Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Celebramos o día das bibliotecas cunha saudable idea: pensa en cores, pensa en froita.
PREME AQUÍ para ver as fotos da celebración.

Que rica e que boa pinta ten. Daremos boa conta deste almorzo tan saudable. Pero, que fai aí unha col? Preme e averiguaralo.
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 26-10-2017 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
Samaín invade o IES de Becerreá!
Este simpático esquelete tróuxonos unha morea de libros para pasar estas noites tan longas nas que andamos. TODOS A LER SEN MEDO!!
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 26-10-2017 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
Samaín invade o IES de Becerreá!
@s alumn@s de 3º da ESO ambientaron o centro recreando a santa compaña. Ademáis expuxeron os seus traballos de investigación sobre a orixe destas festas e dos diferentes seres mitolóxicos vencellados á nosa cultura.
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 26-10-2017 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
O primeiro club de lectura de bacharelato e en inglés!!
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 25-10-2017 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
Aquí está o Club de adultos do I.E.S. Sempre dando exemplo.
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 25-10-2017 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
CURSO 17/18. CLUBS DE LECTURA DE ESO.
Aquí estamos outra vez. Os clubs de lectura da ESO do IES de Becerreá empezamos un ano máis a nosa andadura. Cada vez somos máis, 65 alumnos e 9 profesores, os que nos embarcamos nesta fermosa aventura. Once son os clubs formados este curso, dous máis que o ano pasado. Xa vos iremos contando, pero dende a biblioteca queremos dicir MOITAS GRAZAS a todos pola colaboración. Felices lecturas.
Por certo, xa vos presentaremos outro día aos maiores, porque tamén temos un club de adultos e outro de inglés formado por un grupo de alumnos de 1º de BAC.
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 09-10-2017 15:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal