Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2015
LETRAS GALEGAS 2015
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 28-05-2015 11:42
# Ligazón permanente a este artigo
23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO
Para conmemorar esta data, a biblioteca do centro amosou nos corredores do centro unha serie de títulos de distintos xéneros, nos que podemos estar interesados tanto alumn@s como profesores e profesoras. Cómics como "Engurras", "Máquina perplexa" ou "Eric Castle". Novelas como "O único que queda é o amor", sen esquecer o "Diario de Greg" ou unha interesante obra para adentrarse nas matemáticas desde a ficción literaria: "La sorpresa de los números". Tampouco faltaba un dos últimos éxitos comercias da novela xuvenil, "After". Anímate a ler algún!!
Categoría: XERAL - Publicado o 04-05-2015 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
20 ANOS DA REVISTA "A REBOLA" DO IES DE BECERREÁ

Cúmprense neste curso 2014/2015 20 anos da edición da revista do Instituto coa denominación que conserva ata hoxe de A REBOLA (ver fotos).
O primeiro número que se elaborou no curso 94/95 indicaba na introdución que pretendía ser a revista de todos e todas os alumnos e alumnas do instituto e nela se reflectiran as inquedanzas, esperanzas, gustos, protestas ou sentimentos.
Tratábase, e trátase, en dar a coñecer todo o que pasa no Instituto á nosa comunidade educativa dentro do centro coma fóra del.
A revista nacía da man do equipo de Normalización Lingüística e tiña como un dos seus obxectivos apoiar e impulsar o uso do noso idioma.
Por que o nome de A Rebola?
Chámase a Rebola por que esta é unha variedade do carballo propia da comarca dos Ancares cunhas características propias e, polo tanto, indentifícase con esta zona e un dos seus elementos naturais por excelencia.
Por certo, dende o segundo número da revista, do curso 96/97 houbo durnate moitos anos dentro da rebola unha sección dedicada á ecoloxía que se chamaba „As follas verdes da Rebola“.
As Entrevistas deslinguadas
Unha das sección máis exitosas da revista foron sempre estas Entrevistas deslinguadas, feitas a profesoras e profesores sempre e que conteñen preguntas bastante comprometidas tendo en conta, ademais, que despois as respostas eran comentadas pola redacción da revista (nunca se desvelou nin se desvelará quen fai os comentarios ás respostas).
CONTIDOS DA REVISTA
Crónicas das viaxes e excursións que se organizan.
Premios do Certame literario que se celebra dende hai 19 anos. Poesías e narracións.
Actividades que se fan cada curso no Instituto.
Proxectos e actividades de fomento do uso do galego.
Referencias á escritora ou escritor a quen se dedica o Día das Letras Galegas.
Artigos do alumnado e profesorado sobre algún asunto que lle interesara publicar.
Novas de acontecementos ocorridos no Instituto ou fóra.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 02-05-2015 15:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal