Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

RECOMENDACIÓNS
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 26-05-2014 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 26-05-2014 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 26-05-2014 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
RECOMENDACIÓNS
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 26-05-2014 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
AUDIO DA ENTERVISTA ÁS NAIS DO CLUB DE LECTURA
Finalizado xa o club de lectura de país/nais do noso centro, os seus fillos fixeron una pequena entrevista ás nais para saber que o que opinaban sobre o club de lectura. Este foi o resultado en audio, aínda que tamén podedes lera entrevista na revista escolar do centro que xa estamos a rematar.

CLUB DE LECTURA PAIS/ NAIS
Comentarios (1) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 22-05-2014 18:03
# Ligazón permanente a este artigo
ENTREVISTA AO GRUPO DAS RAPAZAS LECTORAS DE 1º DA ESO
Este supergrupo, está decidido a non finalizar o seu club, despois de ler "Cartas de inverno" de Agustín Fernández Paz, "Makinaria" de Carlos Negro, "A sombra cazadora" de Suso de Toro, "La vida en la puerta de la nevera" de Alice Kuipers, "Pulsaciones" de Javier Ruescas, queren continuar co libro "Marta ante o espello" y propoñen facer un exercicio de escritura sobre o monólogo interior do que tanto falamos coa obra de Carlos Negro.
Valoran o seu paso polo club como algo positivo, que aporta interese pola lectura. Repetirán sen dubidalo o ano que vén, e aínda que os libro que triunfaron foron "Pulsaciones" e "La vida en la puerta de la nevera" cren que lles achegou unha visión da lectura distinta poder comparar estilos narrativos distintos, narrativa, teatro ou poesía. O que máis descatacan foi a posibilidade de dialogar sobre os libros se sentirase presionadas a facer resumos, e traballos. Suxiren para o ano seguinte ampliar as reunión, porque nun lecer son breves, podr facelas con máis calma. (Tomamos nota)
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 22-05-2014 15:30
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIOS IES DE BECERREÁ

PREMIADOS "A PIPA DE BECERREÁ" E A COOPERATIVA "A CARQUEIXA" POLA DEFENSA DA LINGUA E CULTURA GALEGAS

Reunida a Comisión que outorga o Premio IES Becerreá á promoción da Lingua e Cultura galegas, logo de analizar as cinco candidaturas presentadas, tanto na modalidade de asociacionismo cultural como do ámbito da iniciativa privada, decidiu maioritariamente outorgar os premios á Asociación Cultural “A Pipa de Becerreá” (modalidade de asociacionismo cultural), polos 25 anos de intenso labor cultural que desenvolve na comarca a través do Certame Literario que promove desde 1990 e no que ten participado moitas xeracións de persoas da Comarca dos Ancares e de fóra dela. Tamén pola celebración de “As Noites Poéticas” desde o 1996, que trouxeron a Becerreá aos máis salientables persoeiros da cultura galega, dende Uxío Novoneira ou Manuel María, ata Manuel Rivas ou María do Cebreiro. Por estas e outras actividades, a Comisión decidiu outorgarlle o premio desta 1ª edición.
Dentro da modalidade da iniciativa privada, o premio foille concedido por maioría á Cooperativa “A Carqueixa”, con sede en San Román de Cervantes e con ámbito de actuación no resto da Comarca dos Ancares. Nesta caso, os méritos alegados foron a utilización da lingua galega en toda a súa actividade corporativa e, sobre todo, por defender un modelo de vida e produción dentro da nosa Comarca que supón a defensa e supervivencia dunha cultura propia.
A comisión valorou positivamente que as cinco candidaturas presentadas responderon á
filosofía do premio e que, noutros ámbitos distintos, todas elas demostran a existencia na Comarca dos Ancares de moitos merecentes deste Premio.
A cerimonia de entrega dos galardóns terá lugar o venres 13 de xuño, ás 12:50 horas, estando aberta a todos aqueles membros da comunidade educativa que queiran acudir.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 17-05-2014 17:33
# Ligazón permanente a este artigo
I PREMIO IES DE BECERREÁ
I PREMIO IES BECERREÁ

POLA PROMOCIÓN DA LINGUA E CULTURA GALEGAS
NA COMARCA DOS ANCARES

BASES

1. Concederanse dous premios de promoción da nosa lingua e cultura na comarca diferenciando estes dous ámbitos de actuación:
a) Persoas, asociacións, entidades ou colectivos involucrados ou que traballen directamente no labor cultural.
b) A iniciativas privadas, empresariais ou comerciais relacionadas co tecido económico, produtivo ou doutra índole desta comarca que se distingan polo uso do idioma e no apoio e dignificación da nosa cultura.
2. Para conceder os premios o xurado terá en conta os seguintes criterios:
- tarefa continuada desenvolvida en favor da promoción da lingua e cultura galegas
- actuacións concretas en favor da dignificación social da lingua e cultura galegas
- uso habitual e digno do galego nas súas actividades e nos seus servizos
- campañas de información e/ou publicitarias en galego
- contribución á galeguización de sectores de especial relevancia económica, social e cultural
O xurado poderá valorar outros méritos, que dará a coñecer, das persoas, colectivos ou entidades que se propoñan.
3. As candidaturas para o Premio poden presentarse de calquera das seguintes formas:
- Os membros do xurado poden propoñer unha ou varias.
- Calquera persoa, entidade ou colectivo poderá presentar unha ou varias candidaturas enviando ao IES de Becerreá (Castelo s/n/) ou por correo electrónico (ies.becerrea@edu.xunta.es) unha proposta que inclúa o nome e datos de contacto xunto cunha explicación das candidaturas na cal se incida no uso do galego que se fai desde a proposta candidatada.

4. O prazo para a presentación de candidaturas remata o día 14 DE MAIO DE 2014.

5. O xurado do Premio estará conformado polo director do Instituto, os compoñentes do EDL do IES de Becerreá, o representante de nais e pais do Consello Escolar e a Comisión de Alumnos/as conformada para elaborar propostas e o desenvolvemento do Premio.
6. O xurado seleccionará as entidades ou persoas premiadas tendo en conta os obxectivos e finalidade do premio, e pode optar por deixalo deserto. A súa decisión será inapelable.

7. Os premios serán entregados nun acto público ao cal se dará difusión polos medios que determine o IES de Becerreá.

8. O premio, ademais de no seu carácter simbólico, será difundido na revista A Rebola e na páxina web do IES de Becerreá así como nos outros soportes que o centro decida.
9. Quen obteña o Premio poderá mencionar na súa comunicación externa e interna a posesión deste premio.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 06-05-2014 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal