BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ |
|

Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
OS LIBROS MÁIS VALORADOS DO TRIMESTRE |
|

|
|
|
|
CHUS PEREIRO ARRASA NA BIBLIOTECA |
|
O "Restaurante Farruco" de Chus Pereiro colouse con forza nos puntos de lectura. Os grupos de primeiro e segundo de ESO xa probaron os exquisitos guisos que cociña Farruco. Tan bo sabor de boca déixanos este divertido teatro que nos anima a continuar coa interpretación.
|
|
|
|
PARTICIPA NO CERTAME LITERARIO "A PIPA" |
|
En www.apipadebecerrea.blogspot.com poderás informarte a fondo sobre este certame: categorías, modalidades, premios, datas... Cumpre, xa, a súa XIX edición. Parabéns. |
|
|
|
OS ANÓNIMOS COMENTAN A SÚA PRIMEIRA LECTURA |
|
Os alumn@s do club de lectura "Os Anónimos" do I.E.S. de Becerreá, comezamos as nosas lecturas cunhas bandas deseñadas. Introducímonos neste mundo documentándonos sobre este tema na Internet. Unha vez informados, comezamos a ler. Cando rematamos as historietas, comentámolas tod@s xunt@s e puidemos sacar algunhas conclusións:
- Teñen unha linguaxe expresiva, axudada por ilustracións.
- Son frecuentes as onomatopeias.
- O texto é reducido, limitándose a contar o necesario.
- Apóiase sobre exclamacións, interrogacións e líneas cinéticas, así como aclaracións.
- Carece de descripcións.
Tamén encontramos algunhas diferencias respecto ás novelas:
- Resúltanos máis sinxelo de ler unha banda deseñada ca unha novela debido ao simple léxico.
Finalmente, podemos calificalo como unha lectura lixeira.
Artigo engandido por un dos clubs de lectura do centro. |
|
|
|
OS LIBROS MÁIS LIDOS DO CURSO 2009/2010 |
|
OS LECTORES OPINAN
Os libros máis lidos e de maior interese para o noso alumnado durante o curso pasado foron os seguintes:
1.Morning Star
Autor: Fernández Paz, Agustín
2.A Perla
Autor: Steinbeck, John
3.El príncipe destronado
Autor: Delibes, Miguel
4.Metamorfosis
Autor: Ovidio
5.Agosto do 36
Autor: Fernández Ferreiro, Xosé
6.A banda sen futuro
Autor: Aleixandre, Marilar
7.Os comedores de patacas
Autor: Rivas, Manuel
8.Crónica de una muerte anunciada
Autor: García Márquez, Gabriel
9.Los cachorros
Autor: Vargas Llosa, Mario
10.Plenilunio
Autor: Muñoz Molina, Antonio
|
|
|
|
2º CERTAME DE RELATO BREVE |
|
BASES:
1º Poderán participar tod@s @s alumn@s do centro, podendo presentar máis dun relato por alumn@.
2º Os relatos terán como tema o nadal, serán inéditos e deben contar cunha extensión máxima de duas páxinas a ordenador ( ou equivalente) a dobre espazo, tipo de letra Arial, tamaño 14.
3º A forma de presentación será a sobre pechado e asinado con pseudónimo, dentro do sobre introducirase outro, tamén pechado, co nome real do autor/a, que se descubrirá o día da entrega de premios.
4º Os premios que se establecen son:
1º premio un iPod Shuffle de 2 Gigas de capacidade.
2º premio cheque regalo por valor de 30 Euros, para material escolar.
3º premio un Pendrive de 8 G de capacidade.
5º Os traballos entregaranse na biblioteca, durante o tempo de lecer, antes do 15 de Decembro.
6º O xurado estará formado por membros dos departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá.
7º O fallo do xurado darase a coñecer o día 22 de Decembro.
|
|
|
|
ELIXINDO MASCOTA |
|
 Estes días o IES está moi atarefado.Dun lado coa celebreación do magosto o pasado mércores 17, por outro lado comezan a chegarnos á biblioteca os primeiros escritos a sobre pechado para participar no segundo certame literario " Contos de Reis e de Nadal". Este ano aumentamos a contía dos premios, tamén pretendemos manter un número de accesit como o ano pasado para os participantes que queden finalistas. Na biblioteca encontrámonos coa elección de mascota; temos 10 candidatas (preme para velas) e estamos en proceso de votación, todos os usuarios da biblio poden votar. Recordamos que a mascota gañadora se dará a coñecer o próximo 22 de decembro, xunto cos gañadores do concurso de contos. Sorte a todos. |
|
|
|
|
|