Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O CLUB DE LECTURA RELATA A SÚA EXPERIENCIA

Ola de novo! Xa deixaramos dito que pronto estariamos aquí de novo para contarvos, de primeira man, como nos foi coa primeira lectura que realizamos dentro do club do noso insti. O libro seleccionado, como xa sabedes, foi “Tonecho de Rebordechao”.
En primeiro lugar, decidimos en cantas partes dividiriamos o libro para ir lendo sen presa, para despois reunirnos todo o grupo e comentar distintas cousas da lectura feita ata ese día.
O libro, en xeral, gustounos a todas. A quen máis, foi a Iolanda, que lle pareceu que era moi real e moi bonito. A quen menos foi a Kris, xa que lle pareceu todo demasiado “bonito”. Ela preferiríao con máis intriga, con máis terror!!!
As reunións faciámolas na biblioteca, durante a hora de titoría e pasámolo moi ben. Todas comentabamos algo do libro: os personaxes, as opinións de cada unha … O personaxe que menos nos gustou en xeral foi Remixio, xa que era moi egoísta. O que máis foi o propio Tonecho, o protagonista, pola súa bondade.
Sentímonos identificadas coa historia, xa que a aldea, os costumes e os personaxes eran máis ou menos iguais ao ambiente no que nós vivimos.
Supoñemos que non tardaredes en volver a saber de nós. Agora intentaremos poñernos en contacto co autor do libro para intercambiar opinións con el, e despois comezar de novo co segundo libro. Agora toca un de misterio, como lle gustan a Kris!
Comentarios (2) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 19-04-2009 18:41
# Ligazón permanente a este artigo
LECTURAS RECOMENDADAS PARA A PRIMAVERA

Remata un novo trimestre e desde a biblioteca facemos unha lista de lecturas recomendadas por niveis (ciclos da ESO e Bac), aparecendo títulos en galego e castelán. Esperamos que o pasedes ben lendo algunha delas.

RECOMENDACIÓNS PARA O PRIMEIRO CICLO DA ESO:
Galego
- Memorias dun raposo/ Antonio Reigosa
- O centro do labirinto / Agustín Fernández Paz
- Usha / María Reimóndez
- O principiño/ Antoine de Saint-Exupéry

Castelán
- Manolito Gafotas/ Elvira Lindo (serie con distintos títulos)
- El vecino prohibido/ Xavier Bertrán
- Los secuestradores de burros/ Gerald Durrel
- El superzorro/ Roald Dahl

RECOMENDACIÓNS PARA O SEGUNDO CICLO
:
Galego
- Galván en Saor / Darío Xoán Cabana
- A merla de trapo / Antón Cortizas
- As aventuras de Tom Sawyer / Mark Twain
- Cousas / Daniel Castelao

Castelán
- Rebeldes/ Susan E. Hinton
- La ley de la calle/ Susan E. Hinton
- Caperucita en Manhattan/ Carmen Martín Gaite
- El octavo bosque/ Els Pelgram

RECOMENDACIÓNS PARA BAC E CICLO FORMATIVO
Galego
- O lapis do carpinteiro/ Manuel Rivas
- Poetízate / Fran Alonso
- O can dos Baskerville / A. Conan Doylle
- O diario de Ana Frank

Castelán
- Historias de Obaba/ Bernardo Atxaga
- La sonrisa etrusca/ Julio Sampedro
- La ciudad de las bestias/ Isabel Allende
Comentarios (0) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 05-04-2009 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal