Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

MÁIS RECOMENDACIÓNS
Recomendamos para lectores de fin de semana:
"Las ventajas de ser un marginado".Stephen Chbosky, lectura recomendada por alumnos de 1º de BAC. Tedes peli para comparar.
"O crepúsculo e as formigas" X.L Ferrín. Relatos tráxicos é un libro moi doado xa que mantén certo pulso ou ritmo nos seus relatos breves.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 28-11-2013 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
A NOSA RECOMENDACIÓN DO XOVES
Hoxe recomendamos para 1º da ESO a divertida lectura "A vaca caníbal" de Marilar Aleixandre, nunca pensamos que as vacas poden ser unos dignos e exemplares seres cheos de aventura, humor neste libro podemos atopar a vida das VACAS EXEMPLARES. O club de lectura de 1º recomenda esta lectura para pasar un rato agradable.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 28-11-2013 15:32
# Ligazón permanente a este artigo
RESULTADO DO DÍA 25-N NO NOSO CENTRO
Entre todos fixemos deste día un momento especial; os alumnos de 1º e 2º pegaron no muro o seu Slogan solidario, moitos foron tamén, especialmente 4º os que pasaron a asinar contra a violencia de xénero na nosa libreta violeta, e houbo un interese xeral polas portadas de películas que puxemos no noso punto contra o maltrato. Temos que destacar, como sempre a colaboración do noso POETA ANÓNIMO DO CENTRO, non sabemos quen é, aínda que temos as nosas sospeitas, e deixou un precioso poema que como sempre deu unha nota de elegancia ao acto. GRAZAS A TODOS, ESPECIALMENTE AO POETA SOLITARIO
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 28-11-2013 15:21
# Ligazón permanente a este artigo
PREPARANDO ACTIVIDADE
Os clubs de lectura de 3º e 4º da ESO viaxarán a Lugo dentro duns días para ver a película "Los juegos del hambre. En llamas." Estamos traballando nestes clubs sobre unha temática determinada que nos conduce dunhas lecturas a outras. Pode ser moi interesante para todos comparar e analizar esta película, por certo que o libro "Los juegos del hambre" así como a triloxía se encontra na biblioteca, xa son moitos os alumnos que a están a solicitar está á vosa disposición como sempre.
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 28-11-2013 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
BLOG EN PIN
Temos un novo BLOG do centro. Os alumnos de PIN de 1º da ESO están na fase de construcción do seu blog OS PIZZICATOS!!!!!!!Deixamos o enlace por si queredes consultar o que fano o noso pequeño pero GRAN alumnado. E aclaramos que como aínda está na fase de construcción podes atopar cambios segundo traballan na súa realización. Son todos unos expertos.
http://pizzicatosbecerrea.blogspot.com.es/
Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 27-11-2013 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
VIOLENCIA DE XÉNERO
E como o equipo da biblioteca sabe o voso interese por libros, documentais, pelis, música.... deixámosvos a nosa pequena achega para que vaiades mirando se vos interesa algo do que propoñemos

VIOLENCIA DE XÉNERO
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 20-11-2013 15:34
# Ligazón permanente a este artigo
25-N
Estamos a preparar estes días no centro algunhas actividades para que o día 25-N non pase desapercibido e todo o noso ámbito educativo mostre o seu rexeitamento cara á violencia de xénero. Na entrada do centro tedes un muro onde podedes deixar o voso slogan coa axuda dos vosos titores, tamén podedes asinar no libro en branco mostrando o voso apoio e solidariedade coas vítimas da violencia de xénero. Puxemos unhas portadas de películas coa temática que tratamos esta semana, por se vos interesan algunhas están á vosa disposición na biblioteca.
Deixámosvos algúns enlaces que durante estes días imos rescatando dos nosos medios de comunicación.

http://blogs.elpais.com/3500-millones/2013/11/de-victimas-a-supervivientes-de-violencia-de-genero.html


http://blogs.elpais.com/mujeres/2013/11/el-ficticio-festival-de-las-violaciones-indigna-a-india.html

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/11/19/actualidad/1384895182_866639.html
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 20-11-2013 15:22
# Ligazón permanente a este artigo
DORIS LESSING
Hoxe deixamos uns enlaces sobre a escritora que faleceu onte Doris Lessing. Nóbel de Literatura en 2007 e Premio Príncipe de Asturias.

http://www.elconfidencial.com/cultura/2013-11-18/doris-lessing-el-incomodo-legado-de-una-escritora-molesta_55708/
http://cultura.elpais.com/cultura/2013/11/17/actualidad/1384699418_834154.html
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 19-11-2013 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA PEQUENA NOTA
Hoxe imos colgar unha pequena nota musical de apoio a todos os músicos e demais artistas, que empregan a súa creatividade para ir saíndo do paso ( e fano arrancando un sorriso!)

http://youtu.be/ePGXjjsEgNc
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 15-11-2013 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
CLUB DE PÁIS/NÁIS
Os pais e nais do noso centro atrevéronse a formar parte dun club de lectura e capitaneados pola profesora Catalina comezaron a súa andaina de lectores, o libro que escolleron para o seu debut foi: DEMASIADA FELICIDADE de Alice Munro. Esperemos que gocedes da lectura e grazas por abrir un camiño novo no noso centro.
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 14-11-2013 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
NOVIDADES LECTORAS
Atención aos lectores do centro!, xa podedes dispoñer das novidades literarias que anunciamos estes días, correde que voan! Por outro lado, os membros dos clubs de lectura xa están a recoller os seus libros e comezado as súas lecturas, recordamos aos máis tardones que pasen pola biblioteca que xa teñen as súas lecturas esperando. Tamén recordamos ao club de nais e pais, por se nos seguen a través desta páxina web, que enviaremos polos seus fillos os libros do club a súa próxima reunión é o luns. A comentar lecturas!!!!!!
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 14-11-2013 16:24
# Ligazón permanente a este artigo
RECOMENDAMOS COMO TODOS OS XOVES!
Lectura para fin de semana, este xoves recomendamos un libro moi especial, para amantes do deporte e que ao mesmo tempo queiran gozar dun libro con contido, ben escrito, e lese comodamente: "CORRER", Jean Echenoz Nos Xogos interaliados de Berlín, en 1946, ao ver detrás do cartel de Checoslovaquia un só atleta desmañado, todo o mundo ri. Cando ese atleta, que non se decatou de que o convocan para participar na súa proba, atravesa o estadio como un tolo berrando e axitando os brazos, os xornalistas sacan veloce s as súas libretas. Cando cruza a meta en solitario, os oitenta mil espectadores estalan nun clamor. En poucos anos e dúas Olimpíadas, Emil Zátopek é invencible ata que estala a Primavera de Praga, se aliña con Dubcek contra o stalinismo e cae en desgraza.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 14-11-2013 16:11
# Ligazón permanente a este artigo
RECOMENDACIÓN ESPECIAL
Como moitas veces dicimos as persoas que estamos na biblioteca cando pedides que recomendemos un libro "este libro é para xente" intelixente", ou "para maiores", ou para "mentes espertas", bo pois este libro que vos propoñemos é un pouco para esas persoas que lles gusta a boa lectura, e non se conforman con calquera cousa: NADA DE JANNE TELLER.
Nada importa. Hace mucho que lo sé.
Así que no merece la pena hacer nada. Eso acabo de descubrirlo.
Pierre Antón deixa o colexio o día que descobre que a vida non ten sentido. Sobe a unha ameixeira e declama a berros as razóns polas que nada importa na vida. Tanto desmoraliza os seus compañeiros que deciden amorear obxectos esenciais para eles co fin de demostrarlle que hai cousas que dan sentido a quen somos. Na súa busca arriscarán parte de si mesmos e descubrirán que só ao perder algo se aprecia o seu valor. Pero entón pode ser demasiado tarde

MIRA ESTE ENLACE:
http://youtu.be/d2c9lE7dQcU
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 07-11-2013 18:14
# Ligazón permanente a este artigo
ACHÉGATE A BIBLIOTECA

Estes días están chegando algunhas das novidades lectoras que pedimos entre todos; lectores, profesores, clubs... se tes interese en saber que podes ler pásate pola biblioteca verás algúns títulos que che poden gustar como:

Demasiada felicidad. Alice Munro
El sueño de mi desvelo. Antoni Daimel
The Legends of Sleepy Hollw and Rip Van Winkle. Washington Irving.
O país adormentad. Xabier P. DoCampo
El héroe discreto. Mario Vargas Llosa
Las ventajas de ser un marginado.Stephen Chbosky
Kafka en la orilla. Haruki Murakami.
Todos somos. Marcos Calveiro
O neno Can. Fina Casaldarrey
O crepúsculo e as formigas. Ferrín
Soños de fútbol en Bangui. Yves Pinguilly
E xa sabedes tamén podes sacar as túas lecturas en formato dixital

Comentarios (0) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 07-11-2013 17:20
# Ligazón permanente a este artigo
TEATRO
O grupillo de teatro comenza a traballar.
Os luns no lecer da tarde comezaremos cos ensaios. Xa temos elixida a obra que representaremos, e como xa sabedes o grupo de teatro está sempre aberto para que calquera que se anime participe coa súa arte. ÁBRESE O TELÓN.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 07-11-2013 17:08
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal