Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

RECOMENDACIÓNS PARA VERÁN

LINGUA GALEGA

Xenaro e o misterio da mochila verde. Mar Guerra. Xerais.
A Xenaro o que máis lle gusta é xogar coas palabras e ler. Tamén lle gustan os xogos de ordenador, o xadrez, os cómics, os documentais e a música...; non obstante, pode parecer un bicho raro porque tamén lle encanta facer de detective e resolver misterios dos que se producen no Universal, o seu colexio.

A lenda de Cuima e Mohan. Xan Eguia. Sotelo blanco.
Unha historia de destinos, de responsabilidades de amor e dunha elección, porque o destino é exactamente iso, elixir constantemente. Nas eleccións na selva é importante non trabucarse, xa que a tribo depende de ti e hai un tigre que asexa nas sombras ou unha serpe cuxos pesadelos anegan a luz do día.
A lenda de Cuaima e Mohan é unha novela épica, de sagas que reinventan o mito das orixes, na que o narrador enfronta os mitos como historias que sucederon ou están a piques de suceder e que se repiten nun tempo descoñecido.

LINGUA CASTELÁ

Ciudad de huérfanos. Avi. Bambú.
Mark é un neno de 13 anos que emigrou coa súa familia danesa a Nova Iork. Como outros inmigrantes traballa vendendo periódicos para axudar aos seus pais e, unha banda de rufiáns, lle amenza con pegarlle e roubarlle as súas ganancias. Ademais a situación complícase porque a súa irmá foi arrestada e xulgada por un roubo que non cometeu. Willa, unha rapaza orfa, converterase na súa fiel amiga, axudaralle a desfacerse dos rufiáns e a resolver o misterio do roubo.

Maldita Física. Carlo Fabretti. Gran Angular
Alicia sae da súa clase de Física "maldecindo" contra o seu profesor, que lle parece que está tolo. Déixase caer nun banco esgotada, e un estraño personaxe, un anano rubio, como os que hai nos contos de fadas, adivíñalle o pensamento e rétaa a seguir investigando sobre esas cousas que fan que a Física pareza máis maxia que ciencia. Así, Alicia descubrirá canto de "tolos" tiveron que estar personaxes como Arquímedes, Galileo, Newton ou Einstein á hora de explicar a realidade dende a marabillosa Física.
Comentarios (0) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 22-06-2012 09:08
# Ligazón permanente a este artigo

LINGUA GALEGA

O mundo secreto de Basilius Hoffman. O ladrón de soños. Fernando Cimadevila e Iván Valladares.
Desde esta primeira historia mergullámonos nun mundo estraño e complexo, un universo onde o profesor Hoffman —arqueólogo, historiador, lingüista e, sobre todo, explorador de mundos ocultos— serve de guía ao seu novo sobriño Peter nunha viaxe na que as lendas e os mitos de moi diferentes culturas do noso propio mundo conflúen cara a unha única e asombrosa revelación que marcará o destino da humanidade.

Illa soidade. An Alfaya. Xerais.
É unha novela iniciática que nos descobre unha vida marcada pola paixón e a soidade, con reflexións sobre a autonomía persoal e o respecto polo diferente. Afastándose de tópicos e concedéndolle voz a persoas que teñen o seu propio espazo nunha sociedade que habitualmente as silencia, a novela retrata o mundo da indixencia, da mendicidade, dos sen teito, dos esmoleiros, dos vagabundos. Cada unha destas persoas é unha illa deshabitada que vai conformando arquipélagos de soidade. Lucía procura nesta escuridade un pouco de luz para todas elas.

LINGUA CASTELÁ

El espíritu del último verano. Susana Vallejo Chavarino. Edebé.
Aparentemente todo segue igual na Casa da Árbore, a avoa de Fran esperándoo e o seu avó ocupado nas súas cousas. Se non fose pola grúa que axexa con derrubar a casa para continuar a autoestrada, parecería que o tempo non pasou. Despois dun sono, Fran sente que debe volver ao pobo, o que implica volver ao pasado, á adolescencia, a ese verán no que parece que se fixo maior e xa nada volveu ser o mesmo..

Las luces de septiembre. Carlos Ruiz Zanfón. Edebe.
Simone Sauvelle quédase viúva cos seus fillos Irene e Dorian e debe atopar traballo, aceptando ser ama de chaves do misterioso fabricante de xoguetes Jann na súa inmensa e misteriosa mansión en Francia.
Ao pouco de chegar, mentres Irene coñece a Ismael, un rapaz da localidade por quen se sente atraída, Dorian explora os arredores, e a propia Simone traba amizade con Lazarus, comezan a suceder feitos estraños e dramáticos.
Comentarios (2) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 22-06-2012 09:03
# Ligazón permanente a este artigo

LINGUA GALEGA:

O aliado inesperado. Xavier López Rodríguez
Os principais protagonistas de "O aliado inesperado" son un lobo ferido por un lazo de aceiro e un home ferido pola vida. Na novela desenvólvese unha insólita alianza contra a soidade e o medo, nunha illada aldea da montaña.

Pan de Ánimas.Xoán Abaleira
Pan de ánimas é unha ofrenda a todos os mortos: aos mortos que seguen vivos e aos vivos que existen mortos. Pan de ánimas é o son da moega que de ita o sol da moenda.
Pan de ánimas é a fariña do ollo que arela ver o seu ser. Pan de ánimas é o canto da roda que une o gran e a cinza. Pan de ánimas é un cántico á moa que ten a nada por centro. Pan de ánimas é estoutra maquía desa materia escura que chamamos poesía.


LINGUA CASTELÁ.

Ningún lugar es seguro. Deborah Ellis
Unha emotiva historia de aventuras contemporáneas. As vidas de tres mozos crúzanse durante unha viaxe de emigración ata o Reino Unido, onde esperan ter a oportunidade de empezar unha nova vida.

El club de la buena estrela. Arny Tan
Unha emocionante historia de dúas xeracións de mulleres chinesas e dos seus encontros. Catro mulleres reúnense regularmente para xogar ao mag-jong e contar historias.
A partir de aquí irán reconciliándose cos seus respectivos pasados familiares e comprendendo a inmensidade do drama humano que viven as mulleres do seu país
Comentarios (0) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 22-06-2012 08:57
# Ligazón permanente a este artigo
O ROTEIRO DE "CARTAS DE INVERNO", UN ÉXITO

Comentarios (2) - Categoría: XERAL - Publicado o 20-06-2012 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
O CLUB DE LECTURA "CO LIBRO Á TUMBA" REMATA A SÚA ETEPA NO INSTI.

Despois de catro anos e varias lecturas despois, poderíase dicir aquilo de que “isto foi todo”. Comezaron sendo o primeiro club de lectura que se constituía no centro cando cursaban 2º da ESO. Rematan en 1º de BAC, despois de varios cambios no grupo de rapazas e no que aínda permanecen varias das compoñentes orixinais. Este anos, ademais, tivemos a fortuna de contar con alumnas que chegaban doutros centros para cursar o BAC no noso insti. Comezamos catro anos atrás lendo “Tonecho de Rebordechao” e rematamos lendo “Persépole”. O comezo e a fin dun traxecto que forma parte dun camiño moito máis longo na compaña dos libros. Como coordinador, remato dicindo aquilo de que “foi un auténtico pracer e moitas grazas, rapazas”.
E para que coñezades de primeira man a súa experiencia con esta última lectura, aquí quedan reflectidas as súas opinións:
“ En xeral, o libro gustoume. A historia que conta a rapaza é realmente intrigante, real, inimaxinable e incluso moi lamentable. O personaxe que máis me gustou foi a protagonista, porque me parece valente. E non puiden evitar desprezar aos personaxes con ideas e mentalidades radicais. Penso que é un libro que merece a pena para coñecer a historia e as vivencias de persoas de lugares descoñecidos e afastados. Un saúdo.” (Almudena).
“A min paréceme que a historia que conta a autora sobre o seu pasado é moi bonita, así como a forma de expresalo neste libro, aínda que tamén me parece un relato triste. Os meus personaxes favoritos son os pais, pola forma tan valente de educar a súa filla”. (Marta).
“O que máis me gustou do libro foi a súa temática xeral, e o contexto da sociedade de Irán. Nunca lera nada sobre isto, e malia que lemos na prensa casos de ataques e abusos contra as mulleres e os seus dereitos, é interesante coñecer as aventuras dunha testemuña coma a autora do libro, alguén con ideas liberais que vive nun cárcere para a mente. O libro, en termos xerais, gustoume pero a protagonista resultoume moi pesada desde que chega á adolescencia. Tamén penso que se contradí, pois danos a entender que é sincera, loitadora e rebelde e demostra o contrario en certas ocasións, nas que desde o meu punto de vista lle falta bastante personalidade e carácter”. (Cris).
“Na miña opinión, o libro paréceme un pouco triste nalgunhas partes e a historia que conte da súa vida é moi complicada, pero parece bonita a evolución da protagonista e a súa forma de ver á xente ao seu redor, a sociedade e a política do seu país. Pola forma liberal en que os pais educaron a súa filla, estes son os meus personaxes favoritos. (Carla).
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 18-06-2012 20:41
# Ligazón permanente a este artigo
OS CONTÓFILOS E AS GAFAS DE CARLOTA

O club de lectura Os contófilos xa non pode sorprender máis!. Durante este curso este club incansable fixo traballos moi distintos das súas lecturas, e para rematar, fixeron unhas lentes da cor violeta tamaño EXTRA ao remate da lectura do libro O diario violeta de Carlota. Grazas rapaces e....AS GAFAS QUÉDANSE NA BIBLIOTECA!
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 08-06-2012 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
O IES DE BECERREÁ MIRA AOS OLLOS DA SOLIDARIDADE

Hoxe, día 8 de xuño e seguindo a iniciativa proposta por somosasi.org, profesorado e alumnado do IES deulle a volta á camiseta, lembrando dese xeito que é necesario darlle a volta ás situacións das persoas desfavorecidas.
8 de xuño día das persoas solidarias tamén no noso centro.GRAZAS A TODOS AQUELES QUE PARTICIPARON DE XEITO VOLUNTARIO.
Comentarios (6) - Categoría: XERAL - Publicado o 08-06-2012 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal