Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

LETRAS GALEGAS 09: MEDRANDO COS NOSOS ALUMN@S

O pasado venres, día15 de maio, celebramos no centro o día das Letras Galegas. Como noutras ocasións, son @s alumn@s de cursos superiores, quen se encargan de realizar este acto. Este ano quixemos facer algo distinto: espertar a sensibilidade no público por medio da palabra, a imaxe e o son. O noso obxectivo consistía en ofrecer sensacións envolvidas en papeis de distintas cores. Discutimos os temas que elixiriamos para o acto, cónstame que non foi fácil descartar algúns, buscamos poemas de presentación para eses temas, analizando que se transmitía en cada un deles. Realizamos unha montaxe de diapositivas desde unha perspectiva positiva do ser humano, e comezamos o noso labor, que aseguro non foi fácil, pero para o grupo de 1º de bachalerato nada hai imposible, cun gran sentido da responsabilidade e da colaboración conseguimos emocionar a un público entregado ao acto.

” A negra terra” poema de Manuel Rivas, serviunos de comezo, cun fondo de percusión que nos prestou en directo o grupo de 4º. Continuamos con “ E soñarei” de Emma Couceiro, aquí tamén o mesmo grupo colaboraron, interpretando un tema de Luz Casal. Con “ Eu son de aquí” de Rafa Villar comezou a posta en escena de 1º de bacharelato, “ Hai un paraíso” de Luar na lubre, e “ Aquí canto” de Berrogüeto soaron con forza. O poema de Pilar Pallares “ Se mañá non teño ganas de viver”, fixo de preámbulo a unha canción que mestura os sons suaves, coa forza do rock. Continuamos con “Círculos de auga” de Alfonso Pexegueiro, nomeando os retais dunha vida. Por último “ Si”, poema de Rudyard Kipling, deu paso a unha proxección de imaxes co tema de fondo “ Non dubidaría”. E como traca final: “Os suaves”, como non!

Éste foi o último concerto d@s alumn@s de bacharelato, cada grupo de alumn@s teñen unhas características que o fan especial, neste caso, a sensibilidade que conseguiron transmitir non deixou indiferente a ninguén. GRAZAS RAPACES!

FOTOS DO CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS 09
Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 20-05-2009 21:24
# Ligazón permanente a este artigo
GAÑADORAS DO CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

Dúas alumnas de 4º da ESO, Leticia Río e Jessica Fernández, foron as creadoras dos marcapáxinas seleccionados de entre os presentados ao concuros convocado desde a biblioteca, e que se encargou de coordinar a nosa profe de debuxo, Julia (moitas grazassss). O primeiro premio foi para o elborado por Leticia, co lema "ler para soñar, ler para vivir" que aparecía na cara do marcapáxinas no que se representa a noite e o día respectivamente. O segundo foi para o marcapáxinas de Jessica, no que nos dá un consello a través do seu lema: "aprende do mundo que te rodea".
Os premios fóronlles entregados durante o concerto e recital poético conmmemorativo das Letras Galegas.
A todos os participantes, NORABOA e grazas polo esforzo.
Para gardar un recordo dos traballos presentados, temos unha imaxe dos mesmos na galería de fotos do noso blog da biblioteca.
Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 16-05-2009 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
IGUALDADE LINGÜÍSTICA PARA O GALEGO
APOIOS AO MINFESTO POLA CONVIVENCIA LINGÜÍSTICA E IGUALDADE DE DEREITOS PARA O GALEGO
Comentarios (1) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 07-05-2009 17:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal