Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

FÁBULAS NO COLEXIO DE BECERREÁ
O pasado día 26 de abril e como parte das actividades programadas para a celebración do día do libro, alumn@s de Cultura Clásica e de Latín e Grego, máis algúns espontáneos de segundo curso da ESO do IES de Becerreá, representaron no colexio as Fábulas de Esopo e de Fedro. Fixéronse dúas sesións, unha para os máis pequenos e a segunda para os cursos máis altos de primaria. A Profesora de Latín e Grego fixo unha introducción e comentarios que axudaban aos máis pequenos a entender o mundo das Fábulas.
Unha vez máis queremos agradecer ao noso alumnado as súas colaboracións neste tipo de actos.
VISITA A GALERÍA DE IMAXES PARA VER TODAS AS FOTOS DO EVENTO.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 29-04-2011 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
TRABALLO DE HAIKUS ALUMNOS DE TERCER CURSO DE ESO
Os alumnos de 3ºESO de Tecnoloxía, elaboran unha presentación virtual colgada en Internet, tomando como base os haikus creados nas clases de Lingua Galega,Castelá e Plástica por compañeiros de 3º e 4º de ESO.

Preme no enlace
HAIKU e visita na nosa GALERÍA DE FOTOS a sección dedicada ao concurso de haikus.
Comentarios (3) - Categoría: XERAL - Publicado o 28-04-2011 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO
Durante a semana do 25 ao 29 de abril, conmemoramos no centro o día do libro con diversas actividades para todo o noso alumnado. Na entrada principal do centro atoparedes un panel informativo do que nos falarán os profesores de Lingua Castelá e Literatura. A esta actividade únese a lectura de fábulas que realizarán no colexio de Becerreá @s alumn@s do centro de Cultura Clásica, Latín e Grego o día 26. Esperamos que disfrutedes destes actos.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 25-04-2011 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal