Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DÍA DO LIBRO CON "DON QUIJOTE"

Así conmemoramos este ano o "Día do Libro", cunha exposición de distintas edicións e formatos da novela máis universal da literatura en castelán, organizada polo equipo da biblioteca do centro.
Atópanse nela desde volúmenes ilustrados ata outros exemplares en versión cómic,aportados polo profesorado, persoal non docente e alumnado, que aparecen adornados con marcapáxinas elaborados polo alumnado de 1º da ESO nas súas clases de Debuxo.
A exposición serve tamén de ferramenta de aprendizaxe para o alumnado de Lingua Castelá e Literatura, que desenvolverá distintas actividades dirixidas polas profesoras da materia.
Preme aquí para ver as imaxes.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 04-05-2017 21:59
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal