Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

10 DE DECEMBRO, DÍA DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS
UNHA FRASE,UN POEMA E UN TEMA MUSICAL PARA HOXE.

Permitir unha inxustiza significa abrir o camiño a todas as que lle seguen.
WILLY BRANDT





Soñan as pulgas con comprarse un can

e soñan os ninguén con saír de pobre,

que algún máxico día chova de súpeto a boa

sorte,

que chova a cachón a boa sorte:

pero a boa sorte non chove onte,

nin hoxe nin mañá nin nunca,

nin en orballo cae o ceo a boa sorte,

por moito que os ninguén a chamen e

aínda que lles pique a man esquerda,

ou se levanten co pé dereito,

ou empecen o ano cambiando de vasoira.

Os ninguén:

os fillos de ninguén, os donos de ren.

Os ninguén.

os ningúns, os ninguneados.

Correndo as lebres, morrendo a vida, fodidos,

refodidos:

Que non son, aínda que sexan.

Que non falan idiomas senón dialectos.

Que non profesan relixións, senón supersticiones.

Que non fan arte, senón artesanía.

Que non practican cultura, senón folclore.

Que non son seres humanos, senón recursos humanos.

Que non teñen cara, senón brazos.



Que non teñen nome, senón número.

Que non figuran na historia universal.

Senón nas páxinas vermellas da prensa local.

Os ninguén.

Que custan menos que a bala que os mata.

EDUARDO GALEANO

Do seu libro: "O libro dos abrazos”


Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 09-12-2009 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
XVIII CERTAME LITERARIO
Outro Nadal máis e aquí está tamén a nova convocatoria do certame literario que todos os anos organiza a Asociación Cultural "A Pipa", e que culminará coa velada da Noite Poética, que este ano celebrouse o domingo 27 de decembro, ás 19 horas, na Casa da Cultura becerrense.
Atoparás toda a información sobre o acontecido se premes nestas direccións: www.apipadebecerrea.com e www.apipadebecerrea.blogspot.com.
Anímate e participa, ou acude a Noita Poética, non sairás decepcionad@.
Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 03-12-2009 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal