Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CELEBRANDO A ROSALÍA

Distintas actividades foron desenvoltas no centro para conmemorar o Día de Rosalía. Por un lado, unha exposición de material bibliográfico pertencente á biblioteca do noso centro e unha selección de láminas que reflicten aspectos da súa figura como poetisa.

Ademais, isto completouse co acto que se recolle neste vídeo. Comeza amosando unha montaxe audiovisual que recolle o recitado de poemas por mulleres e nenas galegas, realizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Continúa coa exposición de catro versións musicais dun poema de Rosalía, "A xustiza pola man", nos distintos estilos de Amancio Prada, Aid, Poetarras e Nao. Segue unha animada poxa poética, coa participación de alumnado e profesorado. E remata con tres intervencións musicais, desenvoltas por alumnado de 1º de Bac: na primeira, Ángela e Alba interpretan a súa versión do poema "Negra sombra"; na segundo, un grupo de alumn@s canta "Adiós ríos, adiós fontes" e na terceira e última, este mesmo grupo acompaña a dous profesores, Ramón e Jesús, que foron as voces principais en "Campanas de Bastabales".
Aquí podes ver algunhas da imaxes da exposición e do acto.
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 19-03-2017 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Se premes aquí, poderás ver o vídeo e entender por que vestimos de negro e por que levabamos mandís ese día.
E estas son as fotos da exposción de libros, películas e cartelería reivindicativos da ingualdade de xénero.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 10-03-2017 20:07
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal