Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

21 DE MARZO
Temos a todo o alumnado da ESO facendo de poetas.
Para celebrar o día mundial da poesía introducimos o HAIKU, nas aulas dende a biblioteca. Os profes de Linguas están a traballar este estilo de poesía xaponesa dende 1º a 4º de ESO, prometen facer as súas propias creacións durante esta semana, xunto co Departamento de Plástica que ilustrará algúns dos Haikus seleccionados para a ocasión e que se poden atopar na biblioteca durante esta semana.

Prometemos fotos co resultado e traballo final.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 23-03-2011 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA PRIVERA
RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA PRIMAVERA

2º CICLO

LINGUA GALEGA:


MEMORIAS DUN NENO LABREGO. Xosé Neira Vilas.

O autor conta desde a óptica dun neno -Balbino, personificación do propio novelista- a vida dun neno mergullado nun mundo pechado, nunha aldea do interior de Galicia, ata que se ve obrigado a emigrar.

PODEROSA.. Sergio Klein.

Unha rapaza de 14 anos posúe o poder de cambiar o que sucede ao seu ao redor sempre que o escriba coa man esquerda.

LINGUA CASTELÁ:

REBELDES. Susan E. Hinton.
Contado en primeira persoa polo seu protagonista, Ponyboy Curtis, un adolescente orfo que vive cos seus irmáns e sae coa súa cuadrilla de amigos, os greasers, en eterna loita cos socs, de mellor clase social .

MALA LUNA.. Rosa Huertas.

A figura de Miguel Hernández planea constantemente durante toda a obra. A vida e morte deste poeta tan ilustre vaise entrelazando cos acontecementos que van acaecendo na trama do libro. A presenza do poeta comeza debido á sospeita de que puidese existir un caderno con poesías que deixou entre as súas pertenzas pouco antes da súa morte en prisión.


B.D

O BURATO DO INFERNO. José Manuel e Ramón Trigo
Unha historia de piratas e contrabandistas en formato BANDA DESEÑADA


BACHARELATO


LINGUA GALEGA:

TRIMESTRE DEDICADO A MARINA MAYORAL:
TRISTES ARMAS: Nesta novela, a autora rende homenaxe aos nenos da Guerra que marcharon exiliados á Unión Soviética.A obra, narrada de modo realista, fai un repaso polo que significou a dura época da Guerra Civil española.
QUEN MATOU A INMACULADA SILVA : Poco despois da Guerra Civil española morren, no patio da casona da Braña en circunstancias estrañas , Inmacula de Silva , unha fermosa rapaza da alta burguesía galega, e Antón do Cañote , un maquis, considerado un héroe pola xente do pobo.
Moitos anos despois , Etel, unha descendente de Inmaculada decide ser escritora e ponse a investigar sobre ese asunto. Axúndana unha prima súa e Juancho, un rapaz do que se namora
CHAMABASE LUIS: Luis. Trinta anos. Viúvo con dous fillos. Drogodependente. Enterrado nun nicho cedido polo concello. Por que? Quizais poida atoparse algunha explicación nas diferentes voces, que desafogan en primeira persoa.

LINGUA CASTELÁ:

TARDES CON MARGUERITTE. Marie-Sabine Roger
Germain, corenta e cinco anos, case analfabeto, fillo pouco querido e escolar humillado, pasa o tempo facendo algunhas chapuzas ou cultivando no horto. Pero unha tarde, no parque, coñece a Margueritte, unha vella dama que está sentada no seu banco favorito, e descobre que comparten un mesmo pasatempo: contar paxaros.
ENCICLOPEDIA DE REBELDES: INSUMISOS Y DEMÁS REVOLUCIONARIOS. Anne Blanchard.
O mundo non lles gustou e eles revolucionárono. Escravos, soldados o simples seres humanos dixeron NON aos tiranos e opresores.
B.D.
SEN MIRAR ATRÁS. Dani Montero. V Premio Castelao de Banda Deseñada.

1º CICLO

LINGUA GALEGA:

ÁS DE MOSCA PARA ANXO. Fina Casaldarrey.
Outra xoia narrativa de Fina,conta a historia de Estela unha pequena co problemas para integrarse na clase.
E XOEL APRENDEU A VOAR..Marcia Campo.
Xoel é un neno abúlico que prefire estar diante do ordenador ca ir xogar cos amigos. A súa vida cambiará dunha maneira progresiva na obra grazas a unha persoa anónima que parece saber todo del..

LINGUA CASTELÁ

EL GRAN GIGANTE BONACHÓN. Roald Dahl.
Sofía é unha nena orfa, que unha noite desde a habitación do orfelinato observa como un gran xigante dedícase a mirar polas xanelas das casas do pobo ata que se decata de que a nena o observa. O gran xigante introduciu o seu manaza na habitación e, con delicadeza tomou a Sofía levándolla consigo ao país dos xigantes. Afortunadamente para Sofía, o seu raptor resultou ser un xigante atípico no mundo dos xigantes onde os nenos eran un prato exquisito.
MALDITAS MATEMÁTICAS. Fabretti , Carlo.
Neste libro, a maior aventura para Alicia, e para todos os lectores, será descubrir que as matemáticas non só son útiles, senón tamén divertidas.
B.D.
AVENTURAS NO CAMIÑO DE SANTIAGO. Primitivo Marcos.
Comentarios (0) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 23-03-2011 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
O CLUB DE 1º DA ESO COMENTA A SÚA LECTURA
No ano 1996 o debuxante e guionista galego Primitivo Marcos, creou unha serie de aventuras que relataban a peregrinaxe a Santiago dunha familia do século XIII: a serie, debuxada con estilo realista, conta a historia desta viaxe centrándose no punto de vista dun neno e una nena que viven a aventura coma unha aventura iniciática. Por outra banda, a serie non só fai un relato das diferentes etapas do Camiño, senón que trata de amosarnos o estilo de vida da Idade media.
Na actualidade, Primitivo está traballando na segunda parte de “Aventura no Camiño de Santiago” e compaxina o seu traballo de debuxante e creador de tebeos co de profesor de inglés no Instituto de Secundaria María Sarmiento de Viveiro, cidade na que vive dende 1992.

Comentarios (8) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 10-03-2011 15:38
# Ligazón permanente a este artigo
PARTICIPACIÓN NO CONCURSO EPISTOLAR ORGANIZADO POR CORREOS

Tod@s @s alumnos de primeiro e segundo de ESO participaron o pasado mes de Febreiro, no concurso epistolar "Imaxina que é unha árbore nun bosque",redactando unha carta na que contaban dende a perspectiva dunha árbore, distintas sensacións e inquietudes. A tod@s os concursantes lles desexamos moita sorte e grazas pola súa participación.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 05-03-2011 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal