Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

MESA REDONDA 8 DE MARZO
O día 11 de marzo celbreraremos no centro unha mesa redonda na que mulleres da comarca darán a coñecer os aspectos máis salientables do seu desenvolvemento persoal e laboral.
O acto terá lugar as 12 no salón de actos do IES DE BECERREÁ.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 27-02-2014 17:51
# Ligazón permanente a este artigo
Traballos sobre o entroido en Galicia
Aquí tedes una mostra dos traballos que alumnos de 1º e 2º da ESO están desenvolvendo sobre o entroido. MOI BEN FEITO.
http://issuu.com/bibliobece/docs/o_entroido_en_galicia.pptxENTROIDO

ENTROIDO
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 27-02-2014 17:34
# Ligazón permanente a este artigo
ACTOS DO DÍA DE ROSALÍA
O pasado luns, 24 de febrero como xa sabedes, celebramos o día de Rosalía de Castro no noso centro. Puidemos ver aos alumnos de 1º e 2º de ESO, como cada ano melloran nas súas recitacións sobre poemas, este ano a competición foi tal que o xurado composto por profesorado de ESO e BAC decidiu dar tres premios e cinco accésit. Todos os alumnos participantes foron agasallados co un caravel e un diploma de participación e máis os gañadores do concurso que levaron equipamento cara á primaveira (camisetas, mochilas e gorras).
No concurso de releto e poema estes foron os gañadores:

Nivel I
Primeiro premio
" A princesa Zoela". Relato de Celia Pardo Calderón. 1º ESO
Segundo premio
"Unha visita na noite". Relato de Silvia López Soto 2º ESO
Nivel II
Primeiro premio
"Os espellos". Relato de Miriam Carreras Lozano. 4º ESO
Segundo premio
"A casa abandonada". Diego Marcos López. 4º ESO

ACCESIT EN PARTICIPACIÓN DE POESÍA
Candela Fernández Roldán 4º ESO. Nivel II
María Fiallega Pérez. 1º ESO. Nivel I

Os relatos e poemas poderanse ler na revista do centro.

Moitas grazas a todo o público polo seu respecto aos compañeiros e ao acto, é sempre una garantía para seguir facendo actos como este.
E ....GRAZAS AS PRESENTADORAS MÁIS SALEROSAS DO IES, MARÍA E SILVIA!!!!!!!!
PREME AQUÍ para ver imaxes do acto. Podes conseguir copia destas e outras na nosa biblio.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 26-02-2014 12:46
# Ligazón permanente a este artigo
OS CLUBS RECOMENDAN
"Pulsaciones" de Francesc Miralles, un libro na liña de "La vida en la puerta de la nevera" de Alice Kuipers, en canto a súa forma de escribir aínda que o relato que narra é ben distinto. "pulsaciones" e o libro elixido polas alumnas do club de 3º da ESO, para ler durante este trimestre.
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 20-02-2014 17:57
# Ligazón permanente a este artigo
24 FEBREIRO! UN GRAN DÍA
Xa están preparadas as actividades do día 24 de febrero. Os concursantes cos nervios a flor de pel, e o xurado lendo as vosas poesías e relatos. Esperamos que disfrutedes dun día no que a figura de Rosalía estará visitando o noso centro. Non faltedes LUNS 24 as 12:30 no salón de actos.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 20-02-2014 17:50
# Ligazón permanente a este artigo
OS CLUBS RECOMENDAN
Croquetas y wasasps. Begoña Oro

Para quen queira facer preguntas interesantes , como a protagonista do libro Clara. Xusto cando está ao borde da piscina. E pode facelo, ou ben tapar as orellas cas mans e non escoitar.
Un chaparrón de sentimentos ao que se enfrenta alguén cando quere ser feliz.

Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 13-02-2014 15:33
# Ligazón permanente a este artigo
POR CERTO!!!
O LIBRO "CORASONS" está no punto de lectura do edificio novo, e pódese levar en préstamo,é incluso recomendable levar en préstamo.
Enlace por si.....para saber máis ......CORASONS
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 13-02-2014 15:24
# Ligazón permanente a este artigo
O colectivo CoraSons volve a reunirse para celebrar novos concertos nas cidades de Santiago de Compostela e Vigo, o 12 e o 13 de febreiro, respectivamente, en vésperas do día dos namorados. Foi precisamente un 14 de febreiro, hai dous anos, cando os primeiros integrantes desta singular iniciativa transfronteiriza -encabezada por Uxía- reuníronse por primera vez na Casa das Crechas cun repertorio de cancións clásicas nas que o corazón era o fío condutor, na mesma liña dunha orixinal exposición de fotografías da portuguesa Isabel Leal.
Máis de 40 músicos e intérpretes de Galicia, Portugal, Brasil, Mozambique e Angola acabaron sumándose a esta xuntanza arredor da “terra da fraternidade” e da cultura galego-lusófona que derivou na gravación dun documental dirixido por Paco Abelleira e e na publicación dun libro-cd-dvd distribuído por KALANDRAKA en toda a Península. António Zambujo, João Afonso, Quiné Teles, Luanda Cozetti e Norton Daiello, Aline Frazão, Serginho Salles ou Pierre Aderne son algunhas das figuras internacionais que uniron as súas voces ás de artistas galegos como Najla Shami, Xoán Curiel, Carlos Blanco, Tatán Cunha ou Magín Blanco, e ás melodías de Xosé Manuel Budiño, Pablo Vidal ou Sérgio Tannus, entre outros.

O Teatro Principal de Santiago acollerá o primeiro concerto, esteo mércores día 12 ás 21:00 horas, con entradas á venda na tenda A Reixa e na billeteira do Teatro. En Vigo celebrarase no Auditorio Municipal o xoves día 13 á mesma hora, coas entradas dispoñibles a través de Servinova e na taquilla do Auditorio.
Alén do sentido romántico, CoraSons trata sobre a afectividade, os sentimentos, as emocións, a amizade, e reivindica latexarmos unidos: “Músicas quentes para tempos xélidos, corazón-coraza para tempos incertos”.

Dende a presentación deste traballo o pasado mes de decembro, o colectivo CoraSons protagonizou un gran concerto na Illa de Arousa e outras actuacións en Pontevedra, A Coruña e Santiago. As fotos de Isabel Leal volveron expoñerse na Casa das Crechas e tamén na libraría Papa-Livros de Porto. Precisamente, este venres 14 de febreiro o documental CoraSons proxectarase no ESPACIO KALANDRAKA de Madrid, situado no Barrio das Letras.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 13-02-2014 15:16
# Ligazón permanente a este artigo
ATENCIÓN
Últimos días para participar no concurso de relatos e poesía do centro. Tedes as bases do concurso nas aulas, neste blog, na biblioteca....ánimo e a participar que este ano temos dous categorías para que podades dar saída ao voso talento en calquera das idades e grupos, ESO ou BAC. Esperamos as vosas obras literarias na biblioteca, si tedes dúbidas podedes preguntar aos profesores de Lingua ou na biblioteca.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 13-02-2014 15:09
# Ligazón permanente a este artigo
RECOMENDACIÓNS DOS XOVES
Recomendamos o libro "La increíble historia de... la abuela gánster"
David Walliams, si queredes pasar un rato agradable e divertido.

RESEÑA
Humor y aventuras de la mano del autor número 1 en Inglatera
¿Quieres conocer a la abuela de Ben?
Seguro que te parecerá la típica abuelita de manual:
-tiene el pelo blanco,
-lleva dentadura postiza,
-guarda su pañuelo en la manga de la blusa...

Y algo más...
¡es una ladrona de joyas perseguida a nivel internacional!

«Diversión pura.» Daily Express
«Una pequeña joya que aúna el humor con un mensaje realmente emotivo.» Daily Mail

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 06-02-2014 16:09
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DA PAZ
O pasado venres celebramos no noso centro o DÍA DA PAZ, deixando na árbore da solidaridade as manifestacións de paz e non violencia en forma de palabras e paxaros que fomos colgando pouco a pouco. Pola súa parte, o grupo de 1º da ESO no seu blog PIZZICATOS colgaron frases, palabras, poemas, imaxes sobre o día da paz, e RADIO PIZZICATOS fixo un programa de radio moi especial.
E seguimos preparando os actos para o día de Rosalía de Castro el 24 de febreiro, xa sabedes que temos un concurso de declamación poética de gran calidade e darase a coñecer os gañadores do concurso PALABRAS
Ánimo e a participar.
Se queres ver as fotos do traballo realizado, preme aquí.
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 06-02-2014 15:51
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal