Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

E CON TODOS NÓS... ¡A MASCOTA DA BIBLIOTECA!
PREME AQUÍ para ver imaxes da selección da mascota.O resto das mascotas podes atopalas na "galería de fotos" deste blog (columna da esquerda).
Aínda que levou tempo, por fin temos unha mascota que representa á nosa biblioteca.
Todo comezou o ano pasado coa colaboración da profe de plástica que propuxo aos seus alumn@s elaborar uns bosquexos para o concurso de mascotas, por problemas de tempo non puidemos dar a coñecer os dibuxos ata comenzos deste trimestre. Os bosquexos que concursaban estiveron expostos na biblioteca durante o mes de novembro, todos os deseños estaban numerados e pedimos aos nosos alumnos e profesores ( aínda que estes foron os máis demorados) que votasen de forma secreta o dibuxo que máis lles gustaba para ser a nosa mascota. O reconto de votos final realizárono o día 22 de decembro, dúas alumnas de 2º de Bac, Miriam e Antía. A gañadora coa súa peculiar mascota do "Gato Lector" foi Carla Rodríguez Orol, parabén! e grazas a tod@s @s participantes polo seu esforzo e interese.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 23-12-2010 15:43
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIOS DO CERTAME DE RELATO BREVE DO NADAL 2010.
PREME AQUÍ PARA VER AS IMAXES DA ENTREGA DE PREMIOS ÁS CONCURSANTES.

O pasado 22 de decembro demos a coñecer o resultado do II Certame de contos de Nadal. Nun ambiente inmellorable, entre chocolatada, roscóns, concerto e antigos alumnos do centro que se unían como sempre ás nosas actividades, entregamos os premios ás nosas escritoras (todas pequenas!).
O primeiro premio foi para: Laura Pardeiro de 1º de Bac, cun conto titulado "Destino París", e que sorprendeu o xurado pola súa composición sinxela e unha idea ben elaborada.
O segundo premio foi para: María Fontal de 4º de ESO, polo seu traballo " Un agasallo moi especial", a fanatasía e a humanidade danse a man neste relato.
O terceiro premio foi para: Leticia Río López, "Dafne", porque soubo transmitir a esencia dos valores da educación no seu conto.
Tamén tivemos accesits para:
Silvia Gómez Gómez de 2º de Bac
Andrea Digón Arias, de 4º de ESO, a gañadora do ano pasado.
Claudia Berdeal, de 4º de ESO.
Yolanda Carballo, de 3º de ESO.
Sandra Espín, de 3º de ESO.
Queremos agradecer tamén ás profesoras: Paloma, de Lingua Castelá, Manoli, de Lingua Galega, Yolanda, de Inglés, e ao profe Fernando, de Educación Física, que formasen parte deste acto e do xurado, porque entre todos fixemos un día distinto no centro. GRAZAS.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 23-12-2010 15:40
# Ligazón permanente a este artigo
OS DEREITOS HUMANOS DESDE O NOSO INSTI

Ao noso xeito, cos nosos medios, axudados polos nosos especialistas en imaxe e medios de comunicación, ofrecémosvos o resultado dun traballo que se iniciou en Novembro con alumnos de segundo de ESO. Esperamos que sirva para recordar o que hoxe celebramos.
Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 09-12-2010 19:50
# Ligazón permanente a este artigo
A VOLTAS COA MASCOTA DA NOSA BIBLIOTECA
Necesitamos que os usuarios da biblioteca pasen de novo estes días, dende o venres 10 de decembro ao 17, para volver votar unha mascota que represente a bibloteca. Coáronsenos algúns debuxos que non presentaramos como candidatos e non nos parecía xusto que non puidesen participar, así que optamos por facer de novo o concurso, se vos parece ben temos aínda uns días antes do 22 que como sabedes daremos a coñecer o resultado tanto deste concurso como o dos contos de nadal. Baixade de novo polo mundo do saber (a biblioteca) para volver facer as votacións.
Grazas
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 09-12-2010 18:50
# Ligazón permanente a este artigo
RECOMENDACIÓNS PARA NADAL

1º CICLO DE ESO


LINGUA GALEGA:

Cazaría salvaxe. Agustín Agra.
Un vello violinista conta as andanzas de wotan, o demo negro e as actuacións que Ricardo Ferreiro levou a cabo para liberar as seus conveciños das temibles gadoupas do Señor do Inframundo e os seus feros cadelos.

Dúas bágoas por Máquina. Fina Casaldarrey.
Coma sempre, Fina, xa amiga do noso insti, retrata perfectamente unha situación social a través dos protagonistas da súa novela. Xusta, unha nena desperta e maís o seu can Máquina.

LINGUA CASTELÁ:

El guardador de secretos. Jorge Eslava.
Florentino é un avó de 97 anos un pouco tolo, é un pouco cocho, aínda que moi sabio e divertido. Os seus netos pensan que é un bruxo, por iso métense ás agachadas no seu escritorio, que sempre está pechado. Alí descubrirán marabillas que lles deixasen alucinados.

Cuentos en verso para niños perversos. Roald Dahl.
Tremendamente divertido. O "xogo" consiste en tomar os contos clásicos: Caperucita, Cincenta, os tres cerditos…. e facerlles unha adaptación acorde cos tempos, cambiando o final e destruíndo os mitos infantís tales como o malvado lobo ou a cándida Blancaneves. Para entreter o tempo dunha forma original e divertida

2º CICLO


LINGUA GALEGA:
A COVA DAS VACAS MORTAS. Jaureguizar.
As primeiras declaracións do autor sobre a obra foron:
"Xoel, o protagonista da novela, deberá enfrontarse coa crueza da vida, a fascinación do amor e, nomeadamente, coas consecuencias de comprometerse participando ou sendo espectador cando agroma a barbarie colectiva. A cova das vacas mortas é unha novela sobre a asunción de responsabilidades, propias e colectivas”.
IRMÁN DO VENTO. M. Lourenzo González“
É a historia de Khaled, un rapaz dunha apartada aldea do Iraq que, coma outro rapaz calquera, ten unha familia, ten amigos, unha casa, unha vida, ten un amor, ten proxectos. Ata que, de repente………..a guerra, o monstro cruel ………

LINGUA CASTELÁ:
LA CASA DEL PROPÓSITO ESPECIAL. John Boyne
Do escritor de “El niño con el pijama de rayas”. Unha historia de amor e un segredo. Compara co anterior éxitode este autor.
HOYOS. Louis Sachar.
O Campamento Lago Verde era un campamento para rapaces malos. Se colles un rapaz malo e o pos a cavar un burato todos os días baixo un sol abrasador, convértese nun rapaz bo. Iso pensaban algúns, Stanley Yeinats foi acusado de roubar unhas zapatillas e tivo a oportunidade de elixir entre ir ao cárcere e ao Campamento Lago Verde. Isto foi todo

BACHARELATO

LINGUA GALEGA:
A CABEZA DA MEDUSA. Marilar Aleandre.
Novela inspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser violada a levar serpes por cabeleira,. Marilar Aleixandre aborda a amplificación social dá violación , o papel do amor e a amizade na resistencia ao medo e á vergoña.
DURMIDO SOBRE OS ESPELLOS. Jordi Sierra I Fabra.
A novela narra o encontro de Diego, o xoven protagonista de 19 anos , co Cuba, co o amor e co seu avó.
A QUINTA DE SALER. Antón Rivero Coello.
Un editor encarga a dous escrtores escribir unha novela. Terán dous condicionantes e un premio. Os autores un home e unha muller, empezan a escribr a novela, pero o final do libro será sorprendente.

LINGUA CASTELÁ.

LA NIETA DEL SEÑOR LINH. Philippe Claudel.
Unha fábula sobre o exílio,a soedade e a loita por preservar a intimidade. Un libro profúndamente conmovedor.
EL LECTOR. Bernhard Schilink.
Unha perturbadora historia de seducción, de amor, de feridas abertas dá historia, da xeración de alemanes perseguida por un pasado que non viviron directamente.
LA SOMBRA DEL VIENTO. Carlos Ruiz Zafón.
Un misterio literario ambientado na Barcelona dá primeira mitade do século XX. O encontro cun libro pode cambiar o teu rumbo da vida.
Comentarios (1) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 09-12-2010 18:36
# Ligazón permanente a este artigo
A BIBLIOTECA NO PRIMEIRO TRIMESTRE DE CURSO

No que levamos de curso escolar, temos novidades bibliotecarias no noso centro. Comezamos, ou máis ben seguimos, coa nosa reforma no espazo da bibliotecA......este tema promete continuar!. Puxemos as mochilas viaxeiras a facer quilómetros co alumnado de primeiro e segundo de ESO a principio de curso, e xa encontramos ideas para ir perfeccionando e mellorar o seu traxecto. Temos novas seccións xestionadas a través da biblioteca escolar, por un lado a sección de novidades e por outro a de viaxes e turismo, nas dúas contamos coa achega dos profesores do centro que nos axudan aportando material. O 2º certame de contos de Nadal e de Reis xa está convocado, esperamos con ganas descubrir eses talentos ocultos que están polo insti. Os clubs de lectura xa están a funcionar con forza, temos dous clubs en primeiro de ESO, un en segundo, e dous en cuarto, un deles en Inglés. Durante o primeiro trimestre de curso o libro de Chus Pereiro " Restaurante Farruco" tivo unha boa acollida polos lectores dos clubs e por alumnos de primeiro de ESO que fixeron representacións teatrais na clase de este divertido libro. Con motivo do día dos Dereitos Humanos, alumnos de segundo de ESO deixaron constancia na rede da súa solidaridad, coa axuda técnica dos profes que colaboraron á hora de realizar e difundir a mensaxe en nome do centro. Esperamos a nova mascota da biblioteca que se dará a coñecer o día 22 de decembro xunto cos gañadores do certame de contos.
Isto é todo amigos………… DE MOMENTO.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 01-12-2010 12:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal