Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CERTAME LITERARIO DO IES DE BECERREÁ
Convócase no noso centro, o certame de relato breve, co nome de " Contos de Nadal e Reis". Este ano, incluímos unhas imaxes que poden servir como punto de partida para relatar o voso texto. Ademais de atopalas nos dous puntos de lectura do centro, accederás a elas se PREMES AQUÍ.
Na Biblioteca contades con sobres dos dous tamaños que se piden nas bases para presentar os relatos. Para calquera dúbida que vos xurda podedes acudir ás profesoras de Lingua Castelá, Lingua Galega ou ao equipo de profesores da biblioteca.
O xurado, valorará especialmente a orixinalidade e creatividade que demostren os nosos participantes. Lembra, non se trata de ser CERVANTES, queremos que sexas ti mism@, e sorpréndasnos cunha historia de nadal nunca contada.

CONTOS DE NADAL E REIS.

BASES:

Poderán participar tod@s @s alumn@s do centro, podendo presentar máis dun relato por alumn@.

Os relatos terán como tema o nadal, serán inéditos e deben contar cunha extensión máxima de duas páxinas a ordenador ( ou equivalente) a dobre espazo, tipo de letra Arial, tamaño 14.

A forma de presentación será a sobre pechado e asinado con pseudónimo, dentro do sobre introducirase outro, tamén pechado, co nome real do autor, que se descubrirá o día da entrega de premios.

os premios que se establecen son:

1º premio: pendrive 8 GB de capacidade, e lote de libros.
2º premio: pendrive 4 GB de capacidade, e lote de libros.
3º premio: pendrive 2 GB de capacidade, e lote de libros.


Os traballos entregaranse na biblioteca, durante o tempo de lecer, antes do 10 de Decembro.


O xurado estará formado por membros dos departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá.


O fallo do xurado darase a coñecer o día 22 de Decembro.
Comentarios (3) - Categoría: XERAL - Publicado o 21-11-2009 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
ADIANTE, LECTORES!

O curso pasado, un grupo de sete alumnas de segundo de ESO iniciaron un proxecto que no noso centro era completamente novo: comezaban a súa andaina na lectura guiada a través dun club de lectura. Esa iniciativa viuse reforzada este ano coa participación de 23 alumn@s máis que inician esta actividade, achegando as súas ideas, as súas ganas, a súa ilusión e o seu talento. Sempre dispost@s a seguir adiante nun proxecto lector en común dentro do noso centro, “Os comelibros”, “Os amigos da lectura”, “Os lectores sen fronteiras”, “Os amigos das palabras”, ou aquelas superlectoras, que levan de nome “Co libro á tumba”, xunto coas súas coordinadoras de grupo, as profesoras, Luz, Laura, Isabel, Nazareth, e o profesor Fernando, prometen continuar indagando no mundo da literatura.
Pronto chegarán noticias nosas. E recordade que os clubs de lectura están abertos a tod@s en calquera momento.
Comentarios (3) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 14-11-2009 23:53
# Ligazón permanente a este artigo
OS LIBROS MÁIS LIDOS DO CURSO 2008-09 NO INSTI

Aquí tes o listado cos dez libros máis lidos duratne o curso pasado polos alumn@s do centro. Trátanse tando de lecturas obrigatorias (desenvoltas nas materias de linguas), como de lecturas voluntarias de títulos escollidos libremente. Podes aproveitar esta lista como se fora unha guía de lecturas recomendadas. Seguro que entre estes títulos hai algún que non deberías deixar de ler!!


1. BARROTES DOURADOS.
AUTOR: Alapont, Pascual.

2. ASÍ NACEN AS BALEAS.
AUTOR: Anxos, Sumai.

3. O HOBBIT- EL HOBBIT.
AUTOR: J.R.R. TOLKIEN.

4. O BOSQUE DOS RAPOSOS AFORCADOS.
AUTOR: Paasilina, Arto.

5. SPAM.
AUTOR: Castro, Francisco.

6. FAHRENHEIT 451.
AUTOR: Bradbury, Ray.

7. CONTOS DE MEDO.
AUTOR: Varios.

8. NON HAI MISERICORDIA.
AUTOR: Xelís de Toro.

9. EL NIÑO DEL PIJAMA DE RAYAS.
AUTOR: Boyne, John.

10. SHERLOCK HOLMES, DETECTIVE.
AUTOR: Conan Doyle, Arthur.
Comentarios (0) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 09-11-2009 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal