Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ENTREGA DOS ALIMENTOS DA CAMAPAÑA DE NADAL
O pasado mércores 18, entregamos ao Banco de Alimentos de Lugo, toda a recadación que conseguimos recoller durante a nosa campaña de Nadal, que levamos a cabo en colaboración co colexio San Xoán e co Concello de Becerreá. Na entrega participaron o alumnado de 2º de ESO, que repartiu o peso dos alimentos e os trasladaron ao vehículo que os viña a recoller en forma de cadea humana.
Agradecemos a toda a comunidade educativa a resposta solidaria, así como aos cidadáns de Becerreá que subiron ao centro a entregar os seus alimentos de forma anónima, e ao colexio, que como sempre participa connosco e nos axuda en todo o posible, esta vez recollendo alimentos tamén no seu centro.
PREME AQUÍ se queres ver as imaxes desta entrega.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 19-12-2013 17:54
# Ligazón permanente a este artigo
A RADIO DOS PIZZICATOS
http://pizzicatos.listen2myradio.com
Os alumnos de 1º ESO ofrecen a súa radio para que todo o centro poda disfrutar das noticias do noso entorno. As retransmisións serán nas horas de lecer ou ben durante os mércores de 3:40 a 4:30.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 18-12-2013 13:31
# Ligazón permanente a este artigo
RECOMENDACIÓN LECTORA DOS XOVES
Falta pouco para as datas de Nadal, e os titores repartirán as recomendacións lectoras que esperamos sexan do voso interese, xa sabedes que están na biblioteca e pódense sacar para disfrutar da lectura nas vacacións de Nadal. As recomendacións lectoras tamén están colgadas nesta páxina.
E agora para esta última semana chea de exámenes:
Pan de ánimas. Xoán Abaleira. Poesía para alumnos de Bac.
Las piernas de Amaidú. Teatro solidario para 1º ESO.
A punta de pistola. Fran Alonso. Novela de ritmo trepidante para 4º ESO
Veleno tinto. Ramón Carredano Cobas Misterio para alumnas de 3º ESO
Proxecto pomba dourada. Miguel Vázquez Freire. Para os detectives de 2ª

Comentarios (0) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 12-12-2013 15:37
# Ligazón permanente a este artigo
FALTA POUCO
O día 18 entregaremos ao Banco de alimentos de Lugo o resultado da nosa campaña de recollida de alimentos. Queremos agradecer a toda nosa comunidade educativa a participación na campaña así como a todas aquelas persoas de Becerreá que de forma anónima colaboran achegando alimentos ao centro. Lembrade, a campaña remato o 18 e todavía temos que facer un último esforzó para que esas caixas estén a rebosar!!!!
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 12-12-2013 15:21
# Ligazón permanente a este artigo
ÁRBORE DOS DEREITOS HUMANOS
Xunto á árbore de Nadal temos unha árbore nova, un pouco máis sinxela, sen máis adornos que palabras, poemas, imaxes, frases, sobre os DEREITOS HUMANOS, cada quen pode manifestar con liberdade de expresión o Dereito Humano que escolla. Xa temos moitas frases solidadrias e aínda esperamos moitas máis.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 12-12-2013 13:12
# Ligazón permanente a este artigo
LENDAS


Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO, non esta pechado, é una pequena recopilación das lendas máis cercanas a nós.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 10-12-2013 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
NOVO BLOG EDNL
Para consultar as actividades máis cercanas a nós tedes a vosa disposición o novo blog do Equipo de Normalización do centro http://ednlbecerrea.blogspot.com.es/. Entra na páxina e mira!
Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 10-12-2013 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
NELSON MANDELA
O mundo chora a morte de Nelson Mandela deixamos enlaces:
http://www.eltiempo.com/mundo/africa/ARTICULO-WEB-NEW_NOTA_INTERIOR-13264465.html
http://www.que.es/ultimas-noticias/internacionales/201312061054-muere-nelson-mandela-sudafrica-llora.html
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2013/06/28/muere-expresidente-sudafricano-nelson-mandela/00031372441787953523822.htm

Un documento:
http://youtu.be/5jDOuqoM3Ww

UNA FRASE:

“Una nación no debe juzgarse por cómo trata a sus ciudadanos con mejor posición, sino por cómo trata a los que tienen poco o nada”

E unha canción:

http://youtu.be/FrsnwXFKk84

E tamén traducido:
http://youtu.be/wiwBunv8QTY
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 09-12-2013 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
10 DE DECEMBRO
Mañá 10 de decombro conmemoramos no centro o DIA DOS DERITOS HUMANOS. Na entrada do edificio e xunto ao punto do banco de alimentos veredes unha árbore e seguro que vos váis a preguntar que nova idea se nos a acontecido agora, pués moi sinxelo, esa árbore simboliza os dereitos humanos, algo con vida e que queremos imaxinar con boas raíces, necesitamos que a saúde da árbore non se perda, así que podedes expresar como sentides vós os dereitos humanos, colgando da árbore unha foto, unha frase, un poema, un pensamiento...lo que mellor exprese a vosa idea, podedes traer de casa o material, imprimir na biblioteca como sempre, ou utilizar o material que tedes ao lado da árbore.
Ánimo e a participar
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 09-12-2013 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
CAMPAÑA RECOLLIDA DE ALIMENTOS
No centro vimos a desenvolver a campaña solidaria de recollida de alimentos xunto coa colaboración do colexio, para o banco de alimentos de Lugo http://bancodealimentoslugo.org/wp/, pedimos a vosa colaboración achegando ao punto de recollida que temos na entrada do edificio principal: arroz, azucre, pasta ou legumes, principalmente. Sabemos da vosa xenerosidade e estamos seguros que a participación pola vosa parte será moi boa. Grazas a todos.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 09-12-2013 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
NADAL
Comentarios (0) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 03-12-2013 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal