas, os autores presentan aos personaxes (mariñeiros, voluntarios e políticos) como víctimas dunha situación que os sobrepasa.
Edítase simultaneamente en galego e castelán.
Comentarios (0) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 02-08-2008 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal