Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OLLO CAS VACAS!!!!!!!!!
E......Seguimos traballando co noso proxecto sobre AS VACAS, temos xa moitas entrevistas cos gandeiros da zona, que fostes deixando na biblioteca, e cada un dos profes implicados están traballando sobre este tema, aínda nos queda un poquillo, recompilación de material, fotos e montaxe final, dende o equipo da biblioteca pensamos que a data para a exposición pode ser 23 de abril. Vainos quedar inmellorable, porque é un esforzo entre todos. Só nos falta ter a vaca a tamaño real!!!!!! (É broma eh!)
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 19-03-2013 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
OS ANÓNIMOS E A POESÍA
O día 21 de marzo entra a poesía cos brazos abertos no noso centro. O club de lectura dos Ánonimos iniciou ao principio de curso unha selección de poemas baixo o título "sensacións e sentimentos" para intentar fotografar a palabra, atrapando as ideas que transmitía cada poema. Aínda que non chegamos a completar o proceso e as fotos resultaron ser escasas, conseguimos elaborar unha recompilación de poemas que expoñeremos o próximo 21 na biblioteca, e que o departamento de Plástica, como todos os anos se encargará de dar cor.
Moitas grazas pola colaboración a todos. O club dos Anónimos continuará agora a súa viaxe coa lectura con outros retos
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 19-03-2013 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
SEMANA DA PRENSA
O pasado xoves invitamos a Lourdes, xornalista de Punto Radio, para que compartise connosco as actividades previstas durante a semana da prensa. Por un lado Lourdes deunos unha conferencia na que expuso o tratamento de La Noticia en prensa, radio e televisión. A continuación ofreceu un obradoiro de elaboración de noticias e análise destas para os clubs de lectura.
Durante esta semana está á vosa disposición uns paneis á entrada do centro novo onde podedes deixar A NOTICIA QUE CHE GUSTARÍA LER OU ESCOITAR EN PRENSA AO LEVANTARTE.
Como véis estamos dispostos a soñar con noticias agradables, seguro, que coa vosa colaboración o conseguiremos. Creo que xa empezan a colgar algunhas noticias nos paneis o alumnado de Francés. En breve seguiremos comentando
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 19-03-2013 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA VISITA MOI ESPERADA
Hoxe Tareixa Campo, visitou o noso centro invitada polos clubs de lectura, para conmemorar o día da muller traballadora. Tareixa compartiu connosco unha conferencia na que nos expuxo a figura da muller en distintos entornos como a arte, o cine, o teatro ou a música. Para o noso centro é un luxo recibir visitas desta calidade humana e persoal, que nos saben transmitir valores como o respecto e a igualdade. Moitas grazas como sempre ao noso alumnado que volveu demostrar o seu respecto neste tipo de actos, pero.... Hai que animarse a preguntar eh???????????
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 07-03-2013 17:16
# Ligazón permanente a este artigo
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DO TRIMESTRE
BACHARELATO
LINGUA GALEGA:
As voices baixas, Manuel Rivas.
Esta obra é unha construción de humor e dor. Unha novela da vida para chorar e rir. Quen son as voces baixas? Son as criaturas, os nenos e nenas, as mulleres que falan soas, os mortos, os animais...É a ironía a que sostén as palabras, a que terma das «voces baixas» para que non se afundan, É un libro no que se entrelazan a memoria persoal e a colectiva.

Ardalén, Miguelanxo Prado.
"Ardalén" é unha historia en torno á memoria persoal. A memoria como esencia da nosa existencia, da percepción da nosa propia vida, da nosa identidade. Pode soar filosófico pero, ao final, trátase dun puñado de seres humanos que se axudan e se fan dano uns a outros, algúns chegan a quererse e todos se aferran aos seus recordos para intentar evitar o naufraxio.
Todo OK, Diego Ameixeiras.
Tomando como base un suceso real, Todo OK relata a historia de Inés Landeira, unha muller involucrada nun delito de narcotráfico que tenta refacer a súa vida e evitar a entrada no cárcere. Narrada cun estilo sobrio e moi persoal, estamos ante unha novela que reflicte as túrbidas relacións entre uns protagonistas que loitan por sobrevivir máis alá das marxes da legalidade.
LINGUA CASTELÁ:
Mr Gwyn, Alessandro Baricco.
Jasper Gwyn é un escritor. Vive en Londres e, verosimilmente, é un home que ama a vida. De súpeto, te ganas de parar. Talvez de parar de escribir, aínda que a súa non é a crise que aflixe aos escritores sen inspiración. Jasper Gwyn parece querer cambiar de perspectiva, chegar ata o miolo de certa maxia. Sérvelle de apoio, de cómplice, de asistente, unha rapaza que vai recollendo, con rabiosa devoción, o que progresivamente vai sendo o misterio de Mr Gwyn
Tiempo de arena, Inma Chacón.
No leito de morte, María Francisca, membro dunha nobre familia de Toledo, clama desesperadamente polos seus fillos. A tensión é enorme: ninguén dos presentes coñecía que a moza tivese tido descendencia. A súa nai nega as súas palabras, pero as súas tías non deixarán de preguntarse que hai de verdade nelas.
Los ojos amarillos de los cocodrilos, Katherine Pancol.
Esta novela sucede en París, pero encontrámonos con crocodilos.
Esta novela fala de homes. E de mulleres. As mulleres que somos, as que quereriamos ser, as que nunca seremos e aquelas que quizais sexamos algún día.
Esta novela é a historia dunha mentira. Pero tamén é unha historia de amor, de amizade, de traizón, de diñeiro, de sonos.
Esta novela está chea de risas e de bágoas.

2º ciclo

LINGUA GALEGA:
O mundo secreto de Basilius Hoffman: Un faro na escuridade. Fernando Cimadevilla.
Otro libro máis de literatura fantástica? É moito máis, pero para que podas facer unha idea consulta www.basiliushoffman.com.

Cidades. Fran alonso.
"A min o que me gusta son as cidades" comeza este poemario urbano. E conta todas as caras da cidade. É unha cidade que muda de pel como unha serpe e habita en moitos mapas: do deserto ao mar.

Nubes de evolución. Andrea Maceiras Lafuente.
Sempre vai frío na estación de autobuses. Aquel frío que xea a Amanda, a rapaza de dezanove anos que traballa de limpadora, que todas as noites lle conta a Ánxela, a súa filla dun ano, todo o que alí lle aconteceu.
 LINGUA CASTELÁ:

Donde los árboles cantan. Paula Gallego.
Achégate ao mundo de Viana e Rocagrís, aos bárbaros das estepas, as lendas que se contan sobre o Gran bosque onde os árbores cantan.

El hombre invisible. H. G. Wels
Este libro móstranos as contradicións dun mozo e brillante científico que, tras longas xornadas de esgotadores experimentos, descobre a forma de facerse invisible. Non obstante, trastornado polos sufrimentos e o acoso a que se ve sometido, abandona todo escrúpulo e trata de empregar o seu descubrimento para enriquecerse e dominar, sen deterse ante a violencia e o engano.

La chica del andén de enfrente. Jorge Gómez Soto.
A historia de dous xemelgos que, en realidade, non se parecen en nada, as súas aficións e intereses son ben distintos. Os dous irmáns lévanse moi mal e só están de acordo en evitarse. Pero un día, Yolanda e Irene entrarán nas súas vidas para demostrarlles que teñen moito en común

1º ciclo
LINGUA GALEGA:

Bala perdida. Manuel Rivas.
Un libro de Piratas e aventuras que non te podes perder.
E Xoel aprendeu a voar. Marica Campo.
A historia dun neno que confía demasiado nas novas tecnoloxías, descubrirá una lección moral que non esquecerá endexamáis.
Palabras de auga. Marcos Calveiro. Premio Merlín 2012.
Un libro que fala de África dun xeito real e duro. Aínda que é un libro xuvenil, non deixa de ter un acento que só descubrirán persoas moi preparadas para pensar na realidade do mundo.
A vaca caníbal. Marilar Aleixandre.
Marilar Aleixandre constrúe un relato divertido, pero tamén crítico, no que imos asistir á aventureira vida das vacas e ao coñecemento das Vacas exemplares. Cada unha diferente das outras. Cada unha coas súas vacúas teimas propias.

LINGUA CASTELÁ:
Dark Lord. Días de instituto. Jamie Thomson.
Unha novela de humor?, Un diario xuvenil? Unha fantasía?. As aventuras dun señor Oscuro facendo os deberes do instituto. O “ diario do mal” rebosante de diversión.
Lengua de gato. José Antonio Ramírez Lozano.
Un gato que pretende atopar a sabeduría, un pescador que quere una rede de sombras, un Sultán que desexa dominar o reino do silenzo, e máis historías todas elas en Istambul, cidade máxica dos sonos…
Escritos en la corteza. Ernesto Rodríguez Abad |
«Así empezou todo, baixo a sombra dunha árbore naceron as palabras, as historias, os relatos. E a vida foi máis fantástica. Encheuse de emocións». Se abres as páxinas deste libro, encontrarás trece máxicos contos sobre as árbores. Historias de amor, morte, tenrura, incomprensión.Unha selección de mitos e lendas que os pobos do mundo atribúen ás árbores.
Comentarios (0) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 04-03-2013 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 04-03-2013 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 04-03-2013 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
Comentarios (0) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 04-03-2013 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal