Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

TRADUCIÓN DE FEDRO

As alumnas de 2º de bacharelato de humanidades fixeron unha versión dalgunhas fábulas do autor latino Fedro para pasardes un bo verán. Pero non creades que é todo letra, tamén hai debuxos!!!, os que realizou Elena, e mira que son bons! (cando menos a nós gustáronnos, se queredes opinar ver abaixo).
Fedro versiona as fábulas do grego Esopo en latín e Vanessa, Laura, Ana e Elena fan o mesmo con Fedro pero agora en galego. É a historia da transmisión da cultura.
E tamén que non se vos olvide que Yolanda e Alberto tamén fixemos algo, aínda que non moito, só coordinalas e figurar.


Yolanda e Alberto (os profes)

PS. Iso si, agora tedes que lelas

Comentarios (0) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 22-06-2008 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
OS ALUMNOS/AS DE 1º DA ESO PRESENTAN OS TRABALLOS DO PROXECTO INTERDISCIPLINAR
Os traballos realizados polos alumnos/as, e que están expostos para que calquera os poida revisar, tratan sobre cinco temas distintos relacionados coa nosa tradición e o mundo rural, o que lles permitiu investigar e coñecer un universo aínda próximo no tempo pero xa alonxado no cultural, cando menos nalgunhas cuestións.Así, o grupo composto por Iolanda, X. Antonio, Gabriela e Rocío elaboraron un traballo sobre os OFICIOS TRADICIONAIS. O grupo de Alejandro, Claudia, Andrea, Carla e Raquel fixo o seu traballo investigando sobre a ARQUITECTURA TRADICIONAL. Fco. Javier, Alba, María e Cristina traballaron para realizar unha análise dos ENXEÑOS FLUVIAIS de uso tradicional. Sobre a investigación das TAREFAS DO CAMPO ocupáronse Javier, Juan D. Judith e Marta. Por último, o traballo correspondente ás FESTAS TRADICIONAIS foi elaborado por David, Antía, Aida e Estela. Toda a labor de investigación e elaboración dos cinco proxectos resultantes foi realizada desde a biblioteca, utilizando medios bibliográficos ou informáticos indistintamente. E todo isto coordinado pola profesora da materia.
Se nos detemos a dar un vistazo a calquera destes traballos, a verdade é que resulta imposible non felicitalos polos resultados acadados. Noraboa a todos/as!!!.
Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 12-06-2008 12:40
# Ligazón permanente a este artigo
MIRIAM GALLARDO (3º ESO) FÁLANOS DO LIBRO "O NENO DO PIXAMA A RAIAS"
Esta triste historia narra a vida de dous nenos moi diferentes que fan amizade, pese a que viven unha difícil situación. Un deles é un prisioneiro nun campo de concentración por ser xudeu. O outro e o fillo do tenente dese campo. As súas vidas son como a noite e o día, o que obriga a manter a súa relación ás agochadas.
Así transcorre un tempo sen moitos cambios, aínda que Bruno, o fillo do tenente, non sabe como é a vida no campo de concentración, pensa que xogan e o pasan ben.
Ten un final inesperado, pero paga e pena lelo. Recoméndovolo.
Comentarios (0) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 08-06-2008 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
A VIDEOTECA HISTÓRICA MEDRA!!!
Como ben sabes, esta videoteca está constituída polos vídeos e fotografías referidos, sobre todo, ás actividades colectivas que se celebran no insti (conmemoracións concretas,actos festivos, concertos, obras de teatro...). Este curso engadíronse novos vídeos e fotografías, algúns deles tan emotivos e inesquecibles como o que recolle a despedida aos alumnos e alumnas de 2º de BAC. Se queres coñecer o listado completo, revisa o apartado de biblioteca da PÁXINA WEB. Se queres facerte unha copia, visítanos na biblioteca.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 04-06-2008 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal