Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS XORNAIS VIAXEROS
Dende Vilagarcía de Arousa, pasando por numerosos centros do noso mapa galego, chéganos a Becerreá a exposición de "Xornais do Mundo", que estará connosco unha semana, así que aproveitade para ver curiosidades do mundo enteiro, dende Asia a Marrocos pasando por París. Temos que dicir que o noso centro achega como complemento a este traballo, xornais de trinta países máis. Durante o segundo trimestre puxémonos en contacto con embaixadas de todo o mundo para que nos enviasen xornais dos seus países, e a verdade, a resposta foi moi boa, como ides poder comprobar. Así, podemos enriquecer o material que tan amablemente nos presta o IES de Arousa.
É incrible o que esta exposición nos fai ver: grafías distintas, formatos enormes, outros con tantos apartados despregables que nos custa volver a ordenar. Todo nos achega a outras culturas, a outras formas de vida, fainos reflexionar sobre o que significa a linguaxe, a vida das linguas e a liberdade de expresión.

Xunto á exposición temos un mapamundi no que podeis picar, ou sinalar; tamén hai curiosidades como alfabetos antigos moi interesantes.

Encontraredes a exposición na entrada do edificio novo, pasade canto antes, porque o venres vaise para continuar viaxando.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 08-05-2010 21:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal