Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

IMOS VER TINTÍN
Elena Castro Celeiro, alumna de 2º de ESO relata unha actividade levada polo departamento de Lingua Castelá e máis a colaboración da biblioteca escolar.

UN DÍA DISTINTO "Elena Castro"

Para variar a mañá do 18 de novembro era distinta, íamos faltar as clases, pero, cá aprobación dos profesores .Os alumnos/as de 1º e 2º de ESO, íamos de excursión as Termas, a ver “Tintín y El Secreto del Unicorio. Anteriormente os dous cursos lemos e traballamos os cómics de Tintín nas classe de Lingua analizando as características que teñen, formato, vocabulario, deseño e expresións, que son bastante interesantes. Marchamos pola mañá as dez, o ser venres non nos podíamos retrasar, xa que, non tiñamos clase a tarde. Foi un trayecto bastante curto. Cando chegamos a xente sorprendeuse o ver tantos nenos/as alí, cando tiñamos que estar no instituto. Encanto entramos no cine vimos que éramos os únicos e que nos fixeran un favor por abrir. A película foi moi interesante, xa que, a simple vista o ser de debuxos animados parece unha película para nenos pequenos, pero non é así, porque semella realmente un cómic con vida propia e mantente coa intriga durante toda a trama. En canto acabou tivemos que volver para Becerreá, non houbo tempo para máis, que mágoa, xa que, a todos nos apetecía enredar un pouco polas tendas, pero íamos con retraso. Foi divertido e podíamos facelo máis veces.
Comentarios (1) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 28-11-2011 11:22
# Ligazón permanente a este artigo
LIBROS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O 25 de novembro celebrouse o día contra a violencia de xénero. A parte doutras actividades realizadas no Instituto, a biblioteca colocou na entrada principal unha mesa decorada para a ocasión con libros relativos ó tema como por exemplo Ola estúpido monstro peludo! de Fina Casalderrey, A cabeza da medusa de Marilar Aleixandre ou Camiñan descalzas polas rochas, selección de relatos de varios escritores
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 27-11-2011 13:12
# Ligazón permanente a este artigo
Xa está convocado o Certame de relatos de Nadal. Animáte a participar. A túa creatividade, a túa imaxinación pode ter un bo premio.

Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 25-11-2011 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
IMOS DE FISGÓNS
¿Queredes botarlle unha ollada a outras bibliotecas de centros escolares de Galicia? Facendo click no seguinte ligazón podedes ver un vídeo rodado en centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares de diferentes centros de Galicia, e presentouse no Congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito, celebrado en Compostela os días 10, 11 e 12 de novembro. Podedes ver a distribución de espazos nas novas bibliotecas, e algunhas das actividades que o alumnado realiza nelas día tras día.
Bibliotecas escolares
Comentarios (2) - Categoría: XERAL - Publicado o 24-11-2011 11:22
# Ligazón permanente a este artigo
O SAMAÍN TAMÉN O CELEBRAMOS CON LIBROS
O pasado 4 de novembro celebramos o Samaín no Instituto. Como se pode ver na foto decorouse un punto de lectura para a ocasión. Suxeríronse lecturas como as Narracións e Contos de Poe, Vento ferido de Carlos Casares ou Cazaría salvaxe de Agustín Agra entre outros libros de temática acorde coa celebración
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 10-11-2011 00:40
# Ligazón permanente a este artigo
A CIENCIA EN GALEGO. A CIENCIA NO PUNTO DE MIRA

O día 4 de novembro celébrase o Día da Ciencia en Galego. Esta conmemoración ten un certo carácter reinvindicativo pois xurdiu dun grupo de profesores ante a prohibición da Consellería de Educación de impartir as clases de Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía da ESO en galego.

A nosa recomendación lectora co gallo desta data é A ciencia no punto de mira de Jorge Mira.
O autor, profesor de Física na Universidade de Santiago de Compostela, desenvolve un activo labor como divulgador científico dende finais dos anos 90, tanto como conferenciante e colaborador en prensa escrita, radio e televisión, polo que acadou diferentes galardóns. Dentro dos programas de televisión dirixiu “A Ciencia certa” e participa como experto en “Cifras e letras”.

O libro consiste nunha serie de artigos de divulgación científica de temática variada. Podemos descubrir por que os homes desexan as mulleres de cadeiras anchas, por que é fisicamente imposible que poidan existir as arañas xigantescas (de varios metros de lonxitude) que aparecen nalgunhas películas, ou por que os que somos bilingües temos máis posibilidades de vivir máis anos que os que non o son...
O lema do Día da Ciencia en Galego, O dereito a gozar da Ciencia en Galego, parece posto despois de ler este libro.
Comentarios (0) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 03-11-2011 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal