Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA VERANO
RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA VERANO
BACHARELATO

LINGUA GALEGA:
O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR. Agustín Fernández Paz
Historias coas que moitas persoas se sentirán identificadas, que compartirán sentimentos sen se coñecere, porque ao final, “ na vida o único que queda é o amor”.
DRAGAL, A HERDANZA DO DRAGÓN. Elena Gallego Abad.
Historia de entretemento e misterios, de trama sinxela, para non parar de ler.
O CLUB DA CALCETA. María Reimóndez.
Interesante novela de perspectiva feminista, seis mulleres de idades diferentes contan as súas historias.
LINGUA CASTELÁ:
POESÍA: EL MINUTO INTERIOR. Rubén Martín.
Poesía introspectiva de riqueza expresiva, ritmo eprofundidade danse a man para ofrecer ao léctor unha nova e fresca visión da poesía do século XXI.
TODO BAJO EL CIELO. Matilde Asensi.
Novela de aventuras, de lectura fácil e rápida, e que axuda a coñecer a cultura milenaria de China.
INÉS Y LA ALEGRÍA. Almudena Grandes.
Unha novela irrefreable, sobre mulleres e homes que loitaron con convicción por recuperar o seu país, sobreviviron logo no exilio e regresaron, tras a morte de Franco, a unha España descoñecida.

B.D
EL JUEGO DE LA LUNA.

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA PRIMAVERA
1º CICLO ESO
LINGUA GALEGA:
CONTOS POR PALABRAS. Águstín Fernández Paz.
No xornal tamén aparecen informacións sobre a “xente corrente”, na sección dos anuncios por palabras. Deles saen os motivos para estes oito contos.

A MIÑA PLANTA DE LARANXA LIMA. José Mouro.
Este libro é perfecto para todas as persoas que lle gustan as historias reais. A historia trata dun neno que nunca renuncia ao que desexa no Brasil das favelas.
E

LINGUA CASTELÁ:
EL PEQUÑO NICOLÁS. René Goscinny.
Narra as aventuras dun pequeno que non sabe outra cousa máis que andar metido en problemas. Divertido e entretido libro para vacacións.

BUENÍSIMO NATACHA! Luis. M. Pescetti.
Natacha e máis Pati deciden poñer un negocio na clase “ escribir notas de amor”, as situacións divertidas se sucueden en esta novela, cen por cen recomendable.

BANDA DESEÑADA
O BURATO DO INFERNO.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA VERANO
2º CICLO DE ESO

LINGUA GALEGA:

MARTA ANTE O ESPELLO. Teresa Calo Fontán.

Marta ante o espello é un monólogo teatral que aborda con crueza, non exenta de doses de ironía, a difícil situación que viven as rapazas que padecen anorexia ou bulimia, doenzas que poden chegar a provocar a perda do control das súas vidas.
SETECCENTO. Marcos Calveiro.
Novela ambientada en Venecia de 1739, intrigante e vertixinoso relato de fondo musical.


LINGUA CASTELÁ:

CAMPOS DE FRESAS. Jordi Serra I Fabra.
As drogas de deseño están tratadas nesta novela para concienciar á sociedade do verdadero e grave problema que supón.

CORRER. Jean Echenoz.
Para os deportistas do noso centro, unha novela basada na historia real do gran atleta Emil Zátopek. Atletismo e…. Algo máis.


BANDA DESEÑADA:

EL JUEGO DE LA LUNA
Comentarios (0) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 31-05-2011 12:37
# Ligazón permanente a este artigo
CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O pasado venres, no centro, descubrimos a capacidade de colaboración que o noso alumnado ten para lograr realizar un acto cultural de forma responsable. Este ano as actividades que propoñiamos para celebrar este día eran bastante complicadas na súa realización: cambios de escenario, ambientes distintos, moito movementos de alumnos, pero grazas á colaboración de tod@s, profes, alumn@s, e persoal non docente, podemos dicir que foi un agradable día de convivencia.
Comenzamos cun teatro titulado " O Lobo e as Sete Cabuxiñas Espilidas", interpretado polos magníficos actores de 1º de ESO dirixidos por dúas profesoras Mª Carmen e María, sen dúbida ningunha triunfaron, en vista dos aplausos do público. Despois continuamos coa interpretación dunha selección de textos entre os que contamos cos poemas do noso homenaxeado Lois Pereiro. E por último disfrutamos dunha pequena audición musical dos alumnos máis novos do centro.
Grazas a tod@s pola vosa colaboración e esperamos xa nosa nova cita coa música no cencerto de fin de curso que será o próximo día 9 de xuño.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 31-05-2011 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA DE JAUREGUIZAR AO NOSO CENTRO
O pasado venres día 6 de maio veunos visitar Santiago Jaureguízar. Este xornalista vasco de El Progreso veunos dar a coñecer a súa abundante obra, na cal estabamos moi interesados...!
Temos que recoñecer que a conferencia foi moi amena porque nos permitiu tratalo máis en persoa e sorprendeunos a súa proximidade ao contarnos a relación do personaxe da obra Corazón de chocolate e A coroa de Napoleón co seu pai.
Tal e como nos contou, de novo, seu pai era mestre e non podía latar nin facer nada e por iso lle otorgou a este personaxe a personalidade liberal, tanto como pai e como mestre.
Esperamos que disfrutárades tanto coma nós con estas anécdotas e agardámolo de novo.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 11-05-2011 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
PRIMITIVO MARCOS VISITA O NOSO CENTRO
O pasado venres 29, e como colofón dos actos programados para a celebración do día do libro, tivemos no noso centro o autor de Bandas Deseñadas Primitivo Marcos. Os clubs de lectura de 1º e 2º de ESO, durante o segundo trimestre, puideron aproximarse a parte da obra de este autor a través da lectura de "Aventuras no Camiño de Santiago" e as historias dos Fernández publicadas no Galimatías. Primitivo explicounos todo o proceso de elaboración dun cómic, dende a estruturación dos diálogos ata a secuenciación das imaxes nunha conferencia amena e interesante non só para os clubs de lectura, tamén para moitos alumn@s do centro que coñecen e siguen a súa obra.
Agradecemos o seu enriquecedor paso polo centro.
IMAXES DO EVENTO NA GALERÍA DE FOTOS DESTE BLOG.
Comentarios (2) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 04-05-2011 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal