Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CLUB DE LECTURA DO IES BECERREÁ

Bota a andar o primeiro club de lectura do IES Becerreá. Somos sete compoñentes: Marta, Iolanda, Antía, Claudia, Aida, Cristina e Alba (todas de 2º de ESO), e decidimos que a lectura inicial na andaina deste novo club sería a de “TONECHO DE REBORDECHAO”. Comezaremos á volta do Entroido e reunirémonos cada dúas semanas aproximadamente, para poñer en común cuestións relacionadas coa lectura que vaiamos facendo, xunto co profesor que coordina este club. Teredes noticias periódicas da nosa marcha, así que estade atentos/as ao apartado do club de lectura que se atopa en "SECCIÓNS" do blog (na parte superior da columna da esquerda). E ide pensando en sumarvos a esta experiencia para próximas ocasións. Esperámosvos!
Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 21-02-2009 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal