Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

LECTURAS PARA NADAL

No vestíbulo do Instituto decorouse unha estantería para destacar as recomendacións de lectura para Nadal. Suxerimos para cada ciclo catro libros: dous en galego e dous en castelán. Calquera dos libros está a disposición dos socios da biblioteca. Estas recomendación son:

Para 1º ciclo da ESO:
- A pantasma telefónica de Xabier A. Barreiro Liz. Agora sabían o modo de localizar o fantasma e poderían intentar illala. Pero algo non ía ben, pois a mensaxe da pantasma foi collendo forma de novo no móbil e no ordenador de Xulia...
- O pazo baleiro de Xavier P. Do Campo. Nicolás está fascinado polo traballo do seu tío Delio, un reparador de vellos reloxos que vive nun vagón de tren abandonado. Nun deses reloxos está o principio dunha emocionante investigación.
- La sombra sobre el banco de piedra de María Gripe. A autora, galardonada no 1973 co Premio Andersen, considerado como o nobel infantil complementa o fío argumental coa intriga e o misterio, que tamén unha vez máis fan que non poidamos deixar de ler o libro ata rematalo.
- Las aventuras del pequeño Nicolás de René Goscinny. O pequeno Nicolás comeza as súas vacacións na praia, para despois ir a un campamento de verán. Sucederanse aventuras fabulosas en que os adultos, que á fin e ao cabo non comprenden nada, formarán parte sen querer.

Para 2º ciclo da ESO
- Veleno tinto de Ramón Carredano Cobas. Novela de intriga, tecida sobre unha coidadosa reconstrución histórica da vida e das intrigas políticas da Galicia do século XIV, que supón, ademais, a consolidación do personaxe literario de frei Samuel.
- Pepa a loba de Carlos G. Reigosa. Relato baseado nesta bandoleira galega, personaxe situado entre a realidade e o mito da Galicia do século XIX. A pobreza e a inxustiza conseguiron que se lanzase ao monte amedrentando e castigando aos señores da zona.
- El cielo está en cualquier lugar de Jandy Nelson. Un canto ao amor e un retrato da perda dun ser querido a partes iguais, sincero en todo momento, ás veces divertido e no fondo inesquecible.
- Un mundo para Julius de Alfredo Bryce Echenique. Obra entenrecedora que nos fala das desigualdades sociais; a visión dun pequeno Julius fainos reflexionar sobre os valores da vida

Para Bacharelato:
- O máis estraño de Manuel Rivas: unha recompilación de relatos breves.
- O recendo das mimosas de Agustín Agra: tamén é un libro de relatos de temática variada
- La ladrona de libros de Markus Zusak: novela ambientada na Segunda Guerra Mundial
que describe as peripecias dunha nena alemá que se afecciona a ler e así distráse dos bombardeos. Este libro estivo 105 semanas na lista dos mellores bestsellers para rapaces do New York Times
- Crónica de una muerte anunciada de Gabriel García Márquez. Unha das obras máis coñecidas e apreciadas deste autor, é unha novela curta publicada en 1981, que relata un asasinato en forma de reconstrución case xornalística.

Anímadevos e aproveitade o Nadal para mergullarvos nalgún deste mundos sen saír da casa.
Comentarios (0) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 15-12-2011 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS
63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.

Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.

Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.

E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"

* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.

Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 12-12-2011 10:59
# Ligazón permanente a este artigo
MOCHILAS VIAXEIRAS

Esta é unha iniciativa para fomentar a lectura nas familias dos alumnos de 1º ciclo da ESO. Cada alumno leva a mochila para casa e a devolve ós 15 días. Hai tres mochilas en cada grupo que van rotando.
Cada mochila contén:
- Un libro de narrativa dirixido ós pais como pode ser Tristes armas de Marina Mayoral ou Que me queres amor de Manuel Rivas.
- Un exemplar de National Geografic.
- Un comic dirixido ó alumno.
- Un película como Pradolongo ou Billy Elliot.
No caso de que se queira utilizar algún dos elementos da mochila máis alá dos 15 días, pódese facer utilizando o servizo de préstamo da Biblioteca.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 09-12-2011 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal