Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

27 DE MARZO
http://youtu.be/ZnBkvuIQCWY

Mensaxe de Brett Bailey para o Día Mundial do Teatro 2014

Onde queira que haxa sociedade humana, o irreprimible Espírito da Representación maniféstase.

Baixo as árbores de pequenas aldeas e sobre sofisticados escenarios en grandes metrópoles; en salóns
de actos de colexios e en campos e en templos; en suburbios, en prazas públicas, en centros cívicos e
nos subsolos das cidades, a xente reúnese en comuñón en torno aos efémeros mundos
teatrais que creamos para expresar a nosa complexidade humana, a nosa diversidade, nosa
vulnerabilidade, en carne e óso, alento e voz.

Reunímonos para chorar e para recordar; para rir e contemplar; para aprender, afirmar e imaxinar.
Para marabillarnos ante a destreza técnica, e para encarnar deuses. Para deixarnos sen respiración ante
a nosa capacidade de beleza, compaixón e monstruosidade. Imos para enchernos de enerxía e poder.
Para celebrar a riqueza das nosas diferentes culturas, e para facer desaparecer as barreiras que nos
dividen.

Onde queira que haxa sociedade humana, o irreprimible Espírito da Representación maniféstase.
Nacido da comunidade, leva postas as máscaras e vestimentas das nosas distintas tradicións.
Utiliza as nosas linguas, ritmos e xestos, e abre un espazo entre nós.

E nós, os artistas que traballamos con este antigo espírito, sentímonos impulsados a
canalizalo a través dos nosos corazóns, as nosas ideas e os nosos corpos para revelar as nosas
realidades en toda a súa cotianeidade e o seu rutilante misterio.

Pero nesta época na que tantos millóns de persoas loitan por sobrevivir, sofren baixo réximes
opresivos e o capitalismo depredador, foxen do conflito e a escaseza; na que a nosa privacidade é
invadida por servizos secretos e as nosas palabras censuradas por gobernos intrusivos; na que se
aniquilan os bosques, extermínanse especies e envelénanse os océanos: Que nos sentimos
impulsados a revelar?

Neste mundo de poder desigual, no que distintas ordes hexemónicas intentan convencernos
de que unha nación, unha raza, un xénero, unha preferencia sexual, unha relixión, unha ideoloxía, un marco
cultural é superior ao resto, realmente pódese defender a idea de que as artes deberían apartarse
das axendas sociais?

Nós, os artistas de escenarios e ágoras, conformámonos coas demandas asépticas do
mercado, ou utilizamos o poder que temos: para abrir un espazo nos corazóns e as mentes da
sociedade, para reunir xente a noso arredor, para inspirar, marabillar e informar, e para crear un
mundo de esperanza e colaboración sincera?
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 27-03-2014 15:34
# Ligazón permanente a este artigo
PREPARANDO O DÍA DO LIBRO
GRAN EXPOSICIÓN DE LIBROS NO INSTITUTO
O DÍA DO LIBRO/A MEMORIA DOS ANCARES
NOTIFICACIÓN PARA TODO O PERSOAL DO CENTRO

Queremos facer unha exposición histórica con libros de todas as épocas e estilos que se conserven nas nosas casas: dos nosos pais, avós, bisavós, tataravós. Sobre todo da comarca dos Ancares.

Serven todo tipo de libros: do ensino (os libros con que aprendían el@s), novelas, de oficios, de maquinaria , de usos agrícolas, contos, poemas, teatro, diccionarios, enciclopedias, cómics.

Debedes traelos antes do 9 de abril de 2014.

Entréganse na biblioteca. Aí faremos un inventario de control.

Identificaranse co propietario para a súa devolución rematada a exposición.
PARTICIPADE
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 27-03-2014 15:19
# Ligazón permanente a este artigo
NOVIDADES LECTORAS
O club das rapazas lectoras de 1º ESO, queren recomendar para tod@s l@s lector@s o libro de CARLOS NEGRO Penúltimas tendencias. Este é un libro de versos que rompen as costuras do silencio; un albúm secreto para todas aquelas mozas que procuran una fenda nos valos, máis alá da gaiola rosa dos contos de princesas; un diario onde unha adolescente convulsa e opaca atopa a voz que nunca tivo. Porque medrar é aprender a fuxir da ditadura dos espellos. Non agardes máis: entra nun universo onde non todo vai ser fashion & cool & chic & sexy.
Este autor está presente nos nosos clubs de lectura, analizamos Makinaria con varios dos nosos grupos, e seguimos polo seu blog os seus traballos.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 27-03-2014 15:13
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA MUNDIAL DA POESÍA
http://youtu.be/joc7r8ysjCg
Preparando datas e poemas para ABRIL.
FELIZ DÍA
Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 21-03-2014 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
SUPERLECTORES
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 21-03-2014 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
DESTACAMOS
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 21-03-2014 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
REMATA A SEMANA DA PRENSA
Rematamos as actividades da semana da prensa. Grazas a tod@s pola vosa colaboración xunto cos titores na elaboración de titulares de prensa. A participación é cada vez mellor e de máis calidade. Propmetemos fotos dos paneis.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 20-03-2014 15:16
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (4) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 20-03-2014 15:12
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (2) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 20-03-2014 15:12
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 20-03-2014 15:11
# Ligazón permanente a este artigo
CO PRINCIPIÑO A VOLTAS!!!!
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 13-03-2014 15:39
# Ligazón permanente a este artigo
RECOMENDAMOS QUE É XOVES
Segundo volume da triloxía de fantasía épica As Crónicas de Bran

"Tras a batalla de Landeiras xa non hai paz na Terra de Alba. Mentres o Dragón Vermello se apresura a cumprir o encargo do Mestre Escuro, Bran continúa a súa travesía polo Mar do Norte cara a Caledonia na procura do Navegante, o gardián dos espíritos. Môrrigan e o seu grupo non terán descanso até dar coa Porta de Annwn, nunha procura que os levará máis aló do Cabo Barbudo e do seu antigo faro, nun lugar onde agardan os segredos do alén."

As Crónicas de Bran: A Porta de Annwn
Comentarios (1) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 13-03-2014 15:38
# Ligazón permanente a este artigo
SEMANA DA PRENSA
E continuamos cas labores da semana da prensa, non esquezades deixar o voso titular nas fotos que están á entrada do IES. O tema e moi doado, atoparedes 8 fotos de actualidade informativa nos paneis da entrada, tedes que escribir un titular breve pero directo para cada foto, tedes o mataerial para escribir na mesiña pequeña. E moi importante poner o nome ao lado do titular (para posibles premios), queremos saber a vosa capacidade de síntese e cal e vosa visión da realidade. Podedes facer o exercicio en tutoría (oas titores xa están ao tanto) ou ben pola vosa conta. Ánimo e participade!!!!
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 13-03-2014 15:21
# Ligazón permanente a este artigo
RESULTADO DA MESA REDONDA
O pasado martes 11 no centro baixo o tema de "As mulleres nos Ancares" mantivemos una mesa redonda na que participaron Sandra López, da cooperativa A Carqueixa, de Cervantes, Blanca Souto, propietaria da panadería Nullán, Maruxa Bardasco, educadora social e Pilar García Carballo, que moderadas pola nosa profesora Catalina Rey, e pola alumna Sandra comentaron as súas experiencias, anécdotas, dificultades, en definitiva aportaron cas súas propias vidas unha visión que para os alumnos resultou de interese, como comprobamos todo o profesorado sorprendid@s non tanto polo seu comportamento de respecto neste tipo de actos, ao que xa estamos acostumad@s, máis polo verdadero silencio e atención que atopamos no salón de actos.
Queremos agradecer as nosas poñentes, o seu tempo, o seu esforzo, e o seu atrevemento a falar en público. Agradecemos a nosa profesora Catalina que dirixese o acto dunha forma tan amena e entrañable, guiando as participantes e dando momentos de conversa. Agradeceoms tambén a alumna Sandra ESpín a participación no acto e as súas acertadas intervencións(sospeitamos que pode ser porque entrena na liga de debate)e por último agradecemos aos profesores a súa asistencia e dinamización do acto e ao público que xa o sabedes de sempre GRAZAS.
PREME AQUÍ para ver o vídeo do evento.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 13-03-2014 15:13
# Ligazón permanente a este artigo
PARTICIPA
Do 10 ao 14 de marzo teredes a vosa disposición nos panéis da entrada do IES 6 fotografías de noticias actuáis. Se queredes participar neste proxeto debedes poner un titular a cada fotografía asinando co voso nome e grupo. O titular que consiga ser o máis real e axeitado levará un regalo que será ....DE PRENSA!!!!!!
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 06-03-2014 15:44
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal