Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ROTEIRO PARA OS PARTICIPANTES NOS CLUBES DE LECTURA
O 14 de xuño faremos un roteiro de Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz. Visitaremos Breamo e Pontedeume, os lugares onde se desenvolve a trama deste libro. Tamén, se o tempo o permite, iremos á praia de Cabanas
A saída está prevista ás 10 da mañá e a chegada contra as 8 do serán.
Comentarios (1) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 30-05-2012 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
ASÍ FOI A CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Agradecemos a participación de todos os alumnos que sen o seu esforzo e interese non sería posible levar a cabo este acto.
Tamén agradecemos a presenza de exalumnos do centro. Sempre é gratificante atoparnos de novo.
Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 23-05-2012 19:59
# Ligazón permanente a este artigo
CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O mércores 16 de maio, pola tarde celebraremos o Día das Letras Galegas con dúas actividades culturais:

- Contacontos a cargo dos alumnos de 1º e 2º da ESO. Os contos foron seleccionados de Contos por teléfono de Gianni Rodari.

- Actuación musical a cargo dos alumnos de 2º e 3º da ESO.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 14-05-2012 19:26
# Ligazón permanente a este artigo
Os clubles comentan
O club de lectura "Os Five Champións Lectores", comentan as súas opinións do libro "Nace un campión" de Úrsula Heinze.
Comentarios (6) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 10-05-2012 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DO LIBRO

Co gallo desta conmemoración realizáronse unha serie de actividades no instituto levadas a cabo polos profesores de Lingua Castelá, Ramón Vilas e Paloma Piñeiro, e os titores de primeiro ciclo da ESO:

- Presentación das actividades do Día do Libro, dirixidas ós cursos desde 1º da ESO ata 1º de BAC.

- Escolla de refráns de El Quijote e exposición de comentarios destes refráns acompañados de imaxes realizadas polos alumnos de 2º ciclo. A fotografía superior recolle a composición realizada no vestíbulo do centro con estas imaxes.

- Proxección das películas Shaquespeare in love para 4º da ESO e 1º de BAC e Gnomeo y Julieta para 1º, 2º e 3º da ESO.

- Actividade de webquest sobre El Quijote para os alumnos de primeiro ciclo.
Comentarios (2) - Categoría: XERAL - Publicado o 07-05-2012 00:57
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal