Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS CLUBS COMENTAN AS SÚAS LECTURAS (V)
Aquí atoparás as impresións dos/as compoñentes do club de lectura en INGLÉS sobre esta primeira experiencia do "reading club".

TÍTULO: THE GHOST OF THE GREEN LADY"
AUTOR: CAROLINE STEVENS
EDITORIAL: BURTLINGTON BOOKS
CLUB: BOOKS TO POWER
Comentarios (3) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 24-03-2010 15:23
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Con motivo da celebración do día mundial da poesía, durante esta semana desenvolveremos na biblioteca a actividade "Poemas das pequenas cousas". Esperamos a túa visita
"Hai dúas clases de persoas.
Os que viven, xogan e morren.
E os que se manteñen en equilibrio na aresta da vida.
Os poetas. E os funámbulos. "
MAXENCE FERMINE
Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 21-03-2010 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
O NOSO ALUMNADO VÓLCASE NOS ACTOS DO DÍA 8 DE MARZO.

Con motivo da conmemoración do Día da Muller, desde o equipo da biblioteca e coa colaboración dos departamentos de: Lingua Castelá, Lingua Galega, Latín e Grego e o departamento de Matemáticas, preparamos un acto no que o alumnado puido comprender de forma documentada por que se conmemora o día 8 de marzo como día da muller.
Comezamos cunha breve exposición que titulamos "Un pouco de historia", comentando a orixe deste día. A continuación presentamos o libro de Rosa Montero, "Historia de Mulleres", para seguir coa presentación das "Mulleres Loitadoras e Emprendedoras en Galicia", concluíndo cunha viaxe á figura feminina na Grecia antiga. Todo iso nun ambiente de atención e respecto ao que os nosos alumnos nos teñen afeitos neste tipo de actos.
Debemos agradecer unha vez máis a colaboración e implicación dos distintos departamentos do noso centro, así como o acollemento que ten este tipo de actos na comunidade educativa.
PREME AQUÍ PARA VER AS FOTOS.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 14-03-2010 14:30
# Ligazón permanente a este artigo
OS MAÍS VALORADOS DO SEGUNDO TRIMESTRE
OS LIBROS MÁIS LIDOS POLOS NOSOS LECTORES DURANTE O SEGUNDO TRIEMESTRE DE CURSO, FORON:

A BANDA SEN FUTURO, DE MARILAR ALEIXANDER.

AGOSTO DO 36, DE XOSÉ FERNÁNDEZ FERREIRO.

CARTAS DE INVIERNO DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ.

EL SÍNDROME DE MOZART, DE GONZALO MOURE.
Comentarios (0) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 14-03-2010 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
CARTEL 8 DE MARZO

FELIZ DÍA PARA TOD@S.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 09-03-2010 20:08
# Ligazón permanente a este artigo
CLUB DE LECTURA EN INGLÉS
Hai unhas semanas, quedou constituído o primeiro "reading club" do insti, estando formado por sete alumnas de 3º da ESO, dous profesores (entre eles a coordinadora do grupo) e Iszara, a nosa profesora auxiliar inglesa para este curso.
O libro escollido para esta primeira lectura é o titulado "THE GHOST OF THE GREEN LADY" (de intriga e misterio), adaptado ao nivel do alumnado e aos seus gustos e intereses. Durante a primeira reunión desenvolta para comentar a lectura dos sete primeiros capítulos (dun total de 11) quedou claro que o libro estaba resultando moi atractivo e interesante para todos, aínda que tamén quedou constancia de que a timidez é maior cando tes que intervir en inglés diante dun grupo de xente. Seguramente, isto non será o que aconteza en reunións futuras, cando todos esteamos máis confiados.
Non obstante, e visto o entusiasmo dos participantes, todo parece indicar que este non vai ser o último libro que se lea en inglés e que a vida deste novo "reading club" será longa. Só queremos que no futuro aparezan alumnos/as e profes que queiran unirse a este ou ben formar outro novo. Merece a pena, e se aínda o dubidades, preguntádelles ás vosas compañeiras deste club. Animádevos.
Comentarios (2) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 03-03-2010 14:12
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal