Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL

O rastro que deixamos
Agustín Fernández Paz.

Coma se fosen as pedriñas coas que Hansel marcaba os seus pasos pola espesura do bosque, O rastro que deixamos reúne por vez primeira traballos dados a coñecer por Agustín Fernández Paz en diferentes medios e contextos ao longo do tempo, así como outros que permanecían inéditos. Neles, o autor aborda un regueiro de episodios fundamentais na súa vida, retallos da memoria que nos permiten achegarnos á ética e mais á poética do escritor.
O pintor do sombreiro de malvas
Marcos Calveiro. Xerais

Unha homenaxe a Van Gogh no que o lector pode pasear da man do pintor por una cidade “París”, e descubrir as sensacións dun xenio. “Porque é difícil ser diferente, porque a soidade avanza e resinte, porque nada pode facer a amizade cando hai demasiada dor”.

Cometas en el cielo
KhaledHosseini

Sobre o marco de fondo dun Afganistán respectuoso das súas ricas tradicións ancestrais, a vida en Kabul durante o inverno de 1975 desenvólvese con toda a intensidade. A puxanza e o colorido dunha cidade confiada no seu futuro e ignorante de que se aveciña un dos períodos máis cruentos e tenebrosos que padeceron os milenarios pobos que a habitan. Esta novela é a conmovedora historia de dous pais e dous fillos, da súa amizade e de como a casualidade pode converterse nun fio inesperado do noso destino.

El jardín olvidado
Kate Morton

Conmovedora historia de memorias, amor, intriga e segredos de familia. Unha magnífica historia difícil de esquecer.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 10-12-2012 13:08
# Ligazón permanente a este artigo

Leonel
Antón Cortizas Amado

Leonel, narra a historia de Miguel, un xove estudiante que se despraza a aldea dos avós para pasar o verán estudiando o que suspendera.

A punta de pistola
Fran Alonso

A punta de pistola unha novela dun ritmo trepidante seguro que engancha dende o primer minuto
Juan Farias
Os Corredoiras

Para lectores que gusten da novela sinsela e de bo gusto, co toques de tenrura.

Eskoria
Alfredo Gómez Cerdá

Nas paredes do seu cuarto non hai fotos de futbolistas. No seu equipo de música non soan cantantes clónicos nin ritmos prefabricados. Nos seus estantes non se acumulan medallas deportivas. No seu armario non gardaroupa de marca, confeccionada seguindo a última moda. En clase escoita e toma apuntamentos... É motivo abondo para chamalo eskoria?
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 10-12-2012 12:55
# Ligazón permanente a este artigo

Chamádeme Simbad
Francisco Castro


Para lectores que teñan unha sensebilidade a flor de pel. A historia dun pequeno que disfraza a desmemoria do seu avó.
Unha lectura moi recomendable

De como o Santo dos croques se fai peregrino
Pepe Carballude

Para xente divertida que guste de ler lecturas co chispa e atractivas. Un canto a la naturaleza a arte
Algunos niños, tres perros y más cosas
Juan Farias
As nove historias reunidas neste libro descobren os pensamentos e as emocións dos nenos; a súa visión do mundo e das cousas que os rodean. Achégate a este libro para coñecer todos os seus contos
El monstruo de Frankenstein
Forges, Alfonso Azpiri

Un novo monstro de Frankenstein cobra vida, pero esta vez algún chispazo descontrolado volveuno respondón e cantante de boleros.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 10-12-2012 12:42
# Ligazón permanente a este artigo
Recomendacións lectoras
Atent@s lectores do centro, dentrom de pouco colgaremos no blog as recomendacións lectoras de nadal, e como todolos anos tamén as tereis dispoñibles no formato TEXTO, @s titores repartirán as recomendacións cos boletines coma sempre.
Xa sabedes que todos os títulos recomendados están a vosa disposición na biblioteca e que durante Nadal pódense levar para disfrutar da súa lectura.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 03-12-2012 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
Texto gañador do concurso " Tirando pedras contra o tellado da violencia
MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A violencia contra a muller é unha das grandes batallas todavía por gañar na sociedade moderna, a cal non pode entenderse sen o deporte, que comezou a forxarse con ela nos albores da Revolución Industrial, e lle imprime a esta moitas das súas características.

Tampouco o deporte está ao marxe dos tempos, e por iso, sofre e reflicte os bens e a carencias de cada época, de cada civilización.

A violencia de xénero, a falta de igualdade entre o home e a muller, están presentes tanto no deporte como na sociedade actuais. Clubes, deportistas, federacións e gobernos temos na loita pola igualdade da muller un reto e un ámbito no que aportar cousas grandes á sociedade en que vivimos.

Cando no século IXX, en plena Revolución Industrial, en Inglaterra, comenza a forxarse a sociedade moderna, a actividade física e os xogos se transforman para entrar a formar parte dela en forma de deporte.

O deporte aporta a sociedade valores que as institucións educativas recoñecen pronto como propios, e o deporte ve luz e crece no ámbito académico.

Pero tamén o deporte, nun proceso coñecido como institucionalización, recolle rasgos da sociedade, que conforman hoxe a súa singular personalidade.

Coa necesidade de estandarizar o xogo para poder competir en condicións de igualdade nacen os regulamentos. Do afán de superarse e competir contra un mesmo e contra os outros nacen os clubes, as ligas, as marcas, as federacións e as federacións internacionais. En definitiva nace o deporte, que empeza a formar parte dun mundo cada vez máis internacional e máis global.

Pero daquela a muller non estaba. Tampouco existía fóra do ámbito da casa. Nin no traballo, nin na rúa de compras, nin nas urnas.

Ao longo do século XX a muller adquiriu dereito a voto, comezou a frecuentar as rúas e os comercios, estudou na universidade, comezou a facer deporte e acudiu aos Xogos Olímpicos.

Ben entrado o século XXI, a 25 de novembro de 2021, as mulleres xa puxemos a bandeira nos catorce oitomiles, incluídos os do deporte. Pero todavía NON participamos en condicións de igualdade.

EN PRIMERIO LUGAR PORQUE SOMOS MENOS. Non fai falta contar.
O aspecto cuantitativo é tamén importante. Lugo ten DEZ PORTAS, que teñen que estar abertas á incorporación de máis mulleres en todas as modalidades deportivas.
As nenas e as mozas nos colexios e nos institutos, non teñen as mesmas oportunidades para incorporarse a equipos e a ligas que os seus coetáneos do outro xénero.
O acceso ao deporte non é igual, nin as as nenas e mozas teñen a mesma oferta, nin están motivadas da mesma maneira. MOI ESPECIALMENTE NO RURAL, onde o índice de participación de nenas en actividades deportivas atópase a ras de chan, e prácticamente morre cando chegan a adolescencia.

EN SEGUNDO LUGAR PORQUE O DEPORTE ASOCIOUSE TRADICIONALMENTE CON ROLES MASCULINOS. Sen embargo, trátase dunha batalla que case está en parte superada porque o esforzo físico, a competitividade e a estética do deportista son roles tradicionalmente masculinos, pero cada vez menos.

EN TERCEIRO LUGAR PORQUE É FÓRA DAS CONDUTAS MERAMENTE DEPORTIVAS onde se aprecia violencia de xénero no ámbito do deporte.
A muller no deporte non só resta un saque, remata de cabeza, corre ou nada. É no ámbito das relacións persoais e sociais onde A VIOLENCIA DE XÉNERO atopa o seu resquicio para entrar dende outros ámbitos da sociedade ao ámbito do deporte. É fóra das condutas deportivas onde hai que estar alerta, porque a persoa que exerce a violencia de xénero o fai sentíndose protexido/a e autorizado/a baixo a coraza dunha herdanza cultural machista.

Podemos enorgullecernos de que O DEPORTE vai por diante na sociedade, no recoñecemento do esforzo e o mérito especial que ten a participación da muller nas distintas actividades físicas. Os deportistas homes teñen unha sensibilidade especial para valorar ás mulleres que facemos deporte, porque, como practicantes eles mesmos, viven e coñecen as dificultades engadidas que temos, incluidas as enormes diferenzas de condición física.

Temos que enorgullecernos porque o deporte de Lugo MIMA E PRESTA UN TRATO DE ESPECIAL AGARIMO AS MULLERES que practicamos deporte.

A nosa muralla, seña de identidade de Lugo, e do deporte na nosa cidade, ten que pecharse a todos os que, moitas veces cheos de razón e respaldados por un legado cultural vergoñoso, exercen calquera tipo de violencia contra a muller.

As DEZ PORTAS da muralla e do deporte teñen que abrirse especialmente ás mozas, ás nenas e ás mulleres cando son vítimas dunha agresión de xénero.

O deporte de Lugo ten que continuar sendo un exemplo para outros ámbitos da sociedade. Ten que continuar abrindo as súas DEZ PORTAS á estética feminina; a incorporación de valores tradicionalmente femininos no ámbito do deporte; ten que continuar abríndolle as portas á muller que se esforza, que compite e que quere superarse.

O DEPORTE DE LUGO RECHAZA A VIOLENCIA DE XÉNERO E PECHA ÁS DEZ PORTAS A CALQUERA MANIFESTACIÓN DESTA

Autora: Fernanda Follana Neira Profesora de Educación Física do IEs DE BECERREÁ
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 03-12-2012 11:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal