Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

SEIS DE CADA DEZ GALEGOS/AS NON LERON LIBROS NO ÚLTIMO ANO!!!
Algo vai mal se resulta que o 60 por cento dos galegos non leu ningún libro nos últimos doce meses. Isto é o que se reflicte nun informe que analiza os hábitos culturais e de ocio dos galeg@s, onde se indica que son as mulleres quen len máis libros (o 46% leu algún libro, fronte ao 36% de homes), e asisten en maior número que os varóns a concertos, teatro, cine, museos, exposicións, etc. Os homes, pola contra, prestan moita mais atención aos espectáculos ou eventos deportivos. Tamén hai relación entre o hábito lector e o nivel de ingresos: a maiores niveis salariais, maior índice de lectura.
Respecto as diferenzas entre as cidades e as zonas rurais, a carencia de equipamentos culturais e ofertas nos núcleos menores de 10.000 habitantes fai que estes consuman moita menos cultura. O que máis destaca é un elevado consumo televisivo, que coincide coa da poboación de máis idade nas áreas urbanas. En canto á asistencia ao cinema, se nas áreas urbanas é dun 40%, cae a pouco máis do 10% nos núcleos rurais.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 27-03-2009 20:48
# Ligazón permanente a este artigo
TEATRO EN INGLÉS
Monday, 16 February 2009
1st Show: Robin Hood from 14:50 to 15:50, for 1st, 2nd and 3rd of ESO students.

2nd Show: Teenage Kicks from 16:30 to 17:30, for 4th of ESO, 1st of BAC & 2nd of BAC students.


O 16 de febreiro do 2009 o grupo de teatro británico Clever Pants representou no noso Instituto dúas obras cómicas tituladas Robin Hood e Teenage Kicks. Colin Reed, Francesca Binefa e Scott Besgrove déronnos toda unha lección teatral de interpretación e efectos especiais. Robin Hood, Marion Jones e o Shériff de Nottingham non semellaban as personaxes típicas da coñecida historia do home que roubaba para darlle aos pobres, senón que máis ben, este Robin Hood parecía moito máis vencellado aos tempos actuais, pois estaba ao corrente do que acontece coa xente famosa do século XXI.

Por outra banda, Teenage Kicks desatou máis dunha risada polo divertido que poden chegar a ser os prexuízos na etapa da adolescencia. Tanto a forma como vai un vestido e acicalado, como a capacidade para relacionarse co sexo oposto xogan un papel moi importante no éxito dun adolescente. Se o rapaz quere triunfar vai ter que despregar todas as súas técnicas para conquistar á rapaza, ou, se cadra resulta máis ben ao revés?

En liñas xerais, as dúas representacións resultaron doadas, aínda que ao principio custou un pouquiño acostumarse ao acento dos actores procedentes de Inglaterra. Grazas á súa capacidade expresiva, ao vestiario, aos efectos especiais e ao feito de que o público fora parte da acción; o alumnado e o profesorado puideron gozar dunha tarde teatral chea de risas, inglés, e moita comunicación e entendemento empregando unha lingua allea.

(Preme en FOTOS DA REPRESENTACIÓN -debaixo dereita- para ver unha selección de imaxes de como foi todo.

FOTOS DA REPRESENTACIÓN DE "ROBIN HOOD"
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 10-03-2009 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
3º ESO (PDC) OPINA SOBRE "LA CIUDAD DE LAS BESTIAS"
Se premes sobre "comentarios" (na parte inferior do artigo), poderás ver un resumo e a opinión de cada un dos alumnos/a de 3ºESO-PDC sobre esta novela de Isabel Allende. Se tamén ti liches o libro, anímate e deixanos a túa opinión.
Comentarios (15) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 04-03-2009 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
SE XA TES 14 ANOS, DEBERÍAS LER ISTO. E SE AÍNDA NON OS CUMPRICHES, TAMÉN.
Preme aquí para ler de que vai isto. Trae unhas gráficas interesantes e recóllense opinións e comentarios para todos os gustos ao final do artigo.Proba a comparalos coas túas ideas sobre a cuestión.
Comentarios (0) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 01-03-2009 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal