Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Revista A REBOLA 2012-13
Preme no enlace e poderás ler a primeira edición dixital da revista do IES de Becerreá "A REBOLA". Neste caso, fai un repaso polas actividades, acontecementos e noticias relativas ao curso 2012-13. Esperamos que sexa do voso agrado.
http://es.calameo.com/books/002519099e15a558e8e36
Enlace
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 28-06-2013 09:06
# Ligazón permanente a este artigo
SEGUNDA PARTE DO TRABALLO
No enlace que aparece na parte inferior podedes atopar a segunda parte do traballo de 4º da ESO.
Seguiremos mantendo enlaces na medida que a exposición continúe crecendo.
Vacas: sempre traballando con nós
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 07-06-2013 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
EXPOSICIÓN DO TRABALLO COLABORATIVO
Xa podedes disfrutar da exposición da vaca que tedes á entrada do edificio novo. Esta exposición é o fruto dun traballo feito entre varios Departamentos do noso centro, Equipo de Normalización Ligüística e máis a Biblioteca.
O DEPARTAMENTO DE PLÁSTICA, coa profesora Julia ao fronte, aportaron diseños de vacas en diferentes tamaños, cheos de creatividade e colorido, un traballo excepcional, no que participou a maior parte do alumnado de plástica do centro.
O DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA, no curso de 4º de P.D.C. coordinados por Xesús, aportaron un traballo sobre A VACA NA ARTE, e outro máis sobre A VACA NAS LABORES DO CAMPO,o resultado pode verse no enlace que tedes neste mesmo ártigo, tamén estará disponible no blog do IES, sección dos traballos na web.
OS DEPARTAMENTOS DE LATÍN E GREGO MÁIS RELIXIÓN investigaron sobre o Relevo de Vilarín. Catalina, profesora de Latín e Grego tamén deixó a historia da vaca Parrula, e Ramón, profesor de Relixión fixo a súa entrevista a Sandra persoa implicada na Cooperativa a Carqueixa, entrevista que pronto estará a vosa disposición en formato audio.
O DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA traballou cos alumnos de 1º e 2º da ESO, que aportaron, curiosidades,razas, nomes, refráns e anécdotas da vaca. Tamén orientaron aos lectores do centro sobre a vaca e a literatura.
A profesora Pilar Saavedra aportou una interesantísima entrevista a un gandeiro e puidemos ver distintas razas de vacas das que descoñecíamos os seus nomes.
Alumnado de varios curso fixo entrevistas a os seus país e nais sobre a ganderia na zona donde se viron reflictidos problemas, traballos, e a preocupación polo futuro da gandería.
A CÁMARA DE BECERREÁ colaborou especialmente na aportación de datos específicos e na entrevista a dous veterinarios da zona.
Debemos agradecer tamén a aportación de TERNERA GALEGA que enviou libros, folletos, e material de xeito deseinteresado.
MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS
17.000 anos de arte e vacas
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 07-06-2013 13:40
# Ligazón permanente a este artigo
RECOMENDACIÓNS

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA VERANO
BACHARELATO
LINGUA GALEGA:
Tonas de laranxa, María Lorenzo Mingués, Manuel Lorenzo Baleirón. Premio Xerais de novela 2012
A través de Uxío Oliveira, da súa cativadora avoa Aurora dos Santos, do inmigrante Amir Alfarat e da súa filla Oriana, do misteriosamente desaparecido Amaro e da curiosa peixeira Sofía Costa, e de tantos outros personaxes, os autores constrúen unha fabulación extraordinaria, que debulla os pequenos feitos que suceden na vila de Moreira. "Tonas de laranxa" bota man dunha linguaxe enormemente rica e fluída, evocadora. O resultado é unha novela de engaiolante beleza e musicalidade. O tratamento do tempo e a importancia dos reloxos dota a novela, paradoxalmente, dunha estraña e doce sensación de atemporalidade, empuxando á pracidez, á beleza e ao preciosismo.
Hora zulú, Santiago Lopo. Premio García Barros 2012.
Un home aparece ferido e nu ao pé dun acantilado. Ninguén, nin el mesmo, sabe quen é. A través dunha precisa engrenaxe de reloxería, o inexorable paso do tempo acompañaranos nunha apaixonante busca que descenderá ata os segredos mellor gardados do universo humano.
LINGUA CASTELÁ:
El misterio del cuarto amarillo. Gaston Leroux
Nel misterio do cuarto amarelo, como en todas as novelas policíacas, hai suspense, intriga e emoción. Os feitos suceden nunha estanza do castelo do Glandier: o cuarto amarelo. A porta está pechada por dentro e a única ventá que hai ten barrotes. Quen intentou asasinar a Matilde Stangerson? Como puido entrar o criminal nese cuarto? E sobre todo, como puido saír? Ese é o principal misterio co que se enfrontan a policía e o xornalista Rouletabille, cuxas sospeitas recaen sobre varios personaxes. E ese é tamén o enigma que atrae o lector dende as primeiras páxinas e lle mantén en vino ata a sorpresa final.
La sonrisa etrusca. José Luis Sampedro.
Un vello campesiño calabrés instálase na casa dun dos seus fillos, na cidade de Milán, para tratar a enfermidade que está a rematar con el. Alí descobre o seu último amor, o seu neto, un neno de trece meses chamado Bruno no que envorcará toda a súa tenrura. En Milán vive tamén a súa última paixón: a que sente por unha muller, Hortensia, que cobre coa súa luz os últimos momentos dunha vida que, no seu acabamento, pode tamén sentir a súa propia plenitude.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 06-06-2013 15:35
# Ligazón permanente a este artigo
RECOMENDACIÓNS

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA VERANO

2º ciclo

LINGUA GALEGA:
O CÓDICE DO SANTO LUGAR. Pere Tobaruela.
Ano 1086. Santiago de Compostela. Un Diego Xelmírez aínda mozo, daquela estudante da escola episcopal, está involucrado no roubo do códice do Santo Lugar. Son tempos de loitas entre árabes e cristiáns, e tamén de disputas entre os normandos e o reino de Galicia, León e Castela. Tempos convulsos e de traizóns nos que Páez, bispo de Iria, envía a Xelmírez a Toledo, sede da corte real de Afonso VI, para esclarecer un roubo que pode cambiar o curso da historia da Península Ibérica e alén dos Pireneos.
ÁS VECES QUERO MORRER COA RISA. Birgit schlieper e Nina Stahl.
Conta a historia dun rapaz ao que lle diagnostican unha enfermidade terminal. Debe elexir como xestionar o tempo que lle queda, e elexirá….o amor.

LINGUA CASTELÁ:

LAS MARAVILLAS DEL SISTEMA SOLAR. Brian Cox.
Lector, estás diante dunha obra que te achegará, como o seu título indica, a algunhas das marabillas do Sistema Solar. Baseada na miniserie de televisión da cadea BBC e escrita polo seu mesmo presentador, Brian Cox, mostra outros mundos cunha calidade e claridade excepcional. O autor realiza un gran traballo de divulgación científica no que expón diferentes fenómenos naturais, tanto incribles coma estranos.

LA ISLA DE BOWEN. César Mallorquí.
1920. Todo comezou co asasinato do mariñeiro inglés Jeremiah Perkins en Havoysund, un pequeno porto noruegués situado no Ártico, e co misterioso paquete que, antes de morrer, Perkins enviou a Lady Elisabeth Faraday. O quizais a historia empezase antes, cando se descubriron unhas estrañas reliquias no interior dunha vella cripta medieval, pois foi precisamente unha desas reliquias imposibles a causa de que o malhumorado profesor Ulises Zarco, director da sociedade geográfica SIGMA, se embarcase nunha aventura inimaxinable a bordo do Saint Michel.
Comentarios (0) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 06-06-2013 15:32
# Ligazón permanente a este artigo
RECOMENDACIÓNS

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA VERANO

1º ciclo
LINGUA GALEGA:

MI ABUELO FUE UN AGENTE SECRETO, José Montelongo.
Bonito relato de xénero detectivesco que gañou o concurso Invencións 2010. O protagonista desta historia, Jesús Galindo, comandante de axentes do Servizo Secreto nos anos corenta, era o avó do autor. Este, recreou diversos feitos a partir dunha caixa que a súa familia gardaba con documentos e fotografías do avó, ademais de revistas policíacas e recortes de prensa. A narración mestura a memoria familiar coa memoría do país.

LAS FLORES DE IRINA, Mónica Rodríguez Suárez.
Ás veces os recordos confúndense cos sonos. Iso acontécelle a Irina. Irina pinta flores. Unhas flores que nunca viu, pero que aparecen cada noite nos seus sonos, como un recordo. Cando Irina viaxa a España con Mara, a súa nova mamá, unha muller doce e cariñosa que ule ás flores que Irina pinta, comezará a botar de menos o xeo do que procede. Nunha longa viaxe polo Polo Norte, buscarán xuntas respostas ás preguntas sobre o pasado de Irina, e sobre as flores dos seus recordos.

LINGUA CASTELÁ:

A FLOR DA AUGA, Xosé Miranda e Antonio Reigosa
Este libro recolle cento vinte e un relatos lendarios nos que a auga xunto cos seres da
mitoloxía popular relacionados con ela son os protagonistas principais. A flor da auga
é a que se colle ao raiar o sol sobre a tona da auga das fontes ou do mar no amencer
do día de San Xoán, representando o renacer cíclico anual, a volta ao comezo coma se
o vello, o pasado, quedase borrado e tivésemos a oportunidade de volver a comezar.
A auga na nosa literatura popular ten consideración de ser vivo: nace, come, dorme,
anda e ata morre. Dá e quita a vida, cura, limpa, fertiliza, purifica, mais tamén afoga.

SANSÓN TROLEYRO, Enrique Vázquez Pita.
Sansón Troleyro, estudante de Medicina, posiblemente
sexa o veciño máis intelixente e espelido de Santiago en 1672. Pero ninguén recoñece a
súa agudeza. O seu señor, o colexial don Baltasar, obrígao a compoñer poemas, móeo
a couces e trátao coma un can. O bacharel Sansón tamén ten enredos coa Inquisición,
que o persegue porque disque é bisneto dunha meiga de Cangas e porque lles anda a
vender herbas da risa aos peregrinos. Os seus profesores e compañeiros téñeno por
burricán e búrlanse das súas novas teorías sobre a circulación do sangue. Pero grazas
ao seu enxeño e a novos aparellos como o microscopio gaña fama pola súa agudeza
para resolver crimes e salvar a vida de inocentes.

Comentarios (0) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 06-06-2013 15:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal