Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A SOLIDARIDADE DUN CENTRO
Un curso máis, o IES DE BECERREÁ sumouse co seu pequeno xesto de darlle a volta a unha prenda de vestir, ao día solidario proposto pola orginazión SOMOS. Durante o lecer, e como colofón aos traballos e exposicións de ONGS desenvolvidas nesta semana, o pasado venres todo o noso profesorado e o alumnado que voluntariamente quixo, participou na foto de SOMOS, manifestando deste xeito que basta facer un pequeno xesto para cambiar a nosa realidade social.
Grazas a tod@s.
Comentarios (2) - Categoría: XERAL - Publicado o 27-05-2013 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
OS GOLOSOS DAS PALABRAS REMATAN
O club de lectura "Golosos das palabras" rematan a súa temporada lectora despois de "Persépole", aínda estamos a ver a peli que imos comentando, pouco a pouco e comparándola co libro. A coordinadora de este club que re dende aquí felicitar a todos os seus compoñentes pola moi boa disposición mostrada durante todo o curso, non faltaron nin a unha reunión e aportaron moi boas ideas e comtarios sobre as lecturas. Grazas a : Tania Cantiz, Ana Castro, Xairo López, Lucía Pérez e Daniel López Silvosa.
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 27-05-2013 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
EXPOSICIÓN DAS VACAS
Proximamente expoñerase no noso centro a exposición de A vaca no noso ámbito. Neste traballo están implicados distintos departamentos colabornado coa biblioteca escolar. Latín e Grego con Relixión achegarannos á historia do relevo de Vilarín, Plástica ten un estupendo traballo de vacas moi creativas en distintos tamaños, Los alumnos de 1º e segundo de ESO elaboraron refráns, curiosidades, receitas, nomes, e máis sobre a vaca, temos a verdadeira historia de Becerreá contada por Gael, as entrevistas aos pais de alumnos que contan con gando, as fotos de distintas razas de vacas, a entrevista especial a un gandeiro por parte da profesora Pilar, a colabroarción de Sandra de la Cooperativa A carqueixa en arquivo sonoro, os traballos dos alumnos de 4º de PDC co seu profesor Xesús, que nos achegarán ao mundo da vaca dende a arte, e en segundo lugar aos apeiros de traballo coas vacas no campo, a literatura estará representada cos fondos disponiobles sobre este tema que temos na biblioteca, así como cos libros que nos enviou Ternera Galega. Así que pronto soarán moi distintos os timbres de Becerreá
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 20-05-2013 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
SÓ PARA XENTE SOLIDARIA
O próximo 24 de maio, venres, no lecer da mañá A COMUNIDADE EDUCATIVA DO IES DE BECERREÁ EN PLENO, súmase á iniciativa da campaña SOMOS, por segundo ano. LEMBRADE: todas e todos os que queirades participar tedes que poner una prenda de vestir ao revés e vir facer a foto SOLIDARIA no lecer, si vos perdedes seguide aos profesores que teñan a ropa do revés!!!!
Por certo, o profesor de Relixión e máis a biblioteca colaboraron recollendo material sobre ONGS, está exposto no punto de lectura do edificio vello. O material que está enriba da mesa pódese levar, os traballos dos alumnos NON!
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 20-05-2013 11:42
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS...! POR FIN
E dicimos por fin porque para os alumnos que participaban de 1º de ESO foi unha semana de vertixe. Ensaios de teatro ás horas de recreo e comedor, máis os seus exames e recuperacións, máis a preparación da posta en escena... buf!, ao final conseguímolo rapaces!.
Todo comezou ás 11:40, cun traballo elaborado polos alumnos de 4º de ESO no que expoñía a vida do noso escitor homenaxeado Roberto Vidal Bolaño, por certo moi ben documentado, cunha presentación moi coidada, un traballo de 10, a continuación os alumnos de 1º de ESO ( que pertencían a dous dos clubs de lectura) representaron a obra "Blancaneves e os oito rockeiros", unha pequena obra teatral que fixeron con moito xeito, por último a Contacontos Ana Carreira, fíxonos reir, pensar, e participar cos seus relatos.
Como siempre....GRACIAS A TODOS, PÚBLICO Y PARTICIPANTES, POLO VOSO COMPORTAMENTO EXEMPLAR
Tedes enlace na páxina web do centro para ver en directo e tamén tedes o dvd na biblio.
http://youtu.be/ADnZfZNwo88
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 20-05-2013 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
AÍNDA QUE NON O PAREZA
Os clubs de lectura continúan traballando e lendo, algúns xa rematando as súas últimas lecturas, como o equipo dos Chmpións da lectura, outros nos enredamos co teatro que nos enganchou, e seguimos nesa liña, os Golosos das palabras están a rematar Persépole, e temos peli para comparar, en 4º, Os anónimos tómanse con calma "El trébol de cuatro hojas", despois da súa incursión polo mundo da fotografía e da poesía, as alumnas de frances remataron coa lectura do Pequeno Nicolás e agora están a ler prensa en Francés, os alumnos de 1º seguen incansables quedando nos recreos de comedor, e por último os nosos queridos CONTÓFILOS, que intentaron unha lectura intrepetativa xenial do Achado do Castro, e comprométense para o curso que vén a representar esta divertida obra.
O mellor de todo este ano é que non só se mantiveron os alumnos en todos os grupos, algúns alumnos mesmo pertencían a dous grupos ao tempo. Moitas grazas pola vosa participación, cada vez somos máis nos clubs. Sodes xeniais!!!!!
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 20-05-2013 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal