Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A ENCICLOPEDIA GALEGA UNIVERSAL XA EN INTERNET
A editorial Ir Indo presentou a versión electrónica da ENCICLOPEDIA GALEGA UNIVERSAL. Ten 200.000 entradas e 20.000 ilustracións, que veñen a representar os 19 volumes que a enciclopedia ocupa na súa edición en papel. Como novidade, a pàxina incorpora tradutor a castelán, inglés e portugués, e proximamente aparecerán o francés e o alemán. Ademais, incorpora o primeiro dicionario normativo electrónico, www.digalego.com, do que xa che falamos neste mesmo blog, así como material didáctico para alumnos/as e profesores/as.
Definitivamente, é unha ferramenta imprescindible para achegarnos a distintos eidos do coñecemento e da cultura en xeral dende a nosa lingua.
Comentarios (0) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 12-07-2008 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal